Opinión
Tódalas razóns para dicir ‘Altri non’

Aquí van unhas cantas razóns para xuntarnos este domingo en Compostela e deixar clara a nosa postura fronte a un espolio que nos están tratando de impoñer disfrazado de progreso, pero que só trae beneficio económico a uns cantos indesexables.
Altri Greenpeace - 5
Unha activista de Greenpeace durante a acción de instalación dunha 'celulosa' na sede da Xunta en Santiago de Compostela. Pedro Armestre
Marta Gontá

Presidenta da Plataforma Ulloa Viva

14 dic 2024 05:30

O primeiro no que pensei cando coñecín o verdadeiro proxecto de Altri e Greenalia foi na miña aldea, o lugar onde me criei eu, miña nai e miñas avoas e onde quero criar á miña filla, pensei en por que a administración non nos protexe ante semellante ataque e en que, como nai, como comunidade e como pobo non podiamos permitir que nos asoballen deste xeito. Debiámonos facer valer, e pararlle os pés a quen pretende impoñernos pola forza unha industria altamente contaminante, que nin pedimos nin precisamos. Como non podía ser de outro xeito, isto mesmo non só o pensei eu, senón centos de veciñas, decidimos organizarnos e formar esta plataforma, para defendernos, pois o que xa temos é o que nos dá valor e os que queren traer ese “enxendro tragavidas” sábeno e quéreno.

Pretendo deixar este lugar no que vivo tal e como mo deixaron a min ou mellor. Porque aínda que fagan campaña para facernos crer que non hai futuro, aquí houbo pasado, hai presente e haberá futuro. Estamos a decidir que tipo de antepasados queremos ser, e seremos uns que miren polas que veñen, elas herdarán auga limpa, respirarán aire limpo e terán terra fértil, ese será o noso legado.

Na nosa terra, chove bastante, máis se chega a instalarse esa industria as pingas meterán medo, porqué? Pola peste, ou o que é o mesmo a choiva aceda procedente das oito toneladas de gases contaminantes que pretenden botar o día, gustaríame seguir comendo o que dá a horta, sen pensar en que mañá vou espertar enferma. Esta industria quere captar 46 millóns de litros de auga ao día e devolver 30 millóns de litros de auga o día, tratada pero contaminada.

Non concibo que nun contexto de cambio climático, se pretenda privatizar por 75 anos a auga do río Ulla, que dirán as nosas fillas e netas? Como imos explicar semellante desfeita cando a auga potable escasee? Por outra banda, a terra ten que estar a dispor de quen nos dá de comer e non inzada de eucalipto onde non vive nada. Creo firmemente que a xente que vive do campo e do mar xera unha riqueza que polo momento non lle é recoñecida, o sector primario era o que tiña que ser declarado “estratéxico” e actuar en consecuencia, que hai máis importante que comer?

Como sociedade galega merecemos un trato diferente ao que estamos recibindo por parte da Xunta, que está cegada polos cartos. Vimos de enterarnos de que o PP europeo vetou o debate sobre Altri en Buxelas porque seica este tema non interesa ás galegas e galegos, segundo din os do PP do brazo coa extrema dereita. Desde aquí quero dicirlles que estean atentos este domingo en Compostela, a ver se o luns son capaces de soster o mesmo discurso mirándonos aos ollos. Tamén me gustaría que os homes do negocio de Altri foran homes de palabra e non se instalen onde non os queremos.

Non me gusta quitarlle a razón aos ditos populares, pero no caso da concesión de Altri case poderiamos dicir que “si que hai mal que cen anos dure”, pero por outra banda, que teñan claro que esta xeración non lles vai permitir que se asenten no territorio, no corazón de Galicia, por moito amigo rico, político, ou medio de comunicación que teñan comprado. Falamos do futuro das nosas fillas e con iso non negociamos, non hai trato. Altri non!

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
xoanloisg
14/12/2024 23:37

Mañan en Compostela ALTRI NOM.

0
0
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.