Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre que estea financiado polas maiorías sociais

Depois das eleccións do 18 de febreiro, a deriva conservadora e neoliberal do país continúa. Por iso, ofrecémosche seguir traballando en contidos críticos que fiscalicen o poder político e económico. Para iso, precisámoste. Subscríbete ao Salto.
2 feb 2024 14:30

Levamos 15 longos anos de gobernos conservadores e unha axenda neoliberal atroz, e va continuar polo menos catro anos máis con maioría. A Galiza que vivimos hoxe é unha sociedade moito máis hostil para as maiorías sociais que a de 2009, cando comezou esta deriva. En catro lexislaturas, a tesoira do moderado e bo xestor e o seu sucesor foron crebando os piares básicos sobre os que sustenta unha sociedade. Neste tempo, un xornal como O Salto revélase máis necesario que nunca.

Quixeron segregarnos e limitar o acceso á educación a mínimos históricos. Para iso, pecharon 145 centros de ensino público, a maior parte, escolas e institutos; autorizaron a creación da primeira universidade privada de Galiza, promovida polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas galegas que se levou 9.000 millóns de euros de diñeiro público que nunca recuperaremos; eliminaron a gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio, malia que agora fagan a promesa de recuperala; e co mal chamado decreto do plurilingüísimo, eliminaron a prioridade da nosa lingua nas aulas, fraguando o seu primeiro retroceso legal na historia da autonomía.

Pecharon centros de saúde, hospitais e camas, mentres enfrontamos as maiores listas de espera médicas do Estado

Quixeron desesperarnos ante unha sanidade que esmorece e que pon en risco as nosas vidas. Pecharon cinco centros médicos e 13 hospitais favorecendo a creación do primeiro hospital de xestión privada, o Álvaro Cunqueiro, cuxos déficits seguiremos a pagar durante décadas; reduciron case o 15% de camas dispoñibles; cederon a maior parte da xestión das residencias de maiores a empresas privadas; conxelaron a contratación de persoal médico en Atención Primaria; e ante as inconmensurables listas de espera para os centros de saúde e para as cirurxías, conseguiron que a sanidade privada siga avanzando para quen poda pagala ou para quen desesperadamente gaste os seus aforros en salvar a vida.

Loitan por manter viva ENCE, por reabrir vellas minas e son responsables das maiores fracturas sociais e medioambientais pola implantación descontrolada da enerxía eólica

Quixeron espoliar os nosos recursos naturais para regalarllos ás multinacionais que son as principais responsables da crise climática que todas padecemos. Autorizaron a reactivación das minas de San Finx e de Penouta que envelenan as nosas augas; foron cómplices na intimidación do activismo ecoloxista que as enfronta; produciron algunhas das maiores fracturas sociais e fendas medioambientais cunha implantación descontrolada da enerxía eólica que arrasa espazos de alto valor ecolóxico, especies en perigo de extinción e ameaza a cada vez menor actividade vital no mundo rural; pleiteraon para conseguir manter a fábrica de celulosa de ENCE na ría de Pontevedra; e o máis recente: trataron de tapar o desastre medioambiental dos pellets transportándonos na historia á peor parte da xestión política da catástrofe do Prestige.

Quixeron erixirse como os grandes xestores da economía e non só dilapidaron miles de millóns cubrindo as necidades dos directores das caixas de aforros, senón que permitiron a destrución de máis de 2.200 empresas, reducindo a poboación activa en máis de 70.000 persoas e cargando máis presión sobre o resto de traballadores e traballadoras. Iso explica en boa medida non só que non consigan frear a sangría demográfica do país que parece non ter fin, senón que máis de 637.000 galegas e galegos vivan en risco de pobreza.

Pretenden acalar as voces críticas reprimindo ás traballadoras da radio e televisión públicas e sosteñen a financiación dos principais medios de comunicación privados

E, por suposto, quixeron acalar as voces críticas sometendo ás traballadoras e traballadores da radio e televisión públicas a maior estratexia de manipulación xornalística da súa historia provocando unha folga que dura xa seis anos. Pero non só impuxeron un candado informativo aos medios públicos, senón que a través da financiación millonaria, arbitraria e a dedo, controlan a liña editorial dos principais medios de comunicación privados. Só en 2023 repartiulles 19,5 millóns.

Agora máis que nunca precisamos xornalismo independente financiado polas maiorías sociais

Esta síntese que che contamos puidemos seguila día a día grazas ás máis de 9.000 socias que nos apoian dende todo o Estado e ao medio milleiro que nos sosteñen dende Galiza. Puidemos porque dependemos de todas elas e non dos poderes económicos nin políticos que tentan esmagar os poucos medios de comunicación como o noso que hai no país: feitos dende abaixo á esquerda.

Logo dos resultados destas eleccións galegas, ofrecémosche un compromiso: seguir traballando en contidos que alimenten a túa capacidade crítica. Reportaxes, análises, entrevistas e noticias que se saen dos parámetros marcados polos poderes financeiros e políticos e que falan a linguaxe xornalística da rúa, de quen sae adiante día a día e traballa en común por outro barrio, outra cidade e outro mundo posible, a fala de quen non o ten fácil pero segue crendo na solidariedade, o apoio mutuo, a rebeldía e a alegría.

Galiza precisa máis que nunca un xornalismo libre financiado polas maiorías sociais.

Precisámoste. Subscríbete ao Salto.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...