Portugal
Oitocentos traballadores e un país sen combustible

Logo de tres días de folga no transporte de mercadorías perigosas en Portugal a patronal aceptou iniciar un proceso de negociación colectiva que concluirá antes do 31 de decembro. O acordo entre patronal, sindicato e Goberno acadouse tras 10 horas de negociación e a súa premura débese ao caos que reinaba no país, sen combustible nas gasolineras.

Folga transporte mercadorías perigosas en PT
Imaxe dunha caravana fronte a unha gasolinera durante os días de folga de transporte de mercadorías perigosas. Aldara Diéguez Couñago
18 abr 2019 17:00

Estibadores e controladores aéreos veñen demostrando nos últimos anos que poucas folgas teñen tanto impacto como as do sector transportes. No veciño Portugal son agora os transportistas de mercadorías perigosas os que demostraron a súa forza.

A folga iniciouse este pasado luns día 15 de abril convocada polo Sindicato Nacional de Transportistas de Mercadorías Perigosas. Estes transportistas traballan baixo a mesma normativa que o resto, pero transportan materiais inflamables ou altamente contaminantes, como os combustibles. Entre as súas reivindicacións está un aumento salarial e a creación dunha categoría profesional específica.Son só 800 persoas -600 sindicadas- pero cunha gran baza da súa parte: o desabastecemento. Sen gasolina nin diésel, o país enteiro queda paralizado.

Tan só dous días despois de comezar a folga, o goberno de António Costa declarou a Alerta por Crise Enerxética. Tras o terceiro, máis de 2700 gasolineras quedaron con eivas no suministro ou completamente baleiras, o que equivale a case o 90% do total.

As poucas que ficaron abertas atendían cun par de surtidores a unha demanda subitamente colosal: ante a falta de suministro, impúxose a máxima “ou o collemos agora ou quedamos sen el’. O resultado foron extensas ringleiras de vehículos agardando máis dunha hora para repostar, bloqueando varias rúas nalgúns casos. E a uns prezos extraordinariamente elevados. María, por exemplo repostou a 1,52€/litro de gasóleo. “Agardamos durante unha hora, pero se non repostamos non podemos voltar a Vigo” cóntanos unha das moitas viaxeiras esta Semana Santa.

Fora de servizo Folga transporte PT

A crise tamén chegou aos aeroportos. Varios voos que se dirixían a Lisboa pararon a encher o depósito en Santiago de Compostela antes de entrar no país luso. O mesmo sucedeu cos de Faro, que o fixeron en Sevilla. E a compañía portuguesa TAP Airways confirmou un voo cancelado.

O que pedía o sindicato, segundo afirmou un dos seus líderes, Francisco São Bento, ao diario O Observador, é a subida do salario mínimo con respecto ao resto de transportistas. Actualmente, este é de 630€ para todos. Pero os transportistas de mercadorías perigosas esixen unha subida ata os 1200€ debido ao risco engadido que conleva a súa profesión, así como a obriga que teñen de someterse cada 5 anos á revisión do certificado ADR, que os habilita para transportar ditas mercadorías e cuxo custo asumen integramente os condutores.Ademais, esixen melloras no convenio colectivo no tocante á remuneración das horas extra e o traballo nocturno.

A patronal opúxose a esta folga alegando que estes transportistas xa ganan máis do salario mínimo, e o convenio actual non lles prexudica en canto ás horas nocturnas.
“É certo que os transportistas ganan máis dos 630€, pero fano con pluses que non computan para a xubilación, paro, baixa por enfermidade, etc” cóntanos Mario (nome ficticio), un operario dunha gasolinera do distrito de Leiría. Finalmente, a patronal aceptou iniciar un proceso de negociación colectiva que concluirá antes do 31 de decembro.

O acordo entre patronal, sindicato e Goberno acadouse tras 10 horas de negociación e a súa premura débese ao caos que reinaba no país transcurridos tan só tres días de folga.

Diso sabe Mario, un operario que hoxe debe quitar as cadeas metálicas de recubren os surtidores da súa gasolinera. Foron dos primeiros en quedarse sen gasóleo vendible, pero en estado de Alerta por Crise Enerxética, débese conservar un 20% do total para atender a bombeiros, ambulancias e forzas de seguridade. Non obstante, o efecto psicolóxico desta crise fixo que moitos usuarios non quixeran entendelo. “Ao principio puxemos bridas de plástico, pero a xente rompíaas para servirse gasóleo. Se intentan romper as de metal, ao menos xa é considerado atraco e podemos denunciar”. Tras tres intensos días, ao cuarto a balanza decantouse a prol dos condutores. A situación tardará aínda en normalizarse e os axentes implicados reuniranse máis veces nas próximas datas, pero o conflito parece encamiñarse cara a reforma laboral. “Eu quédome -dinos Mario- con que, para loitar polos seus dereitos, oitocentas persoas foron capaces de parar Portugal. Oitocentas”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Huelga
Huelga Nueva jornada de huelga en Renfe el 1 de abril
Los tres sindicatos que no firmaron el acuerdo recuerdan que hay convocