Música
A luthería galega, referente internacional

A construción de instrumentos musicais en Galiza é hoxe un oficio con diversidade e proxección exterior. Ten, ademais, un pasado medieval moi importante no Reino de Galiza e posterior.
Instrumento Luthier
Laúde Raphael Mest do luthier César Árias.
@Margatojo
19 may 2023 12:00

Trátase dun oficio complexo e moi especializado. Require destreza manual, coñecementos técnicos e teóricos, e formación musical. Non existe apoio institucional definido, máis ben descoñecemento e desatención. Tampouco formación regrada, nin recoñecemento académico. A maioría aprende co mecenado doutros luthiers e de xeito autodidacta. E, malia isto, hai unha realidade bastante ignorada: a luthería galega é, a día de hoxe, un gremio diverso de moita proxección internacional.

Este é o resultado dunha conversa con integrantes de Labra, a recén formada Asociación Profesional de Luthiers de Galicia, no marco do seu primeiro encontro aberto a todos os públicos, esta fin de semana, no claustro do Colexio Maior Santo Agostiño de Compostela.

“Como autocrítica, somos un oficio solitario”, relata César Arias, luthier de instrumentos antigos de corda pulsada afincado en Padrón e vocal da asociación. “Decidimos facer un esforzo como grupo e unirnos para ter máis forza. Queremos que se coñeza a construción de instrumentos musicais galega, porque a calidade actual é enorme. A lista de luthiers e de familias instrumentais resulta profusa, tanto en música antiga, en corda frotada e pulsada, e en vento metal, como en violíns e guitarra clásica, eléctrica e acústica, ou, por suposto, na música tradicional de gaitas, zanfonas, percusión… Na maioría dos casos acoden como clientes intérpretes de todo o mundo”.

Asociación Luthiers Galiza
De de esquerda a dereita: Suso Gestal, Francisco Luengo, César Arias, Tony Esparís e Ana Fariña. Marga Tojo

Agroman datos e escenarios converxentes nas biografías profesionais: paso por talleres alleos onde aprender técnicas, gosto pola experimentación, afán de compartir coñecementos e creación de estilos propios.

Arias estuda guitarra clásica en Barcelona cando entra en contacto cun luthier francés afincado na cidade e descobre con paixón o oficio. Interesado nos traballos de Francisco Luengo sobre a reconstrucción dos instrumentos do Pórtico da Gloria volta a Galiza, onde se converteu nun recoñecido construtor de modelos baseados en orixinais dos séculos XVI a XIX.

O fito da reconstrución dos instrumentos do Pórtico

A reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria considérase un fito. Parte dun convenio de 1991 coa Fundación Barrié de la Maza impulsado polos catedráticos de Música da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Carlos Villanueva e José López-Calo. Falecido no 2020, o Colexio Maior Santo Agostiño conserva a biblioteca de textos sobre música de López-Calo, a máis importante de España, coa custodia da USC. De aí a relación co gremio.

Dos 21 instrumentos que aparecen no tímpano central do Pórtico fabrícanse 19. A cargo das violas ovais está Luengo, construtor de instrumentos de corda frotada de épocas anteriores ao XIX. Como a maioría, faise músico antes de iniciarse na luthería e, como moitos, das dificultades para acceder a determinada instrumentación prende, aínda adolescente, a decisión de empezar a construíla.

Non existen datos co nivel dos que ofrece o Pórtico da Gloria. Constitúe o documento románico -protogótico- máis importante en representación de instrumentos

Non hai outros países con proxectos do alcance da reconstrución dos instrumentos tallados no obradoiro do Mestre Mateo, e sobre todo, non existen datos co nivel dos que ofrece o Pórtico da Gloria. Constitúe o documento románico -protogótico- máis importante en representación de instrumentos. “Pola calidade, o detalle nos elementos, fundamentais para a comprensión de como funcionaban e de que era o que esperaba un músico do século XII do seu instrumento”, explica Luengo.

En Galiza aparece representación de instrumentación moi abundante desde o século XII, coincidente co esplendor da lírica medieval trobadoresca. Atópase na Catedral de Santiago, no Pazo de Xelmírez (tamén reconstruída), en Carboeiro, en Portomarín… “As nosas investigación”, continúa, “fannos concluír que estamos ante unha escola medieval de construción de instrumentos moi importante no Reino de Galiza e posterior. Asemade, atopamos representación un século antes aquí que no resto de Europa. Son pioneiros e ten sentido: a lírica e a música van da man”.

Estamos ante unha escola medieval de construción de instrumentos moi importante no Reino de Galiza e posterior. Asemade, atopamos representación un século antes aquí que no resto de Europa

“No lutherismo de instrumentos antigos, Galiza é unha potencia. Ás veces pénsase en Cremona, pero Galiza é referente”. Fala Tony Esparís, vocal de Labra. “Acontece algo parecido con outros, como as guitarras e Granada, cando en Galiza hai tamén excelentes construtores, con moita proxección”, engade Arias.

