Música
Mercedes Peón: “Sen tensión non hai transversalidade, senón unha pirámide”

Deixaas, o novo álbum da cantante, compositora e performer galega instiga deliberacións, estimula o espíritu crítico e invita a profundizar, porque ten un campo magnético inexorable. Costa desentrañalo, pero vale a pena deterse nel o que faga falta.

Mercedes Peón_1_Gal
Mercedes Peón, abrindo portas. David F. Sabadell
8 jun 2018 08:30

Mercedes Peón leva máis de media vida –agora ten 50– indagando no feito creativo desde perspectivas moi diversas. O colectivo e o individual, o propio e o alleo, a tradición e a innovación, o reflexivo e o intuitivo, ábrense paso nunha obra de profundo calado, recoñecida en toda Europa. Deixaas, o seu quinto álbum, é un traballo que destaca pola intensidade, abertura de miras e valentía. Un disco de espírito caleidoscópico no cal encontramos spoken-word, efluvios xamaicanos, son industrial, poesía da India e paisaxes ambientais. Tamén cavilacións sobre o xénero, a identidade, as relacións de poder e o papel crucial que a linguaxe e as linguas xogan nas nosas vidas. Cómpre escoitar o seu cálido e sereno discurso coa maior atención posible. Artistas así non abundan.

Dis que che encanta esta temperatura que temos hoxe. Onde vives?
Vivo nun val, en Oza dos Ríos, na provincia da Coruña, moi pretiño de Betanzos.

É a túa terra de toda a vida…
Non, eu nacín na Coruña, nun barrio obreiro que estaba moi preto do mar, preto de onde se facían as descargas para os barcos, pasan por debaixo tubaxes que van á refinaría… Unha zona medio industrial, non coma Ferrol. Tiña o campo moi pretiño, o Monte Das Moas. E a praia pegada. Oza, chamábase. Alí fixeron uns estaleiros. E a moi pouquiño tempo do centro da cidade. Oza dos Ríos é onde naceu a miña nai e é onde vivo actualmente desde fai 17 anos. E onde meus antepasados e antepasadas están desde 1600. Somos como cogomelos, hai escritos sobre a miña familia desde séculos atrás. Pero nacín nesa cidade, desde os cero aos tres anos, que parece ser que é cando se conforma, en certa medida, a nosa personalidade. Baixo eses estímulos, pero tamén co estímulo marabilloso dos meus avós e dese lugar tan harmónico como era esa pequena aldea en Oza dos Ríos.

Parece lóxico que unha parte das fontes sonoras que escoitamos no disco proveña dun estaleiro [as instalacións de Navantia en Ferrol].
Ben, non está feito con esa intención, pero houbo un frechazo cos sons do estaleiro. Primeiro pola arquitectura, que e abraiante e fermosa, moi fermosa. Tamén pola forma en que se constrúen os barcos, esa grandiosidade, estamos falando de portaavións. Todo o naval é impresionante. Tamén está a reflexión de que se trata de algo militar, ese amor contradictorio. Falando de sons, impactoume moito o son dos metais, como se construía, como se creaban espazos, polifonías. E a humanidade que hai alí.

Toda a xente que está traballando, vaia.
Non é tanto iso. Agora estamos acostumados a ver os traballos máis mecanizados, como unha cadea, a xente vai un pouco zombi, traballas e non sei que… Non, non, falamos do berce do sindicalismo. Alí as persoas teñen formación política, en calquera extracto. Se botaron fai cinco anos 3000, ninguén se esquece diso, é do primeiro que falan. Hai unha tensión entre a industria, que ten que habela, porque senón serían seres sumisos… e ademais ten que haber un diálogo… E creo que o hai… Pero esa tensión existe e é marabilloso, porque é unha cidade con vida.

E interesante esta formulación da tensión como algo positivo, como estímulo nun contexto que quere abolir realidades como a dor, os problemas, as tensións.
É que forma parte. Se non, non hai transversalidade, senón unha pirámide, liderados, poder. Hai momentos para todo, alguén ten que tomar a decisión, vivimos nun mundo moi complexo, pero podiamos cambiar o paradigma. O paradigma de que os nosos desexos non estean mediados. Sería interesante reflexionar con base niso. Polo menos eu exprésome así. E desde a tensión, tamén.

