Estrasburgo condena a España por vulnerar a liberdade de expresión dun sindicalista que maldixo a bandeira

O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos obrigou a España a devolver a Pablo Fragoso a multa de 1.260 euros que tivo que pagar e a indemnizarlle con 6.000 euros.
Tribunal Supremo bandera
David F. Sabadell Fachada do Tribunal Supremo en Madrid.
8 jun 2023 17:30

Maldicir a bandeira de España non é un delito de aldraxe, senón un uso da liberdade de expresión. Así o aclarou o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos nunha sentenza na que obriga ao Estado español a indemnizar a un sindicalista da CIG que foi condenado polo Tribunal Constitucional por un suposto delito de aldraxe.

Os feitos tiveron lugar o 30 de outubro de 2014 nunha concentración de protesta das traballadoras da empresa de limpeza das instalacións militares do dique do Arsenal Militar de Ferrol, cando o sindicalista Pablo Fragoso berrou polo megáfono “aquí tedes o silencio da puta bandeira” e “hai que prenderlle lume á puta bandeira” durante a cerimonia da izada da bandeira de España.

Fragoso atópase “moi satisfeito” e considera que a sentenza “pode abrir camiño” para que se modifique “un delito arcaico” aínda vixente en 2023

Con catro votos particulares en contra, o Tribunal Constitucional sancionou en 2020 ao sindicalista para aboar unha multa de 1.260 euros como autor dun delito de aldraxes a España. Tres anos despois, Estrasburgo, tribunal contra o que non cabe recurso, obrigou a España a devolver a Fragoso eses 1.260 euros e a aboarlle 6.000 euros en concepto de indemnización.

O sindicalista resalta ao Salto que está “moi satisfeito” e considera que esta sentenza “pode abrir camiño” para que se modifique “un delito arcaico” aínda vixente en 2023.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...