Movimiento estudiantil
O peche da facultade de Medicina: o estudantado galego esperto e empoderado

Crónica do día 5 de novembro, no que o alumnado da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela comezou unha folga indefinida. Ao longo do día sucedéronse concentracións, sentadas e asembleas. O estudantado aproba pecharse na Facultade ata que as súas reivindicacións sexan atendidas. Tras oito horas de reunión co Decanato, comezan a acadar os seus obxectivos.

Peche Medicina_1
Estudantes de Medicina da USC concentrados no interior da Faculdade. Foto: Teresa Villamor

En Santiago de Compostela, moi pretiño do Obradoiro, escóitanse berros acompasados dende dentro da Facultade de Medicina. Son as 12 da mañá. Asómome ao seu interior e rapidamente me reciben co canto de “non nos mires, únete”. Son os estudantes de Medicina, quizás 100 ou 200 ata onde me alcanza a vista, sentados na entrada, nas escaleiras e nos pasillos.

“A semana pasada [a folga] aínda estaba en cueiros. Non sabiamos se facer unha sentada, unha concentración, un peche, se facelo todo xunto ou algo diferente cada día” cóntame Lara, alumna de segundo. Agora mesmo, todas estas mobilizacións son unha realidade. Vestidos de negro e cun crachá verde pendurado do peito, todos os alumnos da facultade agardan impacientes a chegada do reitor, programada para as dúas da tarde.

A folga é indefinida porque se mañá finiquitamos isto, poñen catro parches e se esquecen de nós

“Eu creo que estoupamos pola cantidade de tempo que pasamos aquí. Chegamos a ter 46 horas á semana. A asistencia a clase é obrigatoria e acabamos fartos” cóntanos Alicia Seoane, encargada de comunicación do movemento. “Os horarios cambian da noite para a mañá, hai prácticas que coinciden con exames, clases que están programadas para despois do propio exame da materia, profesores que non aparecen, horas de recuperación obrigatoria pese a que caen en festivo… todo isto leva aos delegados, cunha carga de traballo impresionante, a reformular os horarios e xuntar ata 10, 11 ou 12 horas nun día”.

Peche Medicina_2
Estudantes durante as protestas no interior da Facultade de Medicina da USC. Foto: Teresa Villamor
A campá da catedral repenica dúas veces. A imaxe é sobrecolledora: coa chegada do Reitor, Antonio López Díaz —que veu expresamente dende Madrid para seguir a folga—, os estudantes forman un corredor que recibe entre vítores os delegados, listos para a reunión no decanato.

“O máis significativo é ver hoxe aquí os alumnos de sexto. Practicamente remataron, pero veñen apoiarnos porque pasaron por isto e saben o que hai", di Alicia Seoane. "Bastantes profesores veñen de mostrarnos o seu apoio. Quen está dentro sabe o que pasa aquí”, continúa.

Julián Álvarez Escudero, o decano, sae de entre a multitude e inicia un discurso de conciliación. Finaliza cun “esta é a miña opinión”. E a resposta é contundente: alguén brama dende o público “non queremos a túa opinión, queremos solucións”, e estoupan os aplausos. Se unha imaxe vale máis que mil palabras, é esa.

Peche medicina_3
Interior da Facultade de Medicina da USC durante o peche. Foto: Malena Fernández

As reivindicacións

Entre as críticas do estudantado atopamos o método de avaliación. Para aprobar algunhas materias precísase un sete, que no boletín se convirte nun cinco. Isto baixa a media do alumnado e supón unha desvantaxe para optar ás bolsas e á praza para Médico Interno Residente (MIR).

O descontrol das prácticas no hospital é un tema recorrente, así como a saturación das aulas: hai clases prácticas nas que se xuntan 80 persoas. Como os profesores non dan abasto, reúnen a un grupo de alumnos —os monitores— o día anterior, para que estuden a materia a impartir ese día e lla expliquen aos seus compañeiros en grupos máis pequenos.

Fronte a isto, existe o outro lado da moeda: hai prácticas que, simplemente, non existen. “O primeiro ano de Bioquímica, o profesor alegou que as clases ‘non se imparten porque non hai material nin medios para facelo’”. conta Alicia.

peche medicina_4
Estudantes realizan faixas nun momento durante o peche. Foto: Malena Fernández

A xornada de folga

A folga, sen dúbida, ten éxito. Achegámonos a aula 3, onde ás 15:30 se imparte a materia de Ética da medicina, e atopamos tan só un alumno. “Estou de acordo coas reivindicacións pero non coa folga. Veño de Latinoamérica e as cousas alí están bastante peor. Non me compensa unha folga indefinida” comenta.

