Música
Alejandro Guillán: “Baiuca ten un punto comunitario”

A fusión de música tradicional e electrónica fai de Baiuca unha das sensacións musicais. O proxecto de folktrónica está a exportar internacionalmente a renovación de composicións populares.

Baiuca 1
Alejandro Guillán, Baiuca, está a exportar internacionalmente a renovación de composicións populares. Adrián Canoura
20 ago 2019 10:00

A xente vense arriba na Pradería de San Isidro, Madrid. Soan as voces tradicionais, as frautas, as pandereteiras de Aliboria sacan toda a súa forza; todo iso fúndese coa música electrónica: iso que recibiu o nome de folktrónica. "Ese concerto tivo unha enerxía especial", dirá máis tarde con toda honestidade. Dirá o que xa é un músico para seguir: el é Alejandro Guillán, e isto é Baiuca.

Alejandro chegou a Madrid desde Compostela con Álex Casanova, o seu proxecto de electropop. Pero chegar non foi fácil, estar lonxe do mar complicou a súa adaptación: non atopaba lugares onde escapar e sentirse só, ese estrañado Monte do Gozo. Conta que empezou a escoitar, a recompilar todos os cassettes que traía consigo: a morriña.

Todos eses sentimentos acabounos soltando mediante a música.

A música son sensacións, momentos da vida

Ese mozo que está no Parque do Retiro ve, tras as árbores, o horizonte pousándose nos edificios; lonxe e distinto do que se pousa sobre a praia de Vilagarcía. Así naceu a canción “Solpor”. Imaxínase a alguén bebendo licor-café, e iso será “Solaina”. Cada canción é unha imaxe, o non explicable que sae do interior, e así son os temas de Baiuca, que o sitúan en planos nos que non se atopa. "A música son sensacións, momentos da vida."

O sample será a base do seu primeiro disco, Solpor, publicado en 2018; pero cada canción terá un punto de partida diferente. Escoita unha frauta nos primeiros segundos dunha canción da súa cassette, quérea, queda con ela; despois verá se o tema necesita unha parte máis melódica. Xusto ao contrario que “Morriña”. Dunha voz xurdirá “Mozas”, terá o loop e, máis tarde, a mestura final.

Gústame xogar, que pareza que vaia meter un subidón e non facelo, e que á xente lle convezca o engano

"Moitas veces asóciase o electrónico a algo máis noventero, a eurodance. Pero o curta e pega xa é electrónica, e é un campo moi amplo." A base de instrumentos harmónicos e moito sintetizador que compoñía Casanova quedou atrás por un Baiuca con máis ritmo e na procura orgánica dun equilibrio entre o ensalzamiento do folk e a electrónica de vangarda, na que busca romper coa estruturación do pop. "Gústame xogar, que pareza que vaia meter un subidón e non facelo, e que á xente lle convezca o engano."

Como irá o concerto da Pradería de San Isidro? Preguntábase ao chegar dende Mallorca, sen durmir. Así estivo durante anos: saír de traballar o xoves ás 16 e ir picar a Compostela o venres, facelo o sábado en Vigo e coller un avión para Bilbao o domingo. Por último, un Blablacar para entrar a traballar na tenda de roupa de 24 a 8 en Madrid, na que estivo tres anos.

Soa “Morriña”. A xente vén arriba. Á diáspora únese xente doutros ritmos, outros cancións. Ao seu lado, Adrián Canoura proxecta imaxes de Castelao na súa chegada a Buenos Aires. "Desde o visual, ten a mesma forma de entender a tradición. É atopar maneiras de traballar diferentes co que xa existe." Por diante, duas pandereteiras de Aliboria roxen.

Coller a raíz e levala a outro punto

Esta vez Álejando non leva máscara, aínda que o efecto é o mesmo: conseguir a distancia de escoitar música sen referencias persoais. Só, tan só, escoitar a música. Cantos son? Encántame o que facedes. Son frases repetidas, e Alex síntese cómodo, quítalle presión.

