Poesía
Ctrl-alt-poesía

Versogramas é unha viaxe cara á descuberta da videopoesía. O primeiro documental galego sobre o xénero, e peza central do proxecto transmedia do mesmo nome.

Versograma Poesía
A videopoesía é un xénero artístico subversivo no que as imaxes, o audiovisual e o formal toman protagonismo fronte ao texto. Versogramas
25 ene 2018 17:36

Para Celia Parra, Belén Montero e Juan Lesta, Versogramas é unha viaxe cara á descuberta dun xénero que, paradoxalmente, xa coñecían hai tempo. “É curioso —lembra Belén— porque o primeiro traballo experimental que fixemos foi tamén sobre videopoesía”. En 2001 Esferobite (Belén e Juan) producían O tempo perdido, unha interpretación dos versos illados dunha poesía. “Levamos moito tempo traballando sobre a videopoesía, pero non fixeramos o exercicio de mirar quen máis estaba facendo este tipo de traballos”.

Celia Parra descubriu a videopoesía estudando comunicación audiovisual, época na que compuxo os seus primeiros videopoemas. Ela foi quen, en 2013, abraiada polo panorama da videocreación en Galiza, comezou esta viaxe como proxecto de mestrado, deseñando a idea orixinal dunha produción audiovisual sobre o xénero en todo o mundo. Versogramas encaixou á perfección coa liña de traballo de Esferobite e por fin, a finais de 2017, un feixe de persoas afortunadas, entre as que se atopaban as 153 mecenas que apoiaron o proxecto na súa fase de produción, tiveron a oportunidade de asistir en Afundación á preestrea do documental dirixido por Belén. “Agardamos estrear nun festival nacional ou internacional antes de primavera-verán. A partir de aí organizamos pases de cine e despois abrimos a venda á televisións e outras plataformas”, explica Celia, a produtora executiva.

Pero Versogramas non é só un documental. Versogramas é un libro-DVD que vai editar Galaxia, un webdoc, unha exposición e unha longametraxe experimental. Á parte do documental e do libro, que xa están en marcha, desenvolvidas “pero en standby” teñen un webdoc en formato de xogo con ferramentas, contidos e unha guía para crear videopoemas. “Para a exposición xa fixemos un comisariado de pezas. A longametraxe experimental tamén está desenvolvida”.

Galiza, pioneira na videopoesía

“En Galiza hai un panorama moi potente de xente facendo poesía e videopoesía. Se atopas que na casa tes un nivel máis alto que fóra, é unha pena non aproveitalo”. Para Juan Lesta, codirector e produtor de Versogramas, un dos obxectivos do documental foi “visibilizar e difundir a videopoesía aproveitando que na casa hai grandes creadoras. O documental representa a cantidade e calidade de autores e autoras galegas que hai”.

A escolma de pezas que fai a directora, Belén Montero, comeza nos anos oitenta en Galiza con Salvamento e socorrismo, de Antón Reixa (1984), e Lectures de Cirlot, de Eugeni Bonet, en 1997. Dende entón, presenta pezas procedentes de boa parte de Europa e tamén dos Estados Unidos ata chegar a 2017 con creacións como Why there is, de Martha MacCollough; Qué palabra, de Eduardo Yagüe, e Teleprompter, de Yolanda Castaño.

A web de Versogramas tamén conta cun espazo no que poder atopar esta obra, por veces difícil de encontrar na rede. Belén Montero, que fixo o traballo de investigación e a escolla de protagonistas e pezas, comenta que non é doado atopar este material: “Case todos están na rede, pero se non sabes que esa persoa fai videopoesía, e non tes un lugar como o bloque que está levando Celia na web de Versogramas, onde están recollidos todos, é difícil atopar este tipo de producións”. Celia lembra que polo de agora non hai ningún festival de videopoesía que sexa circuíto de distribución cotián en Galiza, “e logo hai creadoras como Iria Pinheiro que empregan videopoemas nos seus espectáculos de poesía escénica: ese é o circuíto. Se non estás familiarizada con ese circuíto talvez non atopas as obras de videopoesía”.

Con corpo propio

Para Juan Lesta, nesta disciplina conflúe xente que vén de todas as partes: das artes, da literatura... “Hai moitos tipos de xente facendo moitos tipos diferentes de videopoesía. De aí que poñamos a formación académica das persoas entrevistadas”. Complementando as súas palabras, Belén engade: “Quixen que no documental os autores explicasen por que fan eses videopoemas, porque ten moito que ver coa súa profesión ou formación. Moitas desas persoas están formadas dentro das linguas ou das artes. Todas as persoas manexamos un ou dous mundos. Estes mundos finalmente xúntanse para crear esas pezas que falan de cousas que non se falan noutro tipo de soportes, e precisan dunha abstracción ás veces moi complexa. Como tamén pode haber matemáticos poetas, a videopoesía está ao alcance de todo o mundo”.
Versogramas 2

Segundo o propio documental, “é un problema da videopoesía non ter unha definición formal que a distinga das demais formas de arte”. Reconstruíndo a historia deste xénero, parte das persoas entrevistadas en Versogramas explican que comezaron traballar coa videopoesía como apoio ao seu directo. Mesmo unha autora expón que a emprega como substitución do propio corpo. Vese unha evolución dende unha ferramenta complementaria a un xénero con identidade propia, e moitas experiencias que hibridan, como os espectáculos de Aldaolado ou Cinta adhesiva. “Se te decatas —apunta Celia—, eses recitais son de xente que vén das letras. Dalgún xeito toman a videopoesía como complemento porque non ten para elas esa visibilidade, ata que alguén lles di que poñan en valor ese traballo, que digan quen as fixo, que teñen percorrido por si mesmas”.

Cando Celia comezaba co proxecto tiña a sensación de que era unha descuberta de algo que, xénero ou non, parecía que non se coñecía moito en Galiza, aínda que ten moitos representantes potentes: “E parece que por fóra hai moita xente facendo videopoesía, moitos festivais, falando, premiando e programando videopoesía. É como un paradoxo, algo por descubrir e bastante afianzado. O final do documental vai por aí: por que nos cuestionamos a videopoesía?”.

Segundo palabras do propio guión, a videopoesía é un xénero da poesía reproducida en pantalla que se distingue pola xustaposición de imaxes, texto e son baseada nun tempo específico. Estes tres elementos, mesturados na súa xusta medida, producen no espectador a realización da experiencia poética. A principal función do videopoema é amosar o proceso de pensamento e simultaneidade desa experiencia.

Unha persoa que avanza, abre caixas e descubre ao tempo, paseniño, o que levan dentro, como unha metáfora das fases da vida e dos achados que facemos no camiño. A directora explica que as caixas “representan o estado de cada un, porque a poesía nace do sentimento. Ás veces gardamos as cousas dentro de nós, e do mesmo xeito que pasa con outras artes como a literatura ou a poesía, cando destapamos a caixa, abrolla o que pensamos”. Celia complementa as súas palabras explicando a lóxica interna de Versogramas: “Hai oito bloques temáticos: lingua, corpo, amor, recordo, sociedade, soidade, mal e cambio, e unha ou dúas caixas por cada bloque que metaforizan ese concepto”. Un concepto que, ademais, está relacionado cunha característica da videopoesía: “Por exemplo facemos un percorrido desde a poesía natural ata a artificial. Os espazos con leds e ceros e uns significan a deriva da videopoesía cara ao artificial, o feito por ordenador”.

Un proxecto de proxectos

Agora están traballando nos contidos do libro-DVD que publicará Galaxia na súa versión galega, e terá un DVD documental e varios textos arredor do proxecto, non só sobre Versogramas, senón tamén sobre as conexións entre poesía e imaxe. “Unha vez o documental asente, comezaremos a mover o resto dos contidos, buscar financiamento, etc.”, remata Celia.

Catorce artistas da videocreación con recoñecemento mundial envorcan unha ollada persoal sobre a súa obra e sobre a interrelación da linguaxe audiovisual coa poética. Con entrevistas a Yolanda Castaño e Antón Reixa (pioneiros en Galicia), Dionisio Cañas, Marc Neys (Swoon), Miriam Reyes, Elena Chiesa, Hernán Talavera, Eduardo Yagüe, Melissa Diem, Iria Pinheiro, Daniel Cuberta, Eugeni Bonet, Martha MacCollough e Belén Gache. A longametraxe intercala estas entrevistas con fragmentos das súas obras, e con pequenos cortes de vinte artistas máis de todo o globo.

Fixar a palabra. Fixar a imaxe fixa. Fixar o movemento. Fixar a vida. Versogramas.

Arquivado en: Poesía
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Culturas
Culturas Lorca fue también un visionario que intuyó los vínculos entre la música negra y el flamenco
La 24ª edición del Festival de Flamenco de Nueva York abrió un espacio de debate para analizar el impacto que tuvo el movimiento cultural del Renacimiento de Harlem en la obra del poeta granadino.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Economía social y solidaria
Tecnología Inteligencia Artificial y economía solidaria: ¿posibles aliadas?
¿Cómo debe relacionarse la economía solidaria con una tecnología que vulnera derechos humanos y ambientales constantemente? Cooperativas e investigadoras tecnológicas animan al movimiento a perderle el miedo y a utilizarla de manera crítica.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Crisis climática
Crisis climática La UE se entrega al ardor guerrero mientras descuida la crisis social y la emergencia climática
Varios países de la UE ya están recortando drásticamente en servicios públicos y estado del bienestar para poder costear el aumento del presupuesto militar.
Historia
Historia Cuando la solidaridad antifascista reunió a musulmanes, judíos y cristianos en la España republicana
Marc Almodóvar y Andre Rosés rescatan a los combatientes árabes de la Brigadas Internacionales en el libro ‘Moros contra Franco. El antifascismo y la Guerra Civil española en el mundo árabe’.
Senegal
Senegal Una ‘Escuela de rehenes’ o cómo Francia usó la educación en África para transformar las mentes
La administración colonial francesa puso en marcha en 1855 un centro educativo que tenía el objetivo de formar a los hijos de los reyes locales mediante el borrado de su cultura.

Últimas

Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Más noticias
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.

Recomendadas

Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.
Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.