Libertad de expresión
A CUAC FM organiza este venres 13 un coloquio sobre a liberdade de expresión
A liberdade de expresión a debate nun coloquio aberto á cidadanía organizado pola CUAC FM, a radio comunitaria coruñesa ameazada de sanción pola Xunta de Galicia, recentemente arquivada. No coloquio intervirá, entre outros, o xornalista de RTVE Xabier Fortes.

A radio comunitaria herculina, a CUAC FM, e a Rede estatal de Medios Comunitarios (ReMC) celebrarán esta fin de semana na Coruña o seu congreso anual, ao cal están convocados case media centena de radios e televisións comunitarias de todo o estado. A asemblea celébrase os días 13, 14, e 15 de abril no Centro Cívico da Cidade Vella da Coruña.
O acto inaugural do Encontro Anual celebrarase ás 18:00 horas do venres 13 de abril no salón de actos do Centro Cívico da Cidade Vella na rúa de Veeduría, 2. O evento, de entrada libre e aforo limitado, contará coa participación de María Navarro Limón, presidenta da ReMC, e Roberto Ansede, presidente da CUAC FM. A continuación, de 18:30 a 20:00 horas, terá lugar o coloquio “Liberdade de expresión, aquí e agora”, en que intervirán o xornalista de RTVE Xabier Fortes López, Premio Ondas 2017 ao mellor presentador de Televisión; a presidenta da Rede de Medios Comunitarios (ReMC) e Isabel Lema Blanco, membro do Consello de Dirección da AMARC-Europa e ex-presidenta da CUAC FM.
Ás 10:00 do sábado 14 arredor de 50 persoas de representantes de radios e televisións comunitarias de todo o estado reuniranse tamén no Centro Cívico para definir a estratexia xurídica e de defensa do sector comunitario. A REMC renovará parcialmente a súa nova xunta directiva e a presidencia da rede para o bienio 2018-2020. Este encontro vén marcado pola ameaza de sanción á CUAC FM por parte da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia, ameaza resolta recentemente co arquivo das medidas sancionadoras de ata 200.000 euros por emitir en FM e a prohibición á radio comunitaria coruñesa de emitir na súa tradicional frecuencia da 103.4 ata a obtención dunha licenza do goberno autonómico. A CUAC FM leva solicitando licenza en frecuencia modulada dende a súa fundación en 1996, na cal comezou a empregar o dial 103.4, ata esa data baleiro.
Como colofón deste Encontro anual da Rede de Medios Comunitarios en A Coruña, o domingo 15 de abril ás 13:00 a CUAC FM despedirá aos visitantes da Rede de Medios cunha sesión vermú na sala Mardigras, coa actuación especial de dous monologuistas e cómicos da cidade: Víctor Grande e Ángela Triana, ambos tamén socios da emisora. Este acto de peche é aberto a toda a cidadanía, con entrada libre e aforo limitado.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!