Dende a Asemblea Aberta de Medicina, explican que a folga é indefinida porque “se mañá finiquitamos isto, poñen catro parches e se esquecen de nós”, como asegura unha estudante de terceiro, Claudia. Martiño Loureiro, de sexto, cóntanos que hai uns anos o estudantado presentou un escrito ao decanato. “Prometéronse cambiar as cousas e non se fixo nada”. Con esta protesta non se buscan solucións rápidas, senón mellorar a calidade da educación a longo prazo.

Esta vez, a grande baza do movemento é a súa repercusión mediática. “Sinceramente, eu creo que teñen medo”,di Alicia Seoane sobre o decanato. “Levan todo o fin de semana sacando noticias, contestando tuits, hoxe saían a falar connosco cando chegaba a prensa…”. Algo moi significativo foi o intento de cambiar a reunión cos delegados. “Buscouse facela de imprevisto onte, no canto de hoxe, para evitar a repercusión mediática”, remata.

Peche medicina_5
Asemblea de estudantes da Facultade de Medicina da USC. Foto: Aldara Diéguez

A Asemblea

Dan as 9 da noite. Introdúzome nun grupo de estudantes que me leva ao salón de actos. Agardo unha pequena xuntanza dos líderes, mais o que atopo déixame sen respiración: o auditorio está completamente cheo.

O obxectivo é que os delegados transmitan ao resto os acordos e obxectivos logrados durante o día. Pero sete horas despois de entraren no decanato, os delegados seguen reunidos. Comeza entón unha asemblea de análise da folga ata o momento. Piquetes si, piquetes non, esa é a cuestión. Finalmente, a proposta queda descartada. “Se algo dá forza ao movemento, é que triunfa sen obrigar a ninguén a secundalo”, arguméntase.

Por maioría absoluta, elíxese tamén continuar coa folga e o peche indefinidos. Os aturuxos da xente que me rodea deixan unha mensaxe clara: isto vai en serio.

Se algo dá forza ao movemento, é que triunfa sen obrigar a ninguén a secundalo

Coa chegada dos delegados, o auditorio rebenta a aplaudir. Coreando “delegados, delegados”, os representantes comezan a enumeración de logros. Algunhas son recibidas cunha alegría desbordante: a práctica do sete convertido en cinco é ilegal e hase propor revisar as notas postas en anos pasados.

Non obstante, para outros logros escoito besbellos entre a multitude: “non se aportan solucións, todo son promesas baleiras”.

"O decanato funciona dunha maneira moi sinxela: se llelo das todo masticadiño, cómprancho" aseveran os delegados. “Se non, esquécete de que o solucionen”.

Peche medicina_6
Estudantes votando durante a asemblea. Foto: Aldara Diéguez

O peche

Son as 00:13 horas e, ao fin, remata a Asemblea, tras 4 intensas e pesadas horas. O activismo xa non é tan romántico tras todo un día de traballo.

Ás 2:00 a.m, chega Julián Álvarez Escudero, o Decano. “Teñen razón os chavales?” pregúntalle o compañeiro Aníbal Malvar. “Nalgunhas cousas si. Nas formas, estou algo sorprendido, pero se está mantendo un exquisito respeto”.

O Decano asegura estar ilusionado para cumprir cos obxectivos marcados nestas reivindicacións, se ben non titubea cando se lle pregunta pola dimisión. “Son médico. Non estou aferrado á cadeira”.

O decano tamén se posicionou con respecto ao Plan Boloña, que tanto agobia ao alumnado pola excesiva presencialidade. “Ten fortalezas e debilidades, e non somos capaces de sacarlle proveito ás fortalezas. Ao fin e ao cabo, fixérono as universidades ricas. O Plan Boloña é de Oxford e de Cambrigde, non de Cádiz nen de Santiago de Compostela”.

