Opinión
Recuperar Samil non era isto

Pouco queda do proxecto orixinal para a recuperación do ecosistema dunar da praia máis grande de Vigo e as actuacións que se están desenvolvendo van na dirección contraria, ignorando os indicadores da emerxencia climática en favor da urbanización.
Playa de Samil  - 3
Obras de reurbanización no areal da praia de Samil en Vigo (Pontevedra).

Amigas da Terra

11 oct 2024 05:30

Aínda que custe crelo, ata mediados do século pasado ninguén quería vivir na contorna da praia de Samil, en Vigo. Só vivían alí redutos marxinais, unha sorte de lumpen vigués e algúns mariñeiros instalados precisamente nun lugar invivible polo azoute do vento, o salitre, a falta de auga e terra fértil e as temperaturas extremas. Anos antes desapareceran as praias urbanas de Vigo en Teis, Areal (de aí o nome da zona) ou Berbés. Praias relictas de cando o mar chegaba máis arriba do actual cruce da rúa Colón e con elas desapareceron as súas “casas de baños” onde, como o seu nome indica, podíanse tomar baños de mar dentro da decencia e os bos costumes da época, polo que aos poucos a cidadanía empezou a volver os seus ollos cara a aquela praia salvaxe que era Samil.

O problema é que aquela zona converteuse, segundo definían os alcaldes da época, nun poboado chabolista e refuxio de delincuentes que se tiña que erradicar. E para conseguir esa erradicación puxéronse ao choio os alcalde Portanet e Ramilo impulsados por un cambio social que, con sistemas construtivos mellores, empezaba a ver aqueles lugares invivibles como todo o contrario, un auténtico paraíso. Pero para iso necesitábase domesticar a aquela natureza que confundira liberdade con libertinaxe, e chegou o progreso.

Hoxe chamariamos “humanizar” a aquel proceso urbanizador da praia que empezou cos tranvías e as estradas, seguiu cos chalés e os hoteis e levou por diante o pouco que quedaba xa dun inmenso ecosistema dunar que no seu día se internaba quilómetros terra dentro. O proceso culminou a principios dos anos 70 do século pasado coa construción do paseo marítimo de Samil, que esnaquizou o pouco que quedaba do ecosistema dunar e provocou un efecto chamada que acto seguido convocou máis restaurantes, aparcamentos, hoteis chalés, parques e piscinas, e mesmo un polideportivo e todo o que se poida imaxinar.

Playa de Samil  - 4

Non se pode ter todo, e ese progreso terminou coa natureza, convertendo Samil nunha praia sen vida, pero con area para tomar o sol e auga para bañarse, que era o importante. Conste que, no seu día, un grupo da intelectualidade viguesa, entre os que se atopaban Valentín Paz Andrade, Francisco Fernández del Riego e Eduardo Blanco Amor rexeitaron a construción do paseo marítimo, ao que denominaban “a liña Maginot” denunciando no seu manifesto de protesta que a “man miope da tecnocracia” ía aldraxar “a marabilla” que era o areal vigués: “Basta contemplar a mole de cemento que vén construíndo dacabalo da praia, e o seu perfil caprichosamente crebado, para calcular as consecuencias tan dañosas como irreversibles”.

Hoxe, aqueles intelectuais serían denominados “antivigo”. Pero tamén iso tiña os días contados e aos poucos fomos dándonos conta de que “vaya, vaya, aquí no hay playa”. A tormenta perfecta da combinación da perda do reservorio de area que eran as dunas e o aumento do nivel do mar (entón a un ritmo de 2,5 cm por década, hoxe é maior) provocou que cara a mediados dos noventa désemonos conta de que o paseo marítimo de Samil estaba a piques de converterse no porto de Samil, polo que, ao principio timidamente, a corporación socialista con Carlos Príncipe como alcalde, empezou a falar do que, naquel momento, considerábase unha herexía: retirar o paseo marítimo. A aquela corporación débese tamén que se salvara o ecosistema dunar da Praia do Vao, na que existía una enorme presión por parte da corporación para instalar alí una sorte de parques acuaticos, piscinas e urbanizacións municipais varias como as existentes hoxe na parte central de Samil. Pronto veremos que aquel verdadeiro proceso de recuperación dunar no Vao non ten nada que ver co que se pretende facer en Samil.

Pasaron os anos e o proceso de perda de superficie de area e aumento do nivel do mar foise acelerando exponencialmente ao mesmo tempo que facíanse evidentes os efectos da emerxencia climática, ata que aquela herexía de retirar o paseo marítimo empezou a considerarse inevitable. Ou o Concello ou o mar, un dos dous terminaría co paseo. Presentábase entón, a principios do mandato de Abel Caballero, un ambicioso plan para a reuperación do ecosistema dunar de Samil, asinado precisamente por Elena Espinosa, daquela Ministra de todos os medios excepto o áereo e o etéreo (Medio Ambiente, Medio Rural e Medio Mariño) e hoxe concelleira en Vigo. A base do proxecto era clara: todas as infraestruturas (todas quere dicir sen excepción) que no seu día se instalaron sobre o areal de Samil deberían retranquearse 50 metros terra dentro para, posteriormente, iniciar o proceso de recuperación do ecosistema dunar que, por suposto, debería manterse pechado ao paso. Isto incluiría retirar o paseo marítimo, as concesións hosteleiras, as piscinas, o polideportivo, boa parte dos aparcamentos etc.