No momento en que subo á escena estou instalada no trance. Saio con esa intención, ter o trance eu

Leva tempo aprehender todo o contido deste disco. Non é un traballo que se asimile de inmediato. Por exemplo, nas páxinas do libreto chama a atención a cita en alemán, que traducida vén a dicir "en inverno, especialmente en inverno, todos os camiños conducen ao centro comercial”.
Si, é un poema de María Reimóndez, poeta e escritora galega, políglota e intérprete. Esta muller incrible iniciou unha ONG que se chama Implicadas polo Desenvolvemento. Somos 190 socios e socias, somos poucas, pero moi activas. Elas crean pontes saltando o hexemónico. A ponte que se construíu [na canción Linguas Elementais] foi desde a palabra de poetas galegas e de [o estado Indio] Tamil Nadu. Pedíronme que fixese música. Hai un poemario con todas as traduccións ao galego de poetas de Tamil Nadu que e fortísimo, desde un punto de vista anticolonialista e feminista. Pon os pelos de punta. Púxenlle música a un poema de Yolanda Castaño, que creo é unha das poetas máis relevantes do seculo XXI, e tamén á dos [poemas] de Sukirtharani invertindo os papeis. Normalmente desde o punto de vista colonialista o que se fai é tomar o de fóra como exótico, como algo belo. Se se entende ou non é o de menos. Algo é algo. O que se fai neste caso é levar o exótico ao entendemento, tradúcese e interprétase, e dáse o espazo directo do seu significado. Un significado que che pega un bofetón, ademais. Utilizo o poema de María Reimóndez sen saber o que dicía, como exótico. Utilizo unha lingua hexemónica, o alemán neste caso, como algo belo, porque me resulta así desde un punto de vista musical. Useino sen saber moi ben o que dicía, e colocándome nun lugar periférico para min mesma, sen tentar adoutrinar ninguén, para quitar de enriba as adherencias de fantasías aceptadas que non me interesan o máis mínimo. E nesa reflexión aparece o poema de María coa sorte de que dicía isto, que todos os camiños levan ao centro comercial. Ten moito que ver co desenvolvemento do meu pensamento de que, no momento en que se extirpa un idioma –o [idioma] que nace nun lugar cunha creación colectiva determinada– extírpanse tamén os desexos primixenios.

O idioma, de feito, é motivo de reflexión continua no disco. A linguaxe non só como vehículo de coñecemento, también de empatía, de sentimentos e de amor.
A premisa da antropoloxía moderna é esa. Podes ir investigar outra cultura, pero o fundamental é que fales o seu idioma. E tes que saber que ao coñecer esa cultura o que fas e xulgar a túa. Nese choque, nesa tensión, nesa relación, comezas a te dar conta do que pasa co teu centro. Que é subxectivo, como todos os centros. Pero déixame dicir tamén que eu non falo polaco e teño unha relación moi bonita con Warsaw Village Band. Non falamos un idioma común pero si que acontece a linguaxe abstracta da música. E tocámonos moito, abrazámonos moito e temos experiencias encarnadas, sen linguaxe.

Mercedes Peón_2_Gal
A artista Mercedes Peón presenta novo traballo, ‘Deixaas’. David F. Sabadell
Ese interese polo idioma e as cousas que nos pode brindar aparece sobre todo en “MK”.
Si, é unha canción que está inspirada na protagonista dunha novela de María Reimóndez que vai dunha moza que nace en Tamil Nadu. Fala da súa avoa, que era activista política, porque na India votouse antes que en España. Aínda que tampouco é tan raro que se votase en calquera lado antes que en España. Na India teñen unha tradición democrática que eu non coñecía. MK é unha muller negra nacida en Tamil Nadu, cuxa familia se ve obrigada a emigrar e acaba sendo unha súper estrela, como Madonna. Ao estar tantos anos en Escocia acaba esquecendo o idioma. Pasado moito tempo volve á súa aldea, atópase coa súa mellor amiga e non a entende. Imaxinade a frustración. Hai que imaxinalo: volves á túa orixe e entendes os fonemas pero non os conceptos. Aí xurdiu a canción, desa vivencia da protagonista da novela.

