'Altri: a sede insostible', un documental sobre os futuros efectos da fábrica de celulosa proxectada na Ulloa

Este venres 24 de maio, O Salto e Xarda estrean un proxecto audiovisual sobre como unha multinacional portuguesa pretende destruír recursos naturais e sociais no corazón de Galiza coa creación dunha pasteira dez veces máis grande que ENCE.
22 may 2024 10:57

A Xunta, Altri e Greenalia pretenden instalar unha fábrica de celulosa e lyocell no centro do país, na provincia de Lugo. O que ía ser un proxecto “sostible” e “respectuoso co medio” rematou sendo o enésimo intento de lucro do capitalismo salvaxe cos recursos da nosa terra. Na súa defensa, a veciñanza da Ulloa organizada, protexendo os seus ríos, o seu aire e os seus empregos deste intento de espolio.

Estamos ante unha das peores catástrofes ambientais que pode afrontar Galiza nos próximos anos e, por iso, dende O Salto, en colaboración coa produtora Xarda, estreamos este venres 24 de maio ás 19.00h, un documental que percorre o ciclo da auga proxectado pola promotora do proxecto. Desde o punto de recollida de ata 46 millóns de litros diarios en Brocos, ata O Sexo, onde pretende ser devolta unha parte, supostamente tratada e moito máis quente. Polo camiño, 20 quilómetros de tubaxes, centos de fincas expropiadas e unha megafactoría en Palas de Rei, pegada ao Camiño de Santiago, que emitirá oxido de xofre e óxido de nitróxeno á atmosfera.

Voces expertas e veciñas destes lugares expoñen de que xeito lles pode afectar no seu día a día e nos seus empregos, nunha zona vizosa de proxectos sostibles que agora son amenazados. O audiovisual de O Salto e Xarda contou co apoio e a colaboración de varias asociacións e plataformas en defensa do territorio.

Este proxecto puido realizarse polas persoas socias que confían en nós. Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre financiado polas maiorías sociais.

Precisámoste. Subscríbete ao Salto.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...