Música
HipHopAteneu. Atitude dunha crew interxeracional

Por que no pop non existe a expresión de comunidade que hai no rap? Como funciona una crew de hip hop interxeracional? A continuación contestamos a estas cuestión a través da experiencia persoal do imaxinativo produtor santiagués Pedro Cuntín, “PicoAmperio”, membro do coletivo HipHopAteneu.

Pedro Cuntin, PicoAmperio
Pedro Cuntin, también conocido como PicoAmperio. Foto cortesía de Belén Cordero.
13 sep 2019 07:00

De Pura Mestura á súa actual asociación con Laura LaMontagne, Pedro Cuntín, aka “PicoAmperio”, é un exemplo vivo do crecemento musical e persoal dun creador aboado á conciencia underground do hip-hop. Dende as súas primeiras vivencias na urbanización Os Tilos, preto de Santiago, intúense os pasos dunha progresión que xa prende raíces na súa contorna da infancia. “A afección que teñen meus país polo jazz sempre estivo presente na miña casa. Esas sonoridades africanas, negras. As orixes do hip-hop proceden de aí. Nun determinado momento, logo de mamar esa influencia no fogar, dinme de conta de que a música que naquel entón facía a peña da miña quinta ía en sintonía co que me inculcaran dende pequeno”.

Da súa nenez, empapado en sonoridades de espírito afro, o autodidatismo converteuse no santo e sinal para cubrir as inquedanzas derivadas da picada rap. “Nun obradoiro sobre turntablism descubrín realmente o que era facer scratching. Eu tiña dezaseis anos, cunhas pelas da comuñón embarqueime sen moita idea de como se facía, e sen un referente concreto. A verdade é que nunca fun unha persoa que tivera un ídolo. Este tipo de movidas nunca foron moito comigo, senón máis como un rollo en xeral, que me contaxia, que me empurra a iso”.

A negación do ídolo é unha das características centrais dunha mentalidade que sortea a submisión típica dos valores do pop e o rock, onde a adoración do ídolo é un abono do fan(ático) e un sustento do adorado. Dende o outro extremo, unha característica común de toda crew hip-hop allea ao mainstream sempre foi rachar coa barreira entre músico e ouvinte a través da interacción a todos os niveis, xa sexa a partir de colaboración, jams ou dun crisol de alianzas espontáneas. E, sobre todo, unha mentalidade que Pedro recoñeceu como propia ao entrar no HipHopAteneu de Santiago, en 2012.

“Foi un momento tamén de aposta común de todos nós

“O colectivo funcionaba por horizontalidade total. Faciamos quedadas para tomar decisión sobre que proxectos, cousas que nos incumben a todos. O colectivo naceu no ano 2000 da iniciativa dun grupo de persoas novas da comarca de Compostela, ante a necesidade de crear espazo-tempos paa desenvolver proxectos comúns dende unha perspectiva non comercial e autoxestionada en clave hip hop. En 2013 fixemos o “HHA-XIII ###”, un falso directo cos que estábamos no colectivo. Foi un momento tamén de aposta común de todos nós: os que facían graffitis, non só os que se dedicaban á parte musical; desa xente que entrou, saíu. Mais basicamente todos eran libres, cada quen autoxestionábase. Era algo mútuo: unha representación anticomercial e antiautoritaria da música. Ninguén rapeaba “puta” ou frases machistas, por exemplo. Non era unha mensaxe explícita, cutre tipo “puto Rajoy”. Parecíanos un pouco ridícula esa forma de facer hip-hop. Ao final, nomear a políticos é moi evidente. Nós falamos de cousas máis profundas: da liberdade de expresión. Tiñamos un pensamento máis anárquico. Sen pretensións. Un Ateneu hip-hop. Niso baseábase, practicamente”.

Como ben explica Pedro: “O HipHopAteneu xa levaba funcionando, máis ou menos, dende o ano 2000. Xuntábanse para facer rap e graffity, basicamente. Eran peña doutra xeración, levábanme uns dez anos. Estaban xa moi metidos no rollo anti comercial, tocando en espazos moi alternativos. Movémonos case sempre en centros sociais, okupas”. E en viaxes, como o da Casa Viva, en Porto: “Esa foi unha experiencia moi importante. Alí coñecemos xente de Setúbal, que nin sequera rapeaba en portugués, facíao noutras linguas. Aí decátaste de que tamén existe unha subcultura. Alí tocamos Pura Mestura, Furnier. Todos éramos amigos. Eu era o DJ de Pura Mestura e de Furnier. Por aquel entón xa levabamos tocando un tempo xuntos”.