Deixaas, a canción, induce un trance a través da mecánica.
Si, creo que é pola cuestión polirrítmica. A polirritmia ternaria e o [ritmo] binario ordenando todo isto. O ritmo do noso fluxo sanguíneo. Sempre que aparece o tres [rítmico], colócanos nun trance. A min colócame en trance cantar ad libitum. Cuestión de osíxeno, por como retés o aire. O trance non é unha pretensión. Búscoo e, se o consigo, faime moi feliz. A min lévame aí.

Por que esa busca do trance?
No momento en que subo á escena estou instalada no trance. Saio con esa intención, ter o trance eu. Para expandilo. Saio con esa actitude.

Ten que ser cansado.
Non, é harmónico, porque o tempo para. Se hai un eforzo, mal imos. O trance, en certa medida, é estar moi presente. E hai que saír con moita modestia e humildade.

Cabo de min ten un compoñente xamaicano moi atractivo. E unha parte desa linguaxe ten que ver co asunto da liberación.
Non hai unha reflexión sobre isto, non son gran coñecedora. Neste caso é unha cuestión estética, porque o reggae parte do [compás] 6/8 e a muiñeira é ese mesmo compás. O reggae é moi moderno, do século XX, non é tradicional. A tradición é creación colectiva, pode ser que pasen tres ou catro xeracións e acabe sendo tradicional, pero o reggae é popular en Xamaica. Utilizo ese tipo de arranxo porque é perfecto para calquera melodía e ritmo ternario de Galicia. O dunha compositora galega, non ten por que ser de música folclórica tradicional.

Linguas Elementais é o momento máis explícito do disco. O máis chocante tamén. E aquí a lingua é a clave para articular accións, non só discursos, esta vez no ámbito feminista.
Creo que neste disco non hai discurso. Porque está cheo de contradicións. Estamos á intemperie. É iso. Poñémolo á vista, porque podemos. O que pasa aquí, sobre todo con estas mulleres poderosísimas, é acción. Eu o que fago é crear o contexto musical. Non moi amable, porque é o que pide.

Creo que neste disco non hai discurso. Porque está cheo de contradicións. Estamos á intemperie

É que a idea de estar á intemperie tampouco é amable.
Nese sentido o que non hai é pudor. Si moita enerxía. E miradas periféricas que, no momento que foron xerais, serían hexemónicas, e entón teriamos que facérnolo ver. Creo que é interesante parar no pensamento de Sukirtharani, sobre todo como mostra o pensamento no seu corpo. Ou Yolanda Castaño, que está dicindo por que non se vai deitar contigo. Pero non dunha maneira simple, está falando desde un lugar en certa medida urbano, de superficialidade, en contraposición con Sukirtharani que é o corpo desencarnado. O que hai é acción, si. Creo que neste disco o que hai pola miña parte é moitísima observación.

E iso é algo novidoso na túa obra?
[Dubida] Pois ao mellor non. Hai máis observación neste, deixo espazo para desenvolvementos intelectuais doutras persoas. Ocorre esa observación sobre accións sociopolíticas. Sen xulgar.

