Medio ambiente
O PSdeG cambia de posición e chama á súa militancia para acudir á manifestación contra Altri na Pobra

O partido de José Ramón Gómez Besteiro abandona a ambigüidade e, por primeira vez, fai un chamado por mail ás súas bases para apoiar a mobilización do sábado 22 convocada pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a Plataforma Ulloa Viva.
besteiro sánchez
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, e o presidente do Goberno español, Pedro Sánchez.

Logo de meses de presión social e respostas ambiguas pola súa banda, o PSdeG-PSOE de José Ramón Gómez Besteiro pegou un cambio de rumbo na súa posición sobre a macrocelulosa que Altri, Greenalia e a Xunta queren instalar no centro xeográfico de Galiza. Nunha carta enviada por mail, o PSOE galego chama á súa militancia para acudir este sábado á manifestación contra a celulosa que foi convocada na Pobra do Caramiñal pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Ulloa Viva.

Como seguro xa sabedes, o pasado venres deuse a coñecer a Declaración de Impacto Ambiental positiva por parte da Xunta de Galicia ao proxecto de celulosa impulsado pola empresa Altri en Palas de Rei.”, comeza a carta. E segue: “Dende o PSdeG consideramos que este proxecto non encaixa nin dende o punto de vista medioambiental nin económico e tampouco como proxecto estratéxico para Galicia.”. Fontes do partido críticas coa posición da dirección, recoñecen en privado que “xa era hora de que o partido comezase a tomar posicións fortes”.

Con todo, a breve carta, non está exenta de contradicións: “As e os socialistas galegos fomos os primeiros en manifestar publicamente a nosa dúbida respecto a concesión de fondos públicos a esta iniciativa e expresamos claramente que non debería recibir axudas extraordinarias.”, presupón a carta, mentres que a hemeroteca desfai rapidamente esa afirmación.

Este proxecto debe ser analizado non só dende o punto de vista medioambiental, senón tamén en termos económicos e sociais, avaliando o seu verdadeiro impacto na creación de emprego e na economía galega. Por todo isto, queremos animarvos a participar na mobilización convocada polas plataformas cidadás que se levará a cabo o vindeiro sábado na Pobra do Caramiñal”, remata a misiva dirixida ás súas bases.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.