“O noso ambiente nos sitios onde tocábamos nunca fora hip-hopero como tal

Furnier é autor de trebellos de barricada a reivindicar como “Pluvio”, o seu inspirador álbum de 2016. O fluxo creativo do colectivo prende a través de figuras tan interesantes e inquedas como Rubén Melide, Black Dahlia, Skillfull ou Pura Mestura. Unha mestura interxeracional de grupos que compartiron proxectos e vivencias dende a posición dun movemento musical tremendamente minoritario nos pulmóns da cidade santiaguesa, o cal deriva en que “o noso ambiente nos sitios onde tocábamos nunca fora hip-hopero como tal. Nese aspecto si que notamos desconexión a como te catalogan. Nunca nos sentimos rapeiros. Facemos hip-hop ou música rap, pero non nos viamos con ese rollo da gorra ao cen por cen. Íamos vestidos con roupas anchas, pero en certo momento velo como unha estética moi banal. Nese aspecto, sempre estivemos máis rodeados de xente punki que de ambiente hip-hopero. Era cultura da vida independente, de facer as cousas doutra maneira. Moi alternativa”.


En pleno 2019 o HipHipAteneu agoniza, pero tamén motivado por unha norma non escrita dentro da mesma apertura da conciencia hip hop: evolucionar e evadir o típico inmobilismo doutra clase de reunións en torno a estilos de vida culturais concretos como os mods, rockabillys e demais pregoeiros da pose estática.

“Todo nace da mesma semente, o tambor e o canto

A diferencia da oda aos principios anti progresivos, a mesma esencia multicultural do hip-hop reverte nunha viaxe sen retorno cara territorios cambiantes. Inquedanzas artísticas que, no caso de Pedro, arrastrárono a xuntarse cunha espeleóloga da trans-cantiga galega como Laura LaMontagne, con quen está a asfaltar estradas de sons cara a comuñón transoceánica de músicas abertas. Ou o que se entende como a mutación constante como forma de supervivencia. Metamorfose da liturxia hip-hop ante curmáns-irmáns coma o trap. “As liñas instrumentais entre o hip-hop e o trap cada vez esvaécense máis”, recoñece Pedro. “A xente está cada vez máis informada. O hip-hop quedou co mellor dos comezos, ou o peor. Vai ti saber. Se retrocedes no tempo, todo nace da mesma semente, o tambor e o canto. E todo ven do transo, de levar a mente a otros estados grazas á música”. Quizais a metáfora máis lóxica acerca da súa excursión sen rede pola enredadera do tempo, e unha forma de filosofía vital baixo o credo da permeabilidade do hip-hop underground.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música
Música Kneecap, un “tiro en la rodilla” irlandés al ‘artwashing’
Los niños malos del rap irlandés, Kneecap, desencadenan una cascada de cancelaciones en solidaridad con Palestina en el festival estadounidense SXSW, donde participan el ejército y varios de sus contratistas que venden armas a Israel.
Música
Sara Hebe “Yo no soy una gran cantante como Mercedes Sosa, soy una perra punk”
A Sara Hebe nunca le ha llamado una discográfica. Esta rapera argentina asegura que su música no es amable. Sus canciones no suenan en la radio pero ha conseguido triunfar saltándose las reglas de la industria, a golpe de trabajo y carretera.
Música
Elio Toffana “En la aparente desventaja mediática está nuestra fortaleza como artistas”
El rapero y actor de Aluche Elio Toffana cierra 2022 con el lanzamiento de su nuevo trabajo, ‘Shock wave’, el cuarto de su carrera en solitario, y el estreno de una serie para Movistar, ‘El inmortal’.
Antía
21/9/2019 0:30

por que hai tantos erros no texto? por que se mistura o español co galego?... non entendo

0
0
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.