Maltrato animal
‘Bestas’ dos montes de Sabucedo: unha conversa con Jorge Casal

Durante a última semana chegaron varias propostas ao noso correo para falar da Rapa das Bestas. Como medio sensible e comprometido coa defensa da natureza, debemos posicionarnos en contra das prácticas de maltrato animal así como de calquera tipo de agresión cara á contorna e o territorio. Aínda así, consideramos que, neste caso, o debate e a confrontación de ideas de xeito construtivo e respectuoso entre posicións diversas, pode servir para ampliar as diferentes miradas sobre unha festa tan popular coma controvertida.

12 jul 2018 11:01

En outono, preto dos gravados rupestres de Campo Lameiro, entre os castiñeiros e os carballos, pasta unha manda de cabalos salvaxes. Atentos e cautelosos ollan ao seu redor, e ao menor movemento, a primeira rama rota ou as primeiras follas que secas estralan baixo un pé, foxen entre as árbores e desaparecen. É unha das tantas mandas que habitan nos montes galegos e que no verán irán buscar os aloitadores para cercar e conducir a Sabucedo. Na Galiza calcúlase que aínda haberá uns 11.000 exemplares en contraste cos 20.000 de fai quince anos. Xunto cos pottakas do Pais Vasco, os cabalos Dülmen dos bosques do norte de Alemaña, ou os cabalos camargue no sur de Francia son uns dos últimos cabalos salvaxes que quedan no continente. Son ‘As bestas’.

Teñen a cruz baixa, pero o compensan coa súa anchura e a súa magra musculatura. Foron forxados nos montes galegos e agora están feitos para vivir neles, a pesar da escaseza de alimento pola la falta de limpeza, da dureza de este último ano, que fixo que se reducira o número de equinos, ou a pesar de ter que protexer as súas crías dos lobos que os seguen de cerca durante as duras noites de inverno. Aliméntanse de toxos, de ericáceas como a arandeira e percorren miles de quilómetros o ano. Beben dos ríos frescos que corren polos montes da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Cuntis, viven nunhas 3000 hectáreas de terreo e dormen baixo un manto de estrelas que os cobre durante a noite.

É sábado pola tarde e centenares de coches amontóanse ao redor da liña de asfalto que separa Sabucedo do río, do sendeiro dos muíños e da Casa das Vellas, as dúas irmás que prometeron doar dúas eguas á igrexa se San Lourenzo as libraba da peste negra. Preto do pobo pode escoitarse o bulicio de entre a xente que chega para presenciar o curro das seis, o primeiro da fin de semana.

“Durante o curro desparasitamos os cabalos á man, sen utilizar cordas nin paus. Entre tres aloitadores, reducimos e inmobilizamos o cabalo á man e unha vez conseguido, cunha técnica depurada durante séculos, desparasitámolos e aplicámoslles os tratamentos convenientes en caso de ser necesario. Cortámoslles o pelo para deixar marcado o exemplar que xa foi tratado e devolvémolos á vida en liberdade ata exactamente un ano despois”.

Anos de historia daranse cita en pouco tempo e o nerviosismo pódese palpar dende fai días entre os paisanos . Os cabalos están no curral e Sabucedo agarda silencioso.

“A Rapa é unha celebración da vida e da liberdade. Un aloitador de Sabucedo é o gardián dos cabalos salvaxes. Tes que vivir e, se é necesario, morrer por eles. E a iso exposte cada ano. As nosas raíces, os nosos devanceiros e a nosa terra viven neses cabalos salvaxes, corre polas súas veas sangue nosa e ao revés. Ser un aloitador de Sabucedo é a responsabilidade máis grande que un home pode cargar e un trata de afrontalo con humildade e valentía”.

Rapa das Bestas_3

O compositor e cantautor compostelán deixa boa parte da súa alma e da súa vida aquí, nestas terras e nestes montes. Jorge Casal leva un ano esperando este momento. Como cada un dos habitantes da pequena vila de Sabucedo. “Xente ruda. Protectora. Xenerosa. Valente ata dicir basta”.

Segundo conta a lenda, a Rapa das Bestas de Sabucedo, que foi declarada de Interese Turístico Nacional en 1963 e de Interese Turístico Internacional en 2007, ten a súa orixe nunha doación de cabalos á parroquia. Despois, os habitantes consideraron que a mellor maneira de controlar a maleza era deixar os cabalos ceibes no bosque, xa que se considera que a zona se atopa en alto risco debido aos incendios forestais. Na actualidade Sabucedo conta con máis ou menos 600 cabalos, separados en 14 mandas. Durante a festa da Rapa, que se celebra o primeiro venres, sábado, domingo e luns do mes de xullo, entre 20.000 e 30.000 visitantes frecuentan a vila.

“Sen o diñeiro que recadamos durante os 3 días de Rapa grazas ao público que quere presenciala, deixariamos de dispoñer dos medios que necesitamos para facer peches para os cabalos, comprar medicinas, chips, desparasitadores, rozar montes para o seu pasto... Ademais, os cabalos teñen instinto, e cos anos saben perfectamente que non lles facemos dano. Un animal non é tonto, e sabe se vas lancealo ou facerlle algunha barbaridade parecida, ou se vas desparasitalo e curarlle as súas feridas. Eles loitan igual porque son animais salvaxes e non tería sentido que se deixasen facer porque si, pero cando os reducimos cálmanse, e unha parte deles, recoñece as mans e as voces de quen anualmente, de novo, os pon a salvo, como xa o fixo coas súas nais e coas mandas dos seus devanceiros”.

A Rapa é unha desas tradicións centenarias que resisten ao paso do tempo, e aínda que ano tras ano a afluencia e a repercusión de Sabucedo sexa cada vez maior, os aloitadores saben mellor que ninguén que o coidado do nosos bosques e recuperar noso esquecido rural é unha condición indispensábel.

“É de urxencia que se tomen medidas nos ámbitos social e político. Fan falla axudas para volver a darlle vida aos nosos montes, tan esquecidos. Fai falla axuda para protexer os montes e as mandas. Hoxe en día prima a economía, a cifra unicamente, e como isto non xera diñeiro, deixámolo morrer. Cando entendamos a riqueza que tiñamos sendo uns dos únicos lugares do mundo onde quedan cabalos salvaxes, será tarde”.

Bestas?, artigo de opinión de Rubén Pérez Sueiras.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Maltrato animal
Maltrato animal Gritos frente al Congreso por el fin de las jaulas: el 87% de los animales criados para consumo viven en ellas
El acto simbólico frente a la Cámara exige que España incida en una reforma de ámbito europeo actualmente en tramitación para conseguir el fin de las jaulas por todo el continente.
Mallorca
Llucmajor Imágenes inéditas de la macrogranja de Mallorca ratifican las malas condiciones de las gallinas
El vídeo difundido este martes confirma el pésimo estado de la explotación, con gallinas enfermas, telarañas o huevos arrugados. Un juzgado de Palma ha abierto diligencias contra la granja por presunto maltrato animal.
Antiespecismo
Pesca y maltrato Pescar es despreciar a los animales acuáticos
Helena Rivera, portavoz de la asociación Animals’ View, nos habla sobre el documental THEY y sobre el sufrimiento que conlleva la pesca.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.