En Ela propón conectas co traballo de Paul Preciado. E combinas cun clásico latinoamericano como é La Llorona, o cal non debe ser casual tendo en conta a realidade machista e de violencia contra as mulleres en México.
[Carraspea] É un grito, porque ata chegar a ese punto hai posta en escena, contextos, pero non está explicitamente gritado. Un grito de rabia, porque unha pode ser moi contrasexual e moi queer, pero creo que é unha mirada interesantísima: non existen xéneros, non existen sexos… Vas ao banco e pregúntanche se es home ou muller, ou que estado civil… O ideal sería que non existise organización por xéneros ou familias, que é iso?.. por favor… Todo isto non quita que estean matando persoas catalogadas como mulleres ou de sexo feminino. Ese é o grito da rabia. Iso é para que toda a sociedade estea chorando polas esquinas. E, dito iso, son una cría, “pequena mamífera”, porque é o que somos todos. Eles, elas, o que sexa, somos crías. Utilizo o feminino para volver ás periferias, outra subxectividade. Ela [Paul] propón algo moi interesante, que non existen os xéneros. E que pactemos a través de contratos, que non nos temos nin que casar, nin sequera ter sexo. Que non sería tan complicado. Está o grito, o enfado e a formulación de como podería ser. Ao final, o máis certo, é que somos animaliños primordialmente.

Intentando sobrevivir
Si, no século XXI. Espero que non soe mesiánico. Simplemente son unha compositora a quen lle preguntan e entón eu conto. Se colledes o CD non vai haber nada explícito, nin ides encontrar unha explicación deste tipo, pretendo as sensacións. Cóntovolo con toda a miña modestia e con todo o meu cariño.

Para iso vimos preguntarche, para saber máis sobre o o traballo.
Corríxoo pola miña forma de falar, porque ás veces son moi vehemente. Cando falo tan contundente digo "ai”. Non teño a cabeza tan ben estruturada como para dicir verdades. Son as miñas subxectividades.

En calquera caso, está ben defendelas con paixón.
Si, pero como sempre estou pendente de romper os liderados fago así, recolócome.

Dáche urticaria o liderado?
Si.

O teu propio?
Si, claro, porque son bastante líder.

Lidar co liderado non é cousa fácil.
No meu caso rompelo é máis sinxelo porque nacín catalogada muller. É máis fácil porque estás nunha subalternidade. Defínelo con máis rapidez.

Sempre fuches líder?
Non, nunca fun líder de nada, pero doume conta de que na miña contorna teño peso.

Esa percepción tivéchela sempre?
Si.

Incomódate?
Si. Pero non sei se é unha aprendizaxe por subalterna. Aí están as contradicións da persoa, porque nacín nun seo familiar moi patriarcal. Ves a miña compostura e é moi feminina. Non sei se isto é orixinario ou aprendido. Probablemente aprendido. O máis seguro.