Esparís fabrica instrumentos de vento metal especializados na música antiga. Apaixoado da experimentación manual, comeza na luthería tamén pola dificultade de acceso á instrumentación. Pola falta de tradición galega na construción de trompetas e trombóns fórmase traballando de balde no taller dun luthier holandés e logo de xeito autodidacta. Subliña a solidariedade gremial: “Sen o apoio de compañeiros do sector como Luengo ou Arias, non me sería posíbel chegar tan lonxe”.

A longa tradición das gaitas

Segundo estudos do luthier Pablo Carpintero, no sur peninsular, da provincia de Pontevedra a Portugal, hai gaitas que se empregan desde a Idade Media, como a que pertence ao pontevedrés Xan de Campañó, para a que calcula unha datación de entre 550 e 600 anos. Das coñecidas, a máis antiga do mundo. E existe tamén iconografía de gaitas, por exemplo, nas Cantigas de Santa María, do século XIII.

Suso Gestal, secretario de Labra, fabrica instrumentos musicais de vento, principalmente gaitas e frautas traveseiras. Como a maioría dos luthiers, é músico antes que construtor. Iníciase na luthería na Escola de Artes e Oficios de Vigo e perfecciona o oficio de maneira autodidacta. “Habitualmente comezas construíndo instrumentos replicados doutros que che gustan, vas collendo influencias e, coa experiencia, comezas a prototipar os propios, que che permiten ter a túa personalidade á hora de construir”, conta. Gestal aboga por un mellor acceso á formación, cohesión e profesionalización.

Axudar a mudar a fenda de xénero na luthería

A luthería é un oficio onde se percibe a fenda de xénero. Axudar a mudar esta cuestión está na listaxe de obxectivos de Labra. Medrar en Compostela posibilítalle a Ana Fariña, vicepresidenta da asociación, ter presente o proxecto do Pórtico. Iníciase no obradoiro de luthería antiga da Escola de Artes e Oficios de Vigo, de aí pasa ao taller de Arias e despois á London Metropolitan University.

“Hai unha fenda enorme no mundo da música tradicional. É algo que precisa reflexión, mais pode ser debido aos oficios de madeira seren tradicionalmente masculinos” sinala Fariña

Fariña constrúe, repara e restaura instrumentos de corda fretada, principalmente violín e cellos. “No que eu fago a paridade é superior, mais hai unha fenda enorme no mundo da música tradicional. É algo que precisa reflexión, mais pode ser debido aos oficios de madeira seren tradicionalmente masculinos”. E contra isto, propón iniciativas como as que se fan ao abeiro de Women in lutherie, unha rede que recoñece os traballos e impulsa o mecenado entre construtoras.

Enlazar na investigación co pasado medieval

“No noso caso”, explica Luengo, “estamos na seguinte fase dos traballos de reprodución de instrumentación: a interpretación. Cómpre un gran equipo de intérpretes que descubran todas as capacidades musicais, e, no posíbel, coa música dos trobadores galegos, e as Cantigas de Santa María, que son o repertorio axeitado. É decir, en Galiza temos un completo: a música, os instrumentos e os construtores. Hai que poñelo en valor e aproveitalo”.

Malia o declive político e a merma do peso cultural medieval, a construción de instrumentos nunca se ve interrompida en Galiza, grazas á música popular. Para Arias, “ese pasado glorioso, que é único e que pertence a Galiza, ten un paralelismo no presente, no sentido de que ambos os dous son pouco coñecidos e merecen maior divulgación e apoio”.

Que é LABRA?

Labra é a Asociación Profesional de Luthiers Galegos. Unha labra é unha viruta da madeira, do traballo coa gubia ou co cepillo. Labra fala tamén de traballar a madeira, de labrala.

O sector da construción de instrumentos musicais engádelle valor á industria cultural de Galiza e tamén á cadea produtiva da madeira galega. Neste sendido, LABRA pretende crear unha rede viva entre as persoas que se adican á construción, reparación e restauración de instrumentos musicais. Ten como un dos obxectivos ser un punto de referencia e de información para calquera persoa e institución interesada. Pretende promover a conciencia ecolóxica e o crecemento económico do gremio, ademais de traballar activamente pola regulación laboral e protexer a profesionalización do sector, ofrecendo asesoramento laboral, fiscal e técnico para os membros. Así mesmo, a asociación está implicada no fomento da igualdade de xénero no sector.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Patrimonio cultural
Historia Cuidadoras invisibles también en el patrimonio
Numerosas mujeres, sin obtener reconocimiento, se han encargado de preservar lo que más tarde se consideraría patrimonio cultural. Sin ellas, es posible que hoy no pudiéramos admirar la majestuosidad de ciertos espacios.
Patrimonio cultural
Andalucía Antonio Manuel: memoria y flamenco
Con motivo de la publicación de su última novela conversamos sobre varios asuntos con Antonio Manuel en el Corral del Carbón de Granada.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.