Porque Baiuca é máis que Álex. "O proxecto ten un punto comunitario, que fixen eu pero que podería facer outra persoa, posiblemente doutra maneira." Coller a raíz e levala a outro punto. "Tratar a música desde o respecto. Podes coller unha voz de hai máis de 30 anos, e acabar en que soe en algo actual: ensalzándoa, dándolle valor ao antigo que se estaba perdendo."

Despois de Solpor chegou a colaboración con Xosé Lois Romero, o fundador de Aliboria que trata de actualizar a percusión -xunto á voz, tal vez o máis inmutable da música. Xosé Lois pasoulle o tracklist para que fixese non un rémix, senón unha nova mestura coa mesma esencia: conseguir que soe diferente a través das harmonías, xogar cos ritmos, xogar cos pandeiros... Iso foi o EP Misturas, que viu a luz en marzo de 2019.

Hoxe Baiuca está a levar os ritmos tradicionais a outras culturas

As voces soan e traen reminiscencias árabes. "Sempre se asocia a música galega ao celta, e é polo tipo de instrumentos que se acabaron utilizando. Pero se te quedas coa voz, soa máis a Oriente. Hai xente que afirma que, ao estar Galicia á beira do mar, estaba máis conectada polo sur polo fluxo dos barcos." E hoxe Baiuca está a levar os ritmos a outras culturas. Picou en Medina, Marrocos, ou con Nicola Cruz en Londres.

Pola contra, a gaita segue con dificil encaixe. "É pola forma que se toca na Península Ibérica. A de Oriente Medio podería encaixar mellor. Mercedes Peón, por exemplo, tócaa de maneira diferente, fai que se integre moi ben na súa música."

No Estado Español non considera que haxa unha "escena" da folktrónica como a que se está xerando a nivel global, co propio Nicola, Chancha Via Circuito ou O Bufo. Aquí, sente máis conectado con propostas actuais pero artística e musicalmente diferentes, como Projecto [` Trepia].

Baiuca 2
Alejandro Guillán, Baiuca, perto do mar do que tanta morriña tiña ao chega a Madrid. Adrián Canoura

O concerto vai terminar e a xente corea, quere máis. E están os que empezarán a indagar nas músicas que hai, que houbo detrás. "Iso de que veña tanta xente nova, que agora estea a escoitar música tradicional... iso non pasa a miúdo", dinlle mentres vira con Aliboria.

Para o futuro, quere seguir investigando con liberdade. "Hai músicos que se atan ao asinar que farán tres discos en tres anos. Hai que manter o control sobre o teu proxecto. E dun disco a outro ten que haber un impasse para que cheguen novos influxos." Baiuca deixará os samples atrás: "a idea é traballar con xente que estea a investigar sobre os sons de certos instrumentos, e crear algo desde cero, buscando un son determinado."

"Ninguén sabe de morriña, ata que escapa do mar
Ninguén sabe de saudade, ceiba bágoas por chorar
Quixen probar cousas novas, quixen arrincar a dor
Quixen unha boa nova, quixen a túa verde cor..."

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música electrónica
Música Herbert y la banda sonora sin fin de un tiempo revuelto: “Si todo funcionara bien, necesitaríamos menos arte”
El músico británico Matthew Herbert desea cambiar el mundo y una de las herramientas que usa para ello es la música. El 4 de abril presenta en Madrid su nuevo proyecto junto a la vocalista e improvisadora Momoko Gill.
Música
Cultura Coros, danzas y electrónica: la resignificación de la cultura vernácula
A nadie se le escapa que durante los últimos años hemos asistido a una revitalización de la cultura popular tradicional; en general, de la vinculada a los territorios periféricos del Estado.
Bermeoko Txosnak
29/8/2019 1:57

BAIUCA actuará en las txosnas de Bermeo el viernes 13 de septiembre, en sus fiestas mayores que van del 6 al 16 de septiembre, siendo el 9 el día del marinero http://www.noizagenda.com/agenda/57021/ozhen-nogen-baiuca

0
0
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.