Medio ambiente
Milleiros de persoas enchen A Pobra do Caramiñal para berrar contra a celulosa de Altri e a mina de Touro

Unha grande multitude por terra e centos de embarcacións por mar esíxenlle ao Goberno de Alfonso Rueda que “recúe” ante o potencial desastre ambiental que sobrevoa Galiza.
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 6
Miles de persoas chegadas de toda Galiza na manifestación contra Altri e a mina de Touro-O Pino. Elena Martín
22 mar 2025 14:27

Chove e venta, pero nin o clima máis adverso pode frear o berro de Galiza contra dous proxectos que atentan contra o seu medioambiente: a macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. “Xa tocaba que nos fixera mal tempo nalgunha das nosas manifestacións”, bromeaba Patricia Villarino, unhas das persoas detrás da Plataforma Ulloa Viva, ao comezo da mobilización.

Hoxe, A Pobra do Caramiñal (A Coruña) rebosa de xente. Miles de persoas chegadas de todo o país produciron un enorme embotellamento para entrar pola saída norte da autoestrada e os accesos á vila estiveron ateigados durante toda a mañá. Xusto a poucos metros do atasco, unha pintada de ‘Altri non baixo’ nunha ponte de pedra parece querer lembrar ás condutoras a que viñeron ata aquí.

Xa na Pobra, custa camiñar entre tantas manifestantes. “Mellor que chova que que mexen por nós”, berran desde a manifestación as convocantes, que tamén lle esixen a Rueda que “recúe” ante a intención de colocar esta celulosa na Ulloa, pero tamén ante a Mina de Touro, outra das razóns polas que moitas das persoas están hoxe aquí a pesar do mal tempo.

Desde o mar, centos de barcos observan a terra para lembrar que isto afectaría tamén ás nosas rías.

A Xunta di que todo é unha estratexia “dirixida” polo BNG e desoe o clamor social

Como vén sendo habitual ante toda mobilización social canta hai, o Goberno de Alfonso Rueda na Xunta di que o que aconteceu hoxe na Pobra do Caramiñal é unha estratexia política “dirixida” pola oposición. Neste caso, polo Bloque Nacionalista Galego (BNG).

Este mesmo sábado, a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reduciu ao “comunismo do século XXI” a protesta contra o proxecto Altri e Greenalia. Deixando a un lado as organizacións civís que fican detrás das manifestacións, Lorenzana prefire desviar o foco: “O PSOE hoxe colle a pancarta de Ana Pontón, porque, como lles pesa moito, o señor Besteiro e todos os demais dirixentes socialistas xa están axudando a Ana Pontón”.

Nun comunicado este sábado, Lorenzana afirmou que “as manifestacións están dirixidas e impulsadas polo BNG“, ”nada novo baixo o sol”. “Comunismo do século XXI, axitación de masas, desinformación, loitando en definitiva para que Galicia teña menos industria, para que os galegos sexan máis pobres e, polo tanto, menos libres”, asegura. Ademais, a conselleira do ramo di que “iso xa o fixeron con pellets, coa AP-9, con Alcoa”. 

[Haberá ampliación]

Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 1
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 2
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 3
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 7
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 9
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 10
Manifestación A Pobra Altri Mina Touro - 11
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.