O Teleclube
'A Rapaza da Agulla' inquieta a 'O Teleclube'
Nominada ao Oscar a mellor filme internacional, esta película danesa explora o mundo da maternidade en forma dun pesadelo perturbador con tanto estilo como substancia.
Karoline, unha costureira pobre que traballa a finais da Primeira Guerra Mundial fica embarazada e non sabe que facer. Coñece a Dagmar (a brillante Trine Dyrholm) quen lle promete axuda.
É mellor non saber máis para disfrutar, ou máis ben sufrir, dos acontecementos inesperados que ocorren despois. Si que se pode dicir que as dúas protagonistas dan unhas actuacións alucinantes e a fotografía e trama lembran a Guillermo del Toro e o expresionismo alemán.
Atrévete a entrar con nós dentro desta película perturbadora. Tamén en Ivoox e Spotify.
Veste con nós a unha nova sesión de cine?
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!