Opinión
Por unha resposta humana a esta crise estudantil

Nos últimos dez anos asistimos á constatación constante da incompatibilidade das dinámicas neoliberais no ensino coa defensa dunha educación verdadeiramente pública e xusta, tanto no seu acceso como no seu desenvolvemento.

Clase Universidad Alumnas
Alumnas nunha clase de universidade Álvaro Minguito
Membro da coordinadora nacional de ANEGA
10 abr 2020 19:57

Se é que existe (e así é) un leitmotiv incuestionable nas mobilizacións en materia estudantil que tiveron lugar desde o 15-M é a denuncia, sen fisuras, das lóxicas de produtividade e competitividade do capitalismo e da súa aplicación nos estudos a todos os niveis. Alá onde se criticaba a implantación da LOMCE, onde se reivindicaba a desaparición dos criterios académicos na adxudicación das becas ou onde se sinalaba a inxustiza das universidades privadas financiadas pola banca, defendíase sempre un principio básico e irrenunciable herdado de loitas anteriores como as da oposición ao Plan Bolonia e á LOU: o da supresión das diferenzas de clase no ensino. En definitiva: a máxima de que non hai xustiza nun sistema educativo que xera abandono escolar polas condicións materiais dos máis dos seus estudantes.

Nunca o movemento estudantil tivo máis sentido nin foi máis necesario ca hoxe, diante da que vai ser a crise, en dimensión e en consecuencias, máis grande das últimas décadas. Aínda co evidente e xeralizado retraso á hora de reaccionar á COVID-19 e dar solucións ao impacto do estado de alarma en todas as esferas da vida, a ninguén se lle escapa xa que a situación é grave e que moitos dos estudantes chegarán agora ás súas casas para se atopar cunha economía familiar tronzada por despidos inxustos e desafiuzamentos forzosos. Milleiros de estudantes que non poderán facer fronte con dignidade aos estudos que aínda non remataron e outros tantos que, directamente, terán que abandonalos.

O estudantado de todo o Estado atravesa nestes días de confinamento un sufrimento académico ao tempo que persoal. A nivel académico, á práctica inmobilidade de moitos dos plans docentes con respecto á situación actual, á comprobación diaria de que para o desenvolvemento funcional da actividade docente telemática fan falla medios de calidade que non están ao alcance de todo o mundo e á total perda de perspectiva sobre temarios que non se dan asimilado e que, cada vez máis, producen absoluto pavor con respecto ás avaliacións engádeselles, entre outras, a preocupación polo devir económico familiar, a repercusión do confinamento na saúde mental e a completa desorientación fronte a un nivel de inestabilidade que pon en dúbida o futuro académico e profesional de toda unha xeración. Os constantes intentos de adaptación ao estado de confinamento están sendo, nos máis dos casos, honestos e colectivos, pero hoxe confésanse ineficientes para combater a situación de excepción en que nos vemos inmersos.

Nunca o movemento estudantil tivo máis sentido nin foi máis necesario ca hoxe, diante da que vai ser a crise, en dimensión e en consecuencias, máis grande das últimas décadas

Por riba de todos estes problemas e de cada unha das cifras que os argumentan, máis alá das pilas de resolucións reitorais e informes de reunións e de negociacións con Ministerios e Consellarías queda, agochada e pequena, unha cuestión que, cada vez con máis frecuencia, semellamos esquecer: somos seres humanos. Ou, mellor, os mozos e mozas das familias de clase traballadora tamén somos seres humanos. A percusión ideolóxica por facernos crer o contrario é forte e constante, pero a realidade é que non somos máquinas. E calquera diría que é unha evidencia, pero nesta situación de crise en que se nos di unha e outra vez que debemos facer un esforzo colectivo, que debemos traballar duro por salvagardar o noso futuro laboral e que o que nos pasa é que somos vagos e queremos aproveitar a oportunidade para aforrar un par de exames, é unha evidencia que cómpre subliñar. Porque nos atopamos nese punto de xiro na Historia en que defender a evidencia é ideoloxía, pero sepultar xeracións enteiras de mozos baixo afirmacións coma as anteriores é sentido común. Ou é que vai defender a nosa humanidade a xente á que lle van os ingresos en que esteamos convencidos de que non a temos?

