LGTBIAQ+
Monstros na academia: esta é a nova onda de estudos cuir en Galiza

Un monográfico de ‘Galicia 21’ fai realidade os primeiros estudos académicos que poñen no centro a disidencia e o pensamento cuir en Galiza, abrindo un debate que remove a universidade e o activismo.
Orgullo crítico Vallecas - 4
Unha manifestación do Orgullo Crítico en 2023. Dani Gago

Un punto de encontro para toda investigación cuir que se está facendo en Galiza: isto é a última edición da revista académica Galicia 21. Ánxela Lema (Universidade da Coruña) e Danny Barreto (Colgate University) editan un monográfico no que conflúen algunhas das voces investigadoras en temas cuir máis influentes e prolíficas da actualidade. Tras a invitación da publicación a editar un número viron unha oportunidade para xuntar, visbilizar e internacionalizar os estudos cuir en e sobre Galiza.

Este número de Galicia21 constitúe unha das primeiras e máis contundentes achegas académicas a uns estudos cuir galegos. O traballo des auteres recollides no monográfico está espallado por diferentes universidades, monográficos e congresos… Os encontros entre elis adoitan depender da vontade por estar ó día das investigacións e avances des compañeires e a faceta máis activista des auteres. Esta revista cumpre de maneira máis formal este propósito de atopar un lugar de xuntanza.

A definición dun campo de “estudos cuir” é un tema que xera infinidade de conversas dentro e fóra da academia. Aquí engadimos ademais o apelido “galegos”. É ben certo que á hora de investigar ou documentarse a meirande parte de publicacións refiren ó ámbito estatal ou a unha comparativa entre ambas.

Danny Barreto, en conversa sobre a relación entre ambos conceptos, reflexiona: “Galiza –como a palabra cuir– é un termo con lindes borrosas”. Os paralelismos entre ambas atópanse na resistencia ás hexemonías culturais, lingüísticas e sexuais, mais tamén existen tensións. Barreto apunta a unha visión heteropatriarcal da galeguidade e unha pretensión e connotación cosmopolita do cuir como os principais obstáculos até o de agora para falar dunha Galiza cuir. O volume de Galicia21 pretende “centrar a Galiza cuir para entender e celebrar o dinamismo, as complexidades e as especificidades dela”. 

É importante para poder falar do territorio, cultura e lingua que nos son propias, falar especificamente dende e sobre ese contexto. A necesidade duns estudos cuir galegos vén da necesidade de falar sen ter que “traducirnos, sen ter que contextualizarnos con miles de notas a pé de páxina para un público alleo á realidade”. A Galiza cuir pode e debe contarse por si mesma, sen necesidade de situarse en relación ó Estado español nin á cisheteronorma.

Lema e Barreto inclúen perspectivas novidosas. Veñen a demostrar que hai estudos cuir máis aló do literario e o cultural. Está en marcha a construción —ou a posta en papel— dun pensamento crítico e teórico cuir dende outros ámbitos de estudo. Voces como Daniela Fernández na historia ou Daniel Amarelo na lingüística son algúns dos exemplos máis potentes. Unha das teses máis claras sobre a que se asentan todas estas investigacións é a fuxida do esencialismo normativo. O emprego do termo cuir pretende referir esa amplitude e referir así a todas as disidencias. Os estudos cuir galegos traen consigo un cambio de paradigma e epistemoloxía. En palabras de Ánxela Lema: “Cuir é o que fai tambalear todos os sistemas. Todos os sistemas normativos: o capacitista, o gordófobo, o monógamo…”. Non hai intención de lexitimarse.

Lema sinala como un dos principais problemas destes estudos a dificultade e necesidade de tecer pontes entre disciplinas. Especialmente, “cando certos sectores teñen taxas altísimas de precariedade e non poden pensar en escribir un artigo” ou “nin sequera lle chega o call for papers”. Por iso decidiron incluír as artes escénicas no monográfico mediante un cuestionario a referentes cuir do sector en Galiza, como pode ser Nuria Vil (nominade recentemente ós mestre Mateo pola súa obra audiovisual Delincuente). Foi unha maneira de optimizar o espazo e deixar sobre o papel unha lista de referentes.

A precariedade e a fenda de clase que escava co ámbito académico é tema de eterno debate, dende a academia e mais do activismo. En conversa con Lema, saen os nomes de teóricas militantes como Valeria Flores, que fala de “maneiras torcidas ou excéntricas de facer teoría” coas que comunga. Tamén Vir Cano preguntou se “é posible facer unha militancia académica” e contestou con outra pregunta: “Como non facer fronte á heteronormatividade, á misoxinia e ás ansias de ‘asepsia teórica’ nun espazo no que se negocian algúns dos claro-escuros polos que transitan os nosos modos de vida, de amar, de desexar?”[1]. 

A academia non é un lugar neutral nin aséptico, mais é un espazo onde se produce coñecemento e establecen teorías que terán repercusión directa sobre as nosas vidas. Non debe abandonarse o espazo, mais como diminuír a fenda entre a clase á que pertences e a aula dende a que a investigas? Ánxela Lema sitúa a clave na honestidade e no equilibrio; non abandonar os espazos de militancia e non tratar ás persoas cuir como un obxecto de estudo. O traballo académico é unha vía para cuestionar o sistema e tentar non reproducir sistemas de desigualdade. Para Danny Barreto, academia e activismo son “as dúas ás dun mesmo paxaro”. 

O elitismo académico entra ás veces por rañuras como a da linguaxe. Sen caer no paternalismo, é común que teses e ensaios empreguen unha linguaxe que non está ó alcance de todes. Ánxela Lema cre que a linguaxe debe servir para facer estas achegas máis accesibles. Non cre na creación de dúas esferas distanciadas pola capacidade de entendemento: “O mérito está en ter un discurso complexo e saber transmitilo da maneira máis sinxela”. Ambes editores fan fincapé na necesidade de visibilizar este traballo e baixar a ciencia á terra para poder achegala á maior xente posible.

Na actualidade, Lema e Barreto mencionan varias urxencias. Coinciden nun punto importante: fan falta grupos de investigación específicos e financiamento para que estes grupos poidan desenvolver a súa actividade. Es investigadores cuir sobreviven agora mesmo traballando noutras cuestións porque os estudos cuir non son concibidos como unha disciplina en si mesma. O contexto sociopolítico dificulta a solución dese problema e presenta moitos outros.

Barreto menciona o avance da ultradereita, do terfismo, do extractivismo como unha ameaza directa sobre as vidas cuir que fai difícil pensar nun futuro. Isto fai estes estudos máis necesarios que nunca “para resistir estas múltiples formas de opresión”.  Non obstante, “non hai grupos de estudos financiados polo Ministerio dedicados única e exclusivamente ós estudos cuir na Galiza”, como apunta Lema Paris, e Isto afecta tamén ós niveis de cansazo, tempo e enerxías que restan para adicarse a eles.

É innegable que os estudos cuir galegos son unha realidade máis tanxible no ámbito académico tras esta entrega. Estanse dando avances a pesares de todas as dificultades e hai suficiente xente, moita dela recollida neste volume de Galicia 21, empurrando para tiralos para adiante. A loita por un cambio de paradigma continúa. Existirá un futuro galego cuir; seguiremos camiñando.

[1] Tradución propia dende o volume Ética Tortillera (Madreselva, 2022).

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión La universidad pública vasca en la cuerda floja: ¿defensa real o competencias como excusa?
La reciente ofensiva del Gobierno Vasco y del Rectorado contra el decreto estatal que busca poner coto a la creación indiscriminada de universidades privadas es más que una disputa territorial.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Universidad
Educación universitaria Estudiar una carrera de letras… ¿en 2025?
La desaparición de las carreras de letras es una amenaza constante y estamos presenciando en directo la destrucción de la educación pública por parte del gobierno de la Comunidad de Madrid.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.