Arquivado en: Música Feminismos Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Música
Festival de Valdencín Música y reivindicación: así fue el II Festival Tejiendo Redes en Valdencín
Reivindicando el espacio de las mujeres en la música, Valdencín (Cáceres) se convirtió el 9 de noviembre en el escenario de una celebración que trascendió lo meramente musical: la segunda edición del Festival Tejiendo Redes.
Euskal Herria
Kortatu El “Sarri, Sarri” suena en la cárcel de Martutene y el Gobierno Vasco no volverá a permitirlo
Tras las críticas de Covite, PNV y PSE-EE apuestan por una postura unitaria que pasa porque el departamento de Justicia y Derechos Humanos endurezca los requisitos para los actos culturales dentro de las penitenciarías.
Opinión
Opinión Quan isc a buscar l'alegria (carta de amor a València)
Muchas aprendimos a amar València a kilómetros de distancia gracias a una cultura musical y antifascista llena de luz y de sal, de ardor y de dulzaina, de voces que pusieron letra y sonido a nuestros malestares.
Dana
València Mazón se atrinchera detrás de un militar y cierra su crisis de gobierno
El president valenciano ha remodelado el Consell de la Generalitat dando salida a dos conselleras y fichando un general en la reserva para la vicepresidencia.
COP29
Cumbre del clima La propuesta de los países ricos para cerrar la COP29 enfurece a las naciones en desarrollo
El Norte global, causante histórico del cambio climático, propone 250.000 millones de dólares anuales para la adaptación y mitigación climática del Sur, cuando el propio borrador del acuerdo establece que al menos serían necesarios cinco billones.
València
Dana La Diputación de València adjudica a dedo otros 735.000 euros a una empresa de Gürtel para obras de la dana
El gobierno del Partido Popular contrata por el procedimiento de emergencia a CHM Obras e Infraestructuras, que tienen detrás a los hermanos Martínez Berna, condenados en el marco del 'caso Gürtel' a un año y nueve meses de prisión.
Líbano
Guerra contra Líbano Israel mantiene la intensa ofensiva en Líbano a pesar de las órdenes de detención y de las negociaciones
Las tropas israelíes bombardean provocando un desplazamiento civil que desborda las capacidades del país. Beirut Urban Lab denuncia que el objetivo de la destrucción masiva de edificios es evitar que las personas regresen a sus barrios y pueblos.
Argentina
Argentina El Bonaparte: la historia del hospital de salud mental que le torció el brazo a Milei
Es el centro referente en Argentina para tratamientos de salud mental y adicciones. Javier Milei intentó acabar con él, pero los profesionales sanitarios y los pacientes del hospital no lo permitieron. Esta es su historia.
Opinión
Opinión Vacío y censura en el colonialismo del interior
VV.AA.
La historia está siendo escrita con un silencio cómplice con el genocidio y mediante la censura a su condena. El silencio implica un precio terrible, pues consolida el borrado impune de la existencia, la cultura y el futuro del pueblo palestino.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Italia
Italia Milán, cuando la ciudad de las oportunidades se hace inaccesible
Ya quedan pocos talleres, farmacias, peluquerías o papelerías de barrio en Milán, y el precio de la vivienda aniquila su población originaria.
Brasil
Brasil Bolsonaro es acusado por la policía del intento de asesinato de Lula da Silva para dar un golpe de Estado
El expresidente tenía “pleno conocimiento”, según la policía brasileña, de un plan para asesinar a los elegidos por el pueblo para ser presidente y vicepresidente después de las elecciones de 2022.
Opinión
Opinión Yo he venido aquí a licitar
El capitalismo de licitación, o capitalismo licitador, es el modelo económico que mejor define las prácticas que los diferentes gobiernos del PP valenciano han llevado a cabo a lo largo de la historia.
Cine
Cine Nicolás Pereda, el Hong Sang-soo mexicano que habla de clases y desigualdad con humor (extraño)
El realizador presenta su último largometraje, ‘Lázaro de noche’, una comedia contenidísima sobre los deseos y sobre el trabajo cultural, en el marco de L’Alternativa, Festival Internacional de Cinema Independent de Barcelona.
Opinión
Opinión El TPI finalmente emitió las órdenes de arresto contra Netanyahu y Gallant. La lucha está lejos de terminar
La corte ha emitido órdenes de arresto contra el primer ministro israelí, Benjamin Netanyahu, y el ex ministro de Defensa, Yoav Gallant, por crímenes de guerra cometidos en Gaza. Como resultado, ambos no podrán viajar a al menos 124 países.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Los sindicatos denuncian a la Comunidad de Madrid por exponer a sus sanitarios a “gravísimos” riesgos
Solicitan la mayor indemnización económica pedida contra una administración por no contar con un verdadero plan de prevención de riesgos laborales para atención primaria.
Baleares
Crisis política La ciudadanía de Formentera se planta tras un año de parálisis institucional en la isla
Centenares de personas se concentran bajo el lema “Deim prou” para exigir un Gobierno estable y transparente ante la crisis institucional en el Consell Insular.

Recomendadas

Estados Unidos
Hari Kunzru “En EE UU hay dos tipos de nazis: los que llevan botas y los que llevan corbata”
El escritor británico reflexiona sobre la victoria de Donald Trump y cómo los conservadores han movilizado teorías como la psicología evolutiva para renovar sus posiciones y plantear una batalla cultural en foros online o redes sociales.
València
Exclusiva El Gobierno de València contrata 12,9 millones en obras de la dana a una constructora investigada por pagos al cuñado de Barberá
La Generalitat Valenciana ha hecho el encargo a Ocide, una empresa cuya matriz está siendo investigada en el caso Azud por pagos “de naturaleza ilícita” al abogado José María Corbín a cambio de contratos adjudicados por el Ayuntamiento de València.