Partido Popular
A empresa da irmá de Feijóo levou 1,6 millóns da Xunta en 124 contratos a dedo desde xaneiro

Estas licitacións súmanse ás xa 1.311 asinadas entre 2018 e 2023 polo Goberno galego por un total de 4,8 millóns de euros con Eulen, a empresa que Micaela Núñez Feijóo dirixe no noroeste do Estado.
Micaela Nuñez Feijoo
Micaela Núñez Feijóo (irmá) e Eva Cárdenas (parella) xunto a Feijóo e a súa nai. Foto: Xunta.

Eulen, a empresa que a irmá de Alberto Núñez Feijóo dirixe en Galiza, asinou 124 contratos menores con organismos dependentes da Xunta só no que vai de ano. A suma total é de exactamente 1.598.835,23 euros se se teñen en conta as licitacións adxudicadas a dedo desde o un de xaneiro até a segunda quincena do mes de setembro deste ano. A rede empresarial que Micaela Núñez Feijóo lidera no noroeste do Estado español segue facendo caixa malia que as sospeitas sobre un presunto trato de favor desde o Goberno galego —primeiro do seu irmán e despois do actual presidente, Alfono Rueda— noutras 1.311 facturas entre 2018 e 2023 forzaron a que probablemente sexa a única comisión de investigación de toda a lexislatura en Galiza.

Política
Política O BNG forza unha comisión para investigar miles de contratos a dedo da Xunta con empresas afíns ao PP
Os 25 deputados nacionalistas usarán a súa única oportunidade de facelo de maneira unilateral para investigar as miles de licitacións sospeitosas destapadas polo Salto e Público, o sobrecusto do hospital de Vigo e as contratacións con Eulen.

A maneira de actuar desde os despachos da Xunta de Galiza segue sendo a mesma que desde o 2018: fraccionar servizos que se poderían licitar conxuntamente e así evitar sacalos a concurso, sorteando á competencia e, quizais, pagando un prezo por enriba do de mercado. De feito, estes son algúns dos argumentos —e das sospeitas— que levaron ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) a utilizar a súa única oportunidade de forzar unilateralmente unha comisión de investigación no Parlamento de Galiza. Alí haberán de sentar o agora presidente do Partido Popular e o actual presidente da Xunta para explicar tanto os case 1.500 contratos repartidos indiscriminadamente desde a Administración galega, como os sobrecustos de 470 millóns de euros do Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo) e os contratos de emerxencia asinados durante a última etapa de Feijóo como presidente, coincidindo coa etapa máis dura da pandemia de coronavirus. Aínda que o Partido Popular podería retorcer a súa maioría absoluta para tratar de librar a Feijóo deses focos.

Esta información publícaa en exclusiva O Salto grazas á análise exhaustiva de preto de dous millóns de contratos emitidos sen anuncio previo nin concurso público polas decenas de organismos públicos dependentes da Xunta de Galiza, malia a escasa accesibilidade que ofrece o Portal de Transparencia do Goberno galego neste tipo de licitacións. Ademais destas contratacións, a empresa da que Micaela Núñez Feijóo é alta directiva levou nas mesmas datas outros 15,1 millóns en licitacións maiores, esta vez si abertas, como desvelou o diario Público en 2022 e sobre as que pesa un presunto manexo de información privilexiada.

Contratos menores de la Xun... by El Salto periódico

Todas estas facturas, que sumadas exceden o seis millóns de euros, foron conseguidas grazas a todos os organismos dependentes do Goberno galego, que contrataron de forma recorrente con familiares de altos cargos do partido, como consellerías, axencias públicas, consorcios, organismos autónomos, fundacións do sector público, sociedades mercantís públicas e outros entes como institutos sectoriais ou centros de innovación. Todos eles, elixiron e seguen elixindo contratar con Eulen, Eulen Centro Especial de Emprego, Eulen Seguridade e Eulen Servizos Sociosanitarios, empresas pertencentes ao mesmo grupo.

Micaela Núñez Feijóo, irmá menor do presidente do PP foi ascendida en 2016 ao cargo de directora de Eulen para o Noroeste do Estado español, antes ocupara o de directora rexional para Galiza. Durante o ano anterior, a empresa que agora dirixe obtivo o seu récord de adxudicacións da Xunta até entón: 6,2 millóns de euros de diñeiro público. As cantidades adxudicadas ao entramado empresarial de Eulen desde maio do 2009, cando Núñez Feijóo accedeu ao poder supoñen unha media anual de 2,86 millóns. Con todo, na lexislatura comprendida entre os anos 2005 e 2009, cun goberno de coalición do PSdeG e o BNG, Eulen obtivo 3,96 millóns. É dicir, unha media de 793.000 euros por ano.

Grazas ás persoas socias podemos publicar exclusivas como esta. Se ti tamén valoras o noso traballo, subscríbete e axúdanos a seguir.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La Xunta del PP ejecuta su última maniobra para hacerse con el control total de la TVG
El PP lleva al Parlamento la nueva ley de medios que otorga al Gobierno gallego la capacidad de elegir al director de la cadena sin mayoría cualificada, elimina la fiscalización de contenidos por profesionales y abre la puerta al castellano.
Xunta de Galicia
Economía Rueda obedece a Feijóo e rexeita unha redución de 4.000 millóns de euros da débeda galega
O presidente galego esixe un novo modelo de financiamento con polo menos 500 millóns máis, mentres que o BNG acúsao de seguir un “interese partidista” que “prexudica a Galiza”.
Galicia
Galicia Rueda obedece a Feijóo y rechaza una quita de 4.000 millones de la deuda gallega
El presidente gallego exige un nuevo modelo de financiación con al menos 500 millones adicionales mientras el BNG lo acusa de seguir un “interés partidista” que “perjudica a Galicia”.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.