Xa non se pode negar que o curso actual está irremediablemente atravesado por esta crise: nin hai volta atrás nin existen parches o suficientemente fortes como para agochar a fenda que abre a incapacidade de todos para ver que, neste punto, a actuación inmediata debe deixar de reducirse ao inmediato. Chegamos a un extremo en que non é posible encamiñar o curso académico á normalidade e en que o intento de facer desaparecer os efectos desta crise é, ademais de inxenuo, profundamente inhumano. A prórroga na toma de decisións serias e valentes só vai dilatar o impacto destes efectos nas familias das clases populares. Hoxe sabemos que é tempo de ser responsables e efectivos, ao tempo que claros e tallantes. E neste panorama de alarma e abstracción, o responsable é poñer facilidades, non atrancos. Non hai máis defensa do público que aquela que pasa por reivindicar o factor máis humano desta crise.

A prórroga na toma de decisións serias e valentes só vai dilatar o impacto destes efectos nas familias das clases populares 

A suspensión deste curso e a superación automática de todas as materias, coa conseguinte eliminación das súas cualificacións no cálculo das medias, é unha necesidade material urxente para milleiros de familias do noso País e de todo o Estado. É unha medida drástica e inmediata, pero que supón atallar de xeito verdadeiramente realista e en todos os niveis educativos esta situación sen precedentes. Tamén son urxentes axudas para o acceso ao estudo e á vivenda e todos os mecanismos que se esixen desde a representación estudantil para garantir que estas medidas non traian máis problemas. Nesta situación excepcional en que é imposible garantir avaliacións verdadeiramente xustas, neste contexto que está a agudizar as diferenzas sociais e nestes tempos en que académicos, pedagogos e exmembros de órganos do Goberno están en liña coas revindicacións máis avanzadas dos estudantes organizados, non queda outra que asumir e implementar medidas duras ao tempo que efectivas. Polo ben das máis. Por nos reivindicar persoas e por facer ver que todo isto nos afecta, e que xa tivemos (e, por desgraza, teremos) o resto das nosas vidas para competir entre nós e gravar na cabeza aquilo da cultura do esforzo. Agora o tempo é outro, a excepcionalidade é evidente e non hai xeito decente de defender nada que non pase por facer que os estudos non sexan un obstáculo máis entre tantas dificultades.

É profundísima a mágoa de sequera intuír unha situación en que o enfervorizado fetichismo das avaliacións e a punxente neoliberalización do ensino público sexan as pedras que nos fagan desposuír esta situación límite colectiva do seu carácter humano. Xogámolo todo en sinalar as verdadeiras vítimas desta crise. No entanto, os estudantes comprometidos apelamos á defensa da humanidade que, se cadra, é o máis honesto polo que un pode pelexar. Defendemos e defenderemos, hoxe e sempre, a nosa vida por riba da competitividade e a produtividade que nos impoñen.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Dimite a directora de Patrimonio que asinou o informe onde se cualificaba de “icónica” a cheminea de Altri
Tras máis dunha década á fronte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua abandona o seu cargo, que asumira a comezos de febreiro de 2013.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
#56341
11/4/2020 4:37

Impecábel

3
0
#56316
10/4/2020 21:26

Brutal

4
0
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Genocidio
Genocidio 470.000 personas están en situación de hambruna en Gaza, donde continúan los asesinatos
El Ministerio de Salud de Gaza reporta que 52.928 personas han sido asesinadas y 119.846 heridas desde el 7 de octubre de 2023. Trump se reúne con los países del Golfo, pero no se mueve de su apoyo a Israel.
Educación
Educación Protocolos éticos en espacios educativos: ¿qué dicen sobre el abuso de poder?
La asociación de referencia para las escuelas gestalt acaba de aprobar un protocolo para detectar y abordar del abuso de poder. Otros ámbitos educativos cuentan con documentos éticos sobre este asunto.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Eléctricas
Eléctricas Aagesen sitúa la desconexión que llevó al apagón en Granada, Badajoz y Sevilla
La vicepresidenta tercera y ministra para la Transición Ecológica explica en el Congreso que siguen investigando, pero avanza que no fue un problema de cobertura ni de reserva. El Ejecutivo no ha detallado qué tipo de energía fue la que falló.
València
València La instrucción de la dana determina que Pradas y Argüeso cometieron una “grosera negligencia”
La magistrada Ruiz Tobarra resalta en un auto la inoperancia de la ex consellera y el ex secretario de emergencias, y califica como “absurdas” sus explicaciones sobre el retraso del sms.
Opinión
Opinión Por qué es vital que el mundo (y Europa) se desarme
Mientras buena parte de los políticos mundiales nos hablan de las amenazas que suponen los Otros, la conclusión en el campo de la ciencia climática es que los problemas del siglo XXI son consecuencia del modo de vida desmesurado del mundo occidental.
Más noticias
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.