Medio ambiente
Sarria, cun dos peores índices de calidade do aire de Galiza, á espera dunha nova planta contaminante

A veciñanza da comarca convive dende hai décadas coa contaminación provocada pola cementeira do Oural. Agora, Votorantim Cimientos proxecta a instalación dunha nova planta para a produción de combustible a partir da coincineración de residuos. A veciñanza, organizada na Plataforma Sarria Aire Limpo, denuncia os riscos desta nova ameaza ambiental
Fábrica de Cementos Cosmos en Oural
Fábrica de Cementos Cosmos en Oural, Sarria (Lugo).

No ano 1962, instalouse nunha pequena vila de Sarria (Lugo) Cementos Noroeste, a primeira fábrica de cemento de Galiza. A cementeira do Oural, un pobo duns 300 habitantes, foi adquirida no 2012 polo grupo Votorantim Cimientos, unha multinacional adicada á produción de materiais de construción. A fábrica, operada por Cementos Cosmos —filial de Votorantim Cimientos— produce actualmente unhas 450.000 toneladas de clinker —compoñente principal do cemento— e 650.000 toneladas de cemento ao ano.

O pasado setembro, a prensa facíase eco da “emerxencia sanitaria” debido á mala calidade do aire en Sarria, segundo os niveis dunha das estacións de seguimento da Consellería de Medio Ambiente, situada no recinto do complexo industrial de Cementos Cosmos.

Segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR), a cementeira do Oural reportou no último ano emisións á atmosfera de diversos contaminantes, entre os que se atopan óxido de nitróxeno, dióxido de xofre, monóxido de carbono e metais pesados como o mercurio e o cadmio.

Un estudo do Instituto de Saúde Carlos III analizou a mortaldade por cancro en municipios próximos a fábricas de produción de cemento; en áreas de ata 50 km arredor deste tipo de instalacións. Os resultados revelaron un incremento significativo dos casos de mortes por cancro, especialmente nos sistemas dixestivo e urinario, en residentes preto de cementeiras.

Votorantim Cimientos pretende agora construír unha nova planta para a produción de Combustible Sólido Recuperado (CSR) a partir de residuos no Oural, que xa presenta un dos peores índices de calidade do aire en toda Galiza. Este anuncio provocou o nacemento da Plataforma Sarria Aire Limpo, froito da preocupación da veciñanza polas posibles repercusións da queima de residuos no medio ambiente e a saúde.

A queima de residuos para producir combustible

A plataforma veciñal denuncia que a comarca rexistra os peores datos de toda Galiza en canto a dióxido de xofre e metais pesados, con niveis que en moitas ocasións igualan ou mesmo superan os das cidades. “Que vai ser de nós cando empecen a incinerar todos eses residuos?”, preguntan.

A coincineración é o proceso mediante o cal un residuo se emprega como combustible nunha instalación industrial. O proxecto presentado por Votorantim Cimientos ten como obxectivo a construción dunha planta adicada ao tratamento de residuos de orixe industrial, comercial e urbano, coa fin de producir combustible sólido para a súa utilización nos fornos de produción de cemento.

Neste caso, empregarase o Combustible Sólido Recuperado (CSR) producido a partir de materiais non reciclables. A planta procesará 163.800 toneladas anuais de residuos para obtención de ata 149.700 toneladas anuais de CSR.

A promotora, que presentou a comezos de abril o proxecto ante a veciñanza, explicou que se van a triturar e clasificar materiais procedentes doutras industrias, nun 90% plásticos, textís, madeira e cartón. Desde a Plataforma sinalan que a empresa non reflectiu a realidade da capacidade de tratamento prevista e denuncian que os residuos indicados “non supoñen nin un terzo do que realmente queren tratar”.

Segundo o documento presentado á Xunta, ao que tivo acceso O Salto, os residuos de madeira supoñen aproximadamente un 15% do total, os téxtiles un 5% e o papel e cartón un 25%. O proxecto inclúe a queima de materiais como neumáticos, restos de pinturas, lodos industriais e residuos agroalimentarios e da industria química, entre outros.

O pasado decembro, PSOE e BNG presentaron unha moción co propósito de que o Concello de Sarria solicitara a inadmisión a trámite do proxecto. Segundo argumentan, as Normas Subsidiarias do Concello só permiten industrias compatibles coa vivenda, que non xeren emisións, cheiros ou ruídos. Porén, consideran “inadmisible” que o informe ambiental non analice os efectos que esta actividade pode ter sobre a saúde humana, tendo en conta que o núcleo de poboación do Oural se atopa a escasos metros. O pleno rexeitou a moción cos votos en contra de Camiña Sarria e o PP.

Xa no 2007, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) anulou a concesión municipal de Cementos Cosmos para a queima de neumáticos, empregada para obter enerxía alternativa, ao atoparse a menos de 2000 metros dun núcleo poboacional.

Segundo as alegacións presentadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega), o Estudio de Impacto Ambiental incumpre a lexislación vixente ao carecer dunha avaliación rigorosa de alternativas de localización: “Limítanse a xustificar a elección da parcela contigua á fábrica de cemento por razóns exclusivamente económicas, sen considerar os impactos ambientais”. Daniel Vispo, membro de Adega e veciño de Sarria, alerta ademais dun “problema de caracterización dos residuos” xa que o proxecto obvia a procedencia dos mesmos.

Riscos para a saúde

Se ben o incremento da xeración de residuos é un dos principais desafíos ambientais a nivel mundial, a promoción de solucións rápidas como a incineración —que diminúe a cantidade enviada a vertedoiros— xera controversia debido ao impacto no medioambiente e na saúde.

Un estudo da Universitat Rovira i Virgili, que analizou a contaminación no entorno da incineradora de Sant Adrià del Besòs, alertou dos riscos carcinoxénicos derivados da exposición ambiental a sustancias como as dioxinas e metais pesados. A investigación concluíu que, debido á exposición a estes contaminantes, o risco de cancro é 2,3 veces superior ao considerado aceptable.

O biólogo e investigador do CSIC, Fernando Palacios, expuxo recentemente nun acto en Sarria os potenciais perigos da incineración de CSR na planta industrial proxectada no Oural. Palacios alertou das emisións de metais pesados como o mercurio, chumbo ou cadmio, sustancias bioacumulables que se almacenan no organismo e poden afectar ao sistema nervioso, endócrino, inmunolóxico e reprodutor, presentando un problema especial para nenos, embarazadas e persoas maiores.

“As emisións industriais supoñen un risco especial para unha comarca gandeira como é a de Sarria”, alerta Vispo. E engade: “Os contaminantes entran na cadea alimentaria a través do leite, a carne ou produtos derivados, o que pode ter graves repercusións para a saúde”.

Malia que o proxecto aínda non conta coa resolución da Autorización Ambiental Integrada da Xunta de Galicia, a veciñanza critica que o Concello se negue a presentar alegacións. Dende a Plataforma Sarria Aire Limpo explican que o grupo de goberno se opuxo á moción presentada “co argumento de que non van queimar nada, cando a propia empresa o recoñece”. Este medio contactou coa administración local para solicitar declaracións respecto á súa postura en relación ao proxecto, mais non obtivo resposta ata o momento da publicación deste artigo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
#109040
20/4/2025 13:13

E seguimos coa instalación de mais industrias contaminantes. E a dereita, o Partido Podre e a Xunta -que todo é o mesmo- apoiandoas como badocos, porque non ven mais aló das suas narices e son cortoplacistas.

0
0
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.