Playa de Samil  - 7

Na práctica, significaba que boa parte das infraestruturas públicas e privadas existentes deberían recolocarse ao bordo, e mesmo alén da actual Avenida de Samil. Este proceso tiña o inconvinte de que moitas concesións hosteleiras tiñan aínda por diante varios anos de vixencia, polo que recuperalas implicaba a correspondente indemnización, pero a boa noticia é que ían caducando gradualmente nos seguintes anos. A primeira concesión en caducar foi a do restaurante As Dornas, en 2008, que o concello decidiu non renovar e recuperar esa parcela para uso público. Era un primeiro paso na dirección correcta para a recuperación ambiental do litoral (aínda que o axardinamento e o parque que se instalou alí pouco tiña que ver cun ecosistema dunar).

Posteriormente caducou a concesión do clásico restaurante Jonathan, e cando os ambientalistas fregabámonos as mans, o Concello decide conceder unha nova concesión hostaleira por 25 anos, o actual Marina Cíes, de ambiente ibicenco (nin sequera ocorréuselles, polo menos, darlle un ambiente atlántico). Un paso na dirección contraria que hipotecará a recuperación desa zona ata o ano 2040. A terceira caducidade tocoulle ao Hotel Samil, construído no seu día sobre dunas rampantes, que se derrubou, pero para construír un novo hotel (Attica 21) que ocupa maior superficie, outro paso na dirección contraria para a recuperación ambiental.

O seguinte restaurante que caducaba a súa concesión foi o Camaleón, en 2019, que tras unha interminable indecisión sobre se renovar ou eliminar a concesión, finalmente foi eliminado, un novo paso na dirección correcta. O último establecemento, San Remo, caducará en outubro do ano próximo, e aínda non sabemos o que decidirá o Concello, aínda que á vista do baile da Yenka destes anos calquera cousa é posible. Por medio, e tamén en dirección contraria á recuperación ambiental, anunciaba Caballero en setembro de 2021 a instalación de “un inmenso parque acuático” en Samil que, afortunadamente, supoñemos que por non contar coa autorización da demarcación de costas do Estado, quedou en nada.

Tamén por medio anúncianse reformas e ampliacións no polideportivo de Samil, que tamén se debería retirar da súa actual localización xunto á desembocadura do Lagares. Ao longo destes anos aquel proxecto orixinal do daquela Ministerio de todos os medios acabou metido nun caixón pois a condición previa, a retirada de todas as infraestructuras, nin se produciu e segue sen producirse, polo que foi sustituído por varios proxectos parcias para desenvolver a recuperación por fases. Estes días comezaban as obras para o retranqueo do paseo marítimo na contorna do antigo resturante Camaleón.

O proxecto ten unha denominación que polo menos en teoría define de maneira perfectamente clara e concreta o seu obxectivo: “Recuperación do sistema dunar na praia de Samil. Fase 1A”. Que entendemos por recuperar un sistema dunar? Quizais non exactamente o mesmo que o alcalde Abel Caballero, que cando hai uns meses presentaba o prodixio anunciando as primeiras actuacións que se ían a realizar para esta “recuperación do sistema dunar”, enumeraba: novas beirarrúas, renovación do asfaltado, novas rotondas (iluminadas) e máis farois, ademais dun novo parque infantil e unha parcela para un local de hostalería.

O retranqueo orixinalmente previsto en 50 metros terra dentro queda en apenas 27 e nada se sabe da retirada do resto de infraestruturas. Do sistema dunar propiamente devandito menciónanse catro especies de gramíneas que sustentarán no seu día unha hipotética area que ninguén sabe de onde sairá en tallas masivas (inevitable tratándose de Vigo) do arboredo para plantar piñeiros. Finalmente a parte verdadeiramente importante daquel ambicioso proxecto orixinal para a recuperación do ecosistema dunar segue gardada nun caixón e o que se vai facendo apenas significa reducirá metade o retranqueo plantexado e máis cemento, máis paseo, asfalto e luces. Samil seguirá sendo un espazo de sol e praia para turismo e veciñanza. En definitiva, recuperar o ecosistema dunar de Samil non era isto.

Playa de Samil  - 14
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Pesca ¿Sostenible para quién? Detrás de las bambalinas del acuerdo de pesca sostenible entre la UE y Madagascar
Gracias a un acuerdo pesquero con la Unión Europea, en 2023 Madagascar autorizó el acceso a sus aguas territoriales a 65 barcos europeos. Aunque el acuerdo promueve una pesca “sostenible”, las técnicas empleadas agravan la crisis ecológica.
Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Tribuna
Tribuna Discurso y poder del extractivismo o cómo se legitima el saqueo en nombre del “desarrollo”
Los discursos institucionales, mediáticos o corporativos configuran las formas en las que se perciben los megaproyectos. Estos se presentan como proyectos de nación o como una oportunidad para el desarrollo, el empleo y la transición verde.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.