Peche medicina_7
Imaxe do interior da Facultade de Medicina durante a noite do 5 ao 6 de novembro. Foto: Aldara Diéguez
Por suposto, na facultade aínda queda a noite. A planta baixa está habilitada para durmir e xa se vén algunhas esteiras colocadas, se ben a vida volve comezar no primeiro andar. Na aula de segundo curso móntase un karaoke que remata en pogo, e no corredor a xente saca os xogos de mesa ou organízase (porque está demostrado que saben organizarse) para botar un escondite.

Non todo é festa: ás tres e cuarto da mañá, os delegados, coordinadores e varios voluntarios deciden reunirse de novo. A xornada do día seguinte abrirase con outra sentada ás 13:00 da tarde e todo debe sair perfecto, pero hei de admitir que, ante o abano de alternativas, unha servidora decidiu deixar esa xuntanza para crónicas futuras.

A ASEMBLEA ABERTA DE MEDICINA
Como naceu este movemento?
O maior movemento estudantil dos últimos anos en Galicia creouse en catro días. Todo comeza cun grupo de xente indignada. A raíz diso fórmase unha asemblea, coa que nacen os grupos de traballo: organización co decanato, normalización lingüística, comunicación... O movemento en redes sociais é fundamental. A fartura do estudantado fai o resto.E quen pon os cartos? Preguntámoslle a Beatriz Pais, do grupo de traballo de Seguridade. “Quen vai ser? Nós. Houbo xente que se deixou case 70€ en carteis. E iso que un comercio local nos regalou outros tantos”. E como recuperalos? Cos donativos dos propios folguistas. Pola facultade vemos petos para recadar cartos á vontade.Ao rematar a xornada, a propia Beatriz dime que se recadaron máis de 300€ con todas as aportacións.
E o resto de estudantes, que?
Alicia Seoane afirma que xa lles falaron dende outras facultades de Medicina de España, que denuncian o mesmo e pediron axudas e materiais á Asemblea Aberta de Medicina para facer mobilizacións semellantes.A situación non se reduce só á facultade de Medicina da USC. O caso máis flagrante é o de Farmacia, que segue sen edificio propio. En Comunicación Audiovisual, as cámaras seguen a ser de cinta en pleno 2019, o que amosa a falta clara de financiamento. Os alumnos de Economía teñen que ir as clases de matemáticas de ADE porque non teñen profesor propio. Dende a Asemblea Aberta téñeno claro: “No noso comunicado de prensa orixinal invitábamos a xente doutras facultades non só vir aquí a protestar, senón a entender que é un problema de todos. [...] Se trasladamos isto á toda a Universidade de Santiago e a outras universidades, poderíamos xerar un xerme de protesta. Máis nos vale facelo, porque o Plan Bolonia non funciona”.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Comunidad de Madrid
Huelga de universidades públicas Por qué las universidades públicas irán a la huelga el 28A
Las distintas plataformas en defensa de la educación universitaria pública denuncian la “asfixia económica” a la que el gobierno de Isabel Díaz Ayuso aboca a los centros académicos desde hace más de 15 años.
Asturias
Educación Asturies impulsa la gratuidad del primer curso universitario
La medida, aprobada por el Gobierno de PSOE-IU Convocatoria por Asturies, llega en plena polémica por los proyectos de apertura de centros privados en la comunidad.
#42659
7/11/2019 13:32

Entretanto as universidades do grupo Coimbra reparten cartos da UE, ata 500 millons de € por universidade, unha vergoña.
Animo e moita siete.
Médico emigrado

1
0
zanquivano
6/11/2019 15:36

Seguide así, animo!

1
0
#42592
6/11/2019 13:31

Enormes!

1
0
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
LGTBIAQ+
Informe Estado del Odio Las agresiones físicas y verbales a personas LGTBI+ se han duplicado en el último año
El informe Estado del Odio: Estado LGTBI+ 2025 revela que el 20,3 % de las personas LGTBI+ encuestadas ha sufrido acoso. La discriminación en ámbitos como el empleo, el acceso a servicios o la vivienda, alcanza al 25,25 % del colectivo.
Más noticias
Personas sin hogar
Personas sin hogar “No todos somos conflictivos”: la otra cara de los sintecho en Barajas
Las personas que “viven” en el aeropuerto de Barajas, como en tantos otros, son el reflejo de un problema de fondo: el aumento constante del sinhogarismo ante el encarecimiento del acceso a la vivienda.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen descarta el ciberataque y sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.