Movimiento vecinal
A autoxestión da auga, unha loita veciñal

Os usuarios de traídas comunitarias instaladas nas últimas décadas atópanse acotío con dificultades para conseguir que os organismos reguladores renoven as súas concesións.

Miguel Rodríguez, presidente da directiva de Figueiró, Tomiño.
Miguel Rodríguez, presidente da directiva de Figueiró, Tomiño. Coxapo
5 ene 2018 09:15

O Delirio do Poderoso é quen de concentrar todas as cores da natureza nunha tarde chuviosa de comezos de inverno. O solo aparece cuberto das follas que foran perdendo os piñeiros durante a decadente estación anterior. Carballos, castiñeiros e outras especies que dan vida á zona medraron grazas á plantación e os coidados de varios escolares do lugar nos anos anteriores. Parte do monte, ademais, constitúe unha área recreativa protagonizada por unha fonte onde destaca a figura dunha muller que abraza un recipiente polo que ascende un réptil e, máis adiante, unha ra que expulsa o líquido pola boca.

Un recuncho sagrado para os veciños da parroquia de Estás, no concello pontevedrés de Tomiño, que souberon aproveitar sen axuda externa, a mediados da década de 1970, un tesouro que cobre as necesidades máis básicas da humanidade: a auga. Naquela época, algúns enclaves da comarca situáronse entre os pioneiros na construción de traídas para as diferentes comunidades de usuarios que traballaron durante anos co obxectivo de aproveitar este recurso mediante sistemas sostibles e respectuosos co medio ambiente, e máis económicos que os ofrecidos polos gobernos municipais.

A fauna xoga outro papel esencial para a avaliación e o coñecemento da contorna. Nas proximidades de ríos e mananciais localízase a píntega rabilonga, un anfibio que abunda nos territorios comprendidos entre Coímbra e Asturias e habita en augas de elevada osixenación. A rabilonga, en épocas de seca considerable, amósase nas zonas máis baixas; en intres previos á caída de precipitacións anormalmente copiosas, procuran refuxio onde o terreo ofreza unha oportunidade. A ra ibérica, pola súa banda, acostuma establecerse en regatos que posúan auga de grande pureza.

Un esforzo continuado

O traballo continúa e a implicación de todos os beneficiarios das traídas de auga é precisa para garantir o servizo. «No seu día, en 1974, calculamos as vantaxes potenciais desta infraestrutura e organizámonos para coller pico e pa e sacar adiante a traída de Figueró», conta Miguel Rodríguez, o presidente da directiva da comunidade de usuarios desta parroquia tomiñesa. «Dende entón», engade, «atopáronse máis mananciais, pero usamos unha única traída e, recentemente, melloramos os accesos e a limpeza, ademais de ampliar as instalacións». A traída de Figueiró abastece 280 vivendas que abonan, cada ano, unha cantidade de só 50 euros.

Dentro do mesmo concello, a comunidade de usuarios de Forcadela suma 700 socios e Manuel Álvarez, presidente da directiva, recoñece que a dedicación ás tarefas de mantemento resulta ás veces moi esixente. Hai tres anos, Álvarez acordou cos usuarios a achega dunha derrama especial para as reparacións convenientes e unha elevación da cota anual, que pasaba de 85 a 120 euros. De seguido procedeuse ao selado dos mananciais e á reforma dos diferentes depósitos. Forcadela conta agora con dous empregados, un profesional que se encarga das avarías e outro que atende ao persoal, malia que o posto da presidencia non se remunera aínda.

Unha das cuestións polémicas que se debaten moi preto, na parroquia de Amorín, vencéllase aos requisitos de cloración da auga. «A auga sae pura e moitos veciños consideran que non é imprescindible botarlle este produto, pero a lei obriga a engadilo e nós utilizamos a cantidade mínima», indica o directivo Telmo Vila. A inauguración desta traída data de 1993, cando se percibiron problemas como escaseza e contaminación motivados polo incremento do número de vivendas na zona. A captación realízase a través de pozos, o que facilita o mantemento da infraestrutura, pero o gasto en bombeo e corrente encarece a cota anual: os 230 socios desta comunidade destinan 80 euros anuais a esta traída.

O perigo da comercialización

A parroquia de Estás acolle a sede de Coxapo, asociación creada en 2006 co obxectivo de aglutinar e asesorar a un conxunto de traídas de auga ubicadas en distintos puntos de Galiza. Coxapo conta con case 80.000 usuarios na actualidade e o seu presidente, Rafael Carrera, expresa a súa inquietude polos conflitos que xorden á hora de renovarlles as concesións a algunhas destas comunidades.

Carrera sinala que un 75 % dos núcleos que se serven destes métodos de autoxestión e subministración de auga encóntranse en Galiza, León e Asturias. En territorio galego estímase que un 25 % da poboación obtén este recurso con diversos modelos de captación privada ou con sistemas pertencentes a comunidades veciñais.

Só un 20 % das redes municipais galegas funcionan con xestión pública. A porcentaxe duplícase no conxunto do Estado e acada practicamente un 90 % no resto de Europa

“O gasto anual multiplícase aproximadamente por dez no caso de zonas rurais e supera os 2500 euros en áreas de aglomeración urbana como a de Vigo”, apunta Carrera, “polo que temos que sospeitar das posibilidades de negocio que perciban algúns lobbies con capacidade de influír na Administración en casos en que as leis provoquen confusión ou non defendan a opción de que os veciños permanezan conectados ás traídas comunitarias”. Carrera matiza, no entanto, que a defensa de Coxapo limítase ás comunidades que regularizan a súa actuación.

O paradigmático caso do Louro

Cinco directivas de Tui, na propia comarca do Baixo Miño, experimentaron este último ano enormes dificultades para renovar a concesión das súas traídas. A tensión afectou todos os concellos inscritos no Consorcio de Louro (Porriño, Mos, Salceda e o citado Tui), pois unha complexa intervención dos diferentes organismos e entidades oficiais que regulan a conexión a redes de subministración de auga provocou unha disputa que vén de rematar a finais de 2017.

Os Concellos tratan de evitar duplicidades neste servizo, pero as leis resultan a miúdo contraditorias e suxeitas a variadas interpretacións. Moitos matices afectan as decisións dos gobernos municipais, que deben atender a Lei de Bases do Consello Nacional da Auga e, neste caso particular, ao regulamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O Consorcio de Louro, no que tamén participa a consellería de Medio Ambiente a través da entidade pública empresarial Augas de Galicia, contaba cunha normativa que obrigaba aos usuarios a conectarse á rede municipal se esta se situaba a menos de 100 metros de distancia. A mediados de decembro chegouse a un acordo entre Administración e comunidades de traídas legalizadas para excluír deste punto os socios que voluntariamente decidan manter o seu propio sistema de captación e abastecemento de auga. A organización e a insistencia veciñal obtivo un novo éxito na reclamación dos seus dereitos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Málaga
Vega Mestanza El vecindario frena la tala de la Vega Mestanza en Málaga
Desde 2020, las malagueñas buscan parar la construcción de una depuradora en los terrenos cultivados de la Vega de Mestanza.
Madrid
Madrid La vecindad de Hortaleza convoca a una concentración “contra el racismo y los discursos de odio”
A su vez, la Delegación de Gobierno mantiene la prohibición a la convocatoria del grupo de ultraderecha que ha amenazado con manifestarse desde el momento en que recibieron la negativa.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.