O Salto medra contigo
Subscríbete a O Salto e leva seis meses de Filmin de agasallo

Este Nadal, fai posible que O Salto chegue máis lonxe cos seus contidos críticos e leva de agasallo medio ano de Filmin. E se xa tes Filmin, subscríbete e regala o acceso a esta plataforma a quen queiras.
nadal 2024
4 dic 2024 15:41

A distancia entre as “películas” que nos contan e o día a día cada vez é máis grande. Calquera parecido coa realidade é pura coincidencia.

Se fixésemos caso ao que din os medios e os partidos da dereita, o principal problema de Galiza sería “a inseguridade” provocada polos menores migrantes non acompañados, a culpa da vivenda impagable teríana os “inquiokupas” e a responsabilidade da violencia sexual sería das feministas que aprobaron a lei do 'só si é si'.

E se fixésemos caso ao que din desde o Goberno deberiamos aceptar que Galiza e o Estado español tomaron en serio a crise climática, que a reforma laboral acabou coa precariedade, que a lei de vivenda serviu para baixar os alugueiros e que conseguiu enterrar os desafiuzamentos.

A realidade é obstinada, e malia as declaracións e as mentiras mil veces repetidas, segue estando aí cando apagamos a televisión ou apartamos o móbil. Que non che conten películas.

Pero a realidade é obstinada, e a pesar das declaracións e as mentiras mil veces repetidas, segue estando aí cando se apaga a televisión ou se aparta o móbil.

'Que non che conten películas' é ao lema desta nova campaña coa que che traemos un dobre agasallo: a oportunidade de facer que O Salto chegue cada vez máis lonxe cos seus contidos críticos e gozar de seis meses de Filmin, a mellor plataforma online de películas, series e documentais, todo polo mesmo prezo.

Con 12.000 películas e 400 series, Filmin converteuse nun oasis entre as plataformas de streaming cun catálogo que inclúe estreas actuais, fitos do cinema independente, clásicos de sempre e referentes cinematográficos de moitos dos temas habituais no Salto: desde os feminismos á diversidade sexual e as loitas LGTBQ+, do ecoloxismo á vida dos migrantes e dos barrios, do antibelicismo á realidade de pobo palestino. E sobre todo: o mellor catálogo de cinema galego do panorama. Velaquí un exemplo.

Pero non só iso, entre os miles de títulos dispoñibles en Filmin figuran películas imprescindibles da historia do cinema, tanto clásicos como actuais e de todos os xéneros: terror, comedia, ciencia-ficción, aventura, animación, infantil, thrillers, etc.

E se xa tes Filmin, poñemolo moi fácil para que te poidas facer socio/a de O Salto e regalar a quen queiras a subscrición a esta plataforma. E lembra que cada subscrición a Filmin permite crear até catro perfís para compartir coa familia ou amigos/as. Un agasallo pódese converter en catro. A oferta só é válida até o 15 de xaneiro para as primeiras 500 subscricións.

Por que subscribirse a O Salto?

O Salto conseguiu este ano superar a marca das 10.000 subscricións. Con 28 persoas empregadas e máis de dous millóns de visitas mensuais, cada vez estamos máis preto de ser ese 'gran medio financiado pola xente' co que soñabamos, aínda que sabemos que nos queda moito por diante. Hai moitas razóns para subscribirse. Aquí explicamos algunhas.

Acordeón

O Salto ofrece unha mirada distinta da actualidade, apegada ás preocupacións da rúa. Non pretendemos ser imparciais. Somos un medio situado, comprometido, feminista, anticapitalista, ecoloxista, antirracista, antifascista, un medio que defende que as transformacións máis importantes e duradeiras son as que veñen de abaixo.

O Salto débese só aos seus máis de 10.000 socios e socias. O 76% dos seus ingresos veñen das subscricións. Detrás non hai grupos de comunicación nin grandes empresas nin partidos políticos.

O Salto non acepta publicidade de empresas que violan dereitos humanos, sociais, laborais ou ambientais. Tamén ten límites nos ingresos publicitarios e de subvencións para asegurar a independencia das institucións. Non cremos en milagres: para ser diferentes hai que funcionar de forma diferente.

As decisións tómanse en común e as súas 28 empregadas/os cobran o mesmo salario basee. Non temos consellos de dirección nin directores nin xefes.

E non é un falar. Para cambiar unha liña vermella (por exemplo, aceptar publicidade do Corte Inglés), faría falta un referendo vinculante con todas as socias.

O Salto non admite contido patrocinado nin publicidade encuberta. Estamos orgullosas de rexeitar todas as semanas propostas de falsas noticias pagas.

Máis da metade do diñeiro das novas subscricións nos territorios con nodos territoriais destínanse a contidos locais xestionados polos propios nodos.

Descontos en libros, cursos, formacións e sorteos para persoas socias. Se te subscribes podes navegar sen publicidade, comentar sen moderación previa, recibir a revista na túa casa e acceder á Zona Socias da web.

O Salto ofrece todo o seu contido en aberto. Os muros de pago non parecen unha boa idea nesta era de fake news e desinformación. Se podes facelo, a túa subscrición fai posible que a información crítica chegue máis lonxe.

A revista do Salto ofrece contido repousado, análise e reportaxes con claves para axudar a comprender o mundo e ferramentas para transformalo. O deseño da revista foi merecedor de varios premios e mencións internacionais entre as mellores publicacións do mundo.

Vivimos tempos difíciles e máis difíciles pintan para 2025. Quérennos desinformados/as, illados/as e con medo, pero non temos intención de permitilo.

Subscríbete a O Salto e que non che conten películas!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
O Salto medra contigo
Medramos xuntas O Salto supera o teito das 10.000 subscricións
Logo da campaña de verán, superamos por primeira vez na longa historia deste proxecto a cifra de 10.000 persoas socias, un obxectivo que nos puxemos hai sete anos.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.