Música
Os Resentidos, Galiza caníbal

Catro décadas despois da súa formación, cómpre lembrar por que Os Resentidos poden ser considerados como a pedra filosofal do actual florecemento da música feita en galego. As claves, aquí abaixo.
Os Resentidos 1
Os Resentidos nunha actuación en 2016
12 abr 2023 11:48

Que a música galega está a pasar por unha idade de ouro está máis que ratificado grazas a propostas tan orixinais como as levadas a cabo por Malandrómeda, Mercedes Peón, LaMontagne & PicoAmperio, Chicharrón, CRNDS ou Emilio José. Todas estas manifestacións do rabioso cromatismo que desprende a liturxia pop atlántica dos nosos días responde ao efecto arañeira xerado por un grupo que fai corenta anos cambiou as regras do xogo para sempre. O seu nome obedece ao de Os Resentidos e a súa revolución (unha de tantas) foi a de utilizar a lingua de Rosalía de Castro para forxar as súas benditas elucubracións postpunk do absurdo galaico. Unhas rebozadas nunha redefinición alucinada da típica retranca galega.

Procedente do Vigo industrial dos anos 80, o grupo liderado por Antón Reixa foi o único de entre todos os integrantes da chamada movida viguesa que ampliou horizontes de conquista cantando en galego. Nin Siniestro Total nin Golpes Bajos expresaron unha ostentación tan estruendosa da súa terra, o cal en pleno 1986 podía levar ao desconcerto cando o público fóra de Galiza atopábase a un grupo con gaitas sintetizadas, levando o surrealismo galego a cotas de liserxia difícil de asimilar para a gran maioría. Sobre isto mesmo, Reixa explicaba o seguinte naquel ano: “Cando empezamos a xira este verán eu estaba un pouco cagado. De súpeto aparecemos tocando en Cádiz. Ademais, era o primeiro concerto da xira, e a min facíaseme, e aínda se me fai, moi duro tocar fóra de Galiza. En castelán nótaseme o acento e tal... Por iso fago como os ingleses, que carallo. Canto na miña lingua e xa está. Aquela vez presentáronnos como o grupo máis galego de todos os galegos e non houbo ningún problema. A xente sabe aceptalo. Polo menos, a maioría. Os galegos somos dun país pobre, de currantes. En todo o verán non tiven ningún problema por falar en galego. Notas maior ou menor distancia, pero a diferenza non é tanto polo idioma, senón polas connotacións do que dicimos, que ás veces se perden. Se eu nunha canción fáloche de Castromil, aínda que cho traducise ao castelán tampouco o entenderías. Que collóns sabes ti, aínda que cho diga en castelán, que Castromil é a compañía de autobuses que percorre toda Galiza”

Foi precisamente en 1986 cando Os Resentidos alcanzaron o momento máis exitoso da súa carreira por medio do single “Galicia Caníbal”, pertencente a Fai un sol de carallo, o seu segundo LP, publicado aquel mesmo ano. Dese mesmo tema publicaron un videoclip que, ante todo, reflicte a idiosincrasia dun grupo que exhalaba modernidade polos catro costados, sendo capaces de facer que as imaxes se movesen coma se Iván Zulueta se tivera obsesionado con pensar en como José Val do Omar podería reflectir un obxectivo: os tópicos que reforzan a idea dunha metáfora central en todo o ideario daquela primeira versión de Os Resentidos, a dunha Galiza pobre, representada pola metáfora desa Etiopia que ten fame.


A cadea conformada por Galiza, Portugal e África foi o triángulo das Bermudas xeográfico mental sobre o que Os Resentidos aplicaron os seus cepos intelectuais, capaces de ser plasmados tanto en desfiguracións delirantes de cancións de Pino Donaggio, tal que en “En Kampuchea”, como en “Abdul”, onde soan coma se os primeiros Pere Ubu nacesen na costa de Vigo.

As súas diferentes conexións coa rama arty do postpunk norteamericano de finais dos 70 e principios dos 80 chegan até o mesmo nome do grupo, inspirado polo dos inclasificables The Residents.

E é que naqueles anos 80, Reixa, Alberto Torrado, Rubén Losada e Xavier Debesa tenderon pontes coas formacións amentadas e tamén con outras como Devo. Non en balde, a canción favorita de Reixa é a incrible versión que os de Athens fixeron do “Satisfacion” de The Rolling Stones.

Retomando o impacto xerado, até o día de hoxe, por “Galicia Caníbal”, no ano da súa publicación, Reixa explicaba como chegou a inspiración para o mesmo, nun acto que define á perfección as coordenadas aleatorias dun estado de retranca permanente: “Pois a frase esa vén dun día que estabamos a celebrar algo nun pub e eran as tres da mañá e botáronnos porque non lles gustaba o noso comportamento, e así como nos botaba o rexente do local cos lentes de sol postos, pois nos ía botando, e cona, que eran as tres da mañá e nós diciámoslle 'fai un sol de carallo, eh', ás tres da mañá con eses lentes! E así o de 'fai un sol de carallo' empezou a ser unha expresión que usabamos para calquera cousa, unha arma arreboladiza para calquera situación. E de aí saíu esa canción. E parece que a frase prendeu ben, eh”.

Os Resentidos fixeron da contradición o seu ‘modus operandi’

Os Resentidos fixeron da contradición o seu modus operandi. A súa mordacidade chegou a ser aínda máis agresiva, e festiva, desde o ventre dunha Galiza de mandato fraguista. O seu impacto e expansión fóra de Galicia abriu camiño de forma total e absoluta, aínda que no seu momento ninguén máis o aproveitou. Na fin, Reixa e os seus eran contemplados como unha bendita aberración que, entre outros fitos, chegaron a facer de Jei (1990) o álbum mellor considerado dese ano nas famosas listas de Rockdelux, que os levantaron a un máis que merecido número un.

Así como no seu momento Andrés do Barro fixo de “O tren” un número uno de vendas de singles en España cantando en galego, Os Resentidos levaron a súa particular revolución por medio dun LP no que adoptaron as teorías funk belicosas de Public Enemy, aínda que dentro dun disfrace de Entroido galego. O seu foi unha forma de ver o mundo con perspectiva visionaria, aínda que fóra de toda intención ou halo de pretensión na súa non mensaxe. Non en balde, así como recoñecía Reixa en 2022 ao Diario de Pontevedra: “Mira, eu vivo nunha contradición permanente: son un cabezón recalcitrante que sempre vai contracorrente. Pero, ao mesmo tempo, sinto moi cómodo co traballo artístico que veño facendo. Fun moi feliz con 'Galicia caníbal' porque esa canción cambioume a vida. Se non compuxese 'Galicia caníbal' ou non realizase Mareas Vivas para a Televisión de Galicia, non sería nin a metade do que son agora. Pero, ademais, o noso repertorio non perdeu actualidade. Ás veces até sentes como un profeta fatal, porque hai temas de fai trinta ou corenta anos como 'Sector naval' ou 'Economía sumerxida' que preferiría que pasasen de moda, pero que encaixan perfectamente co que está a pasar hoxe en día”.

Arquivado en: Culturas Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Euskera
Lourdes Oñederra “La comprensión tiene valor por sí misma, no es un mero paso intermedio”
Lourdes Oñederra destaca la comprensión lingüística como clave para abrir oportunidades y beneficios que merecen atención y cultivo.
chascarraschas
chascarraschas
13/4/2023 0:39

Case corenta anos … Manda carallo !!

0
0
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.