Libertad de prensa
Abel Caballero recibe un toque de atención do CPXG por limitar a liberdade de prensa e o dereito a informar

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) trasládalle ao alcalde de Vigo as queixas que teñen manifestado xornalistas de diversos medios de comunicación críticos coa xestión municipal como O Salto Galiza
abel caballero 28m
El alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante un mitin
5 jul 2023 15:20

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) reprendeu a Abel Caballero por estar desenvolvendo prácticas desde a alcaldía de Vigo que “constitúen unha gravísima limitación á liberdade de prensa e ao dereito a informar”.

Na carta remitida ao alcalde vigués polo decano do CPXG, Francisco X. González Sarria, trasládanselle as queixas que teñen manifestado diferentes xornalistas de medios de comunicación críticos coa xestión municipal, entre eles Javier H. Rodríguez, redactor de O Salto Galiza, que nos últimos meses publicou exclusivas incómodas para Caballero, como a presunta simulación dun concurso público de 1,9 millóns de euros para pagar un concerto xa acordado coa banda Guns N'Roses.

O maltrato institucional contra determinadas informadoras quedou evidenciado publicamente a semana pasada, cando Javier H. Rodríguez aproveitou a rolda de prensa de Caballero para preguntarlle sobre a presunta conivencia entre o Concello de Vigo e a promotora Live Nation no caso do concerto de Guns N'Roses do pasado 12 de xuño. Ademais de non responder, o alcalde socialista retiroulle a palabra ao xornalista con formas autoritarias que deixaban ver un talante político non tan visibilizado na esfera pública. Este momento de tensión foi documentado e compartido nas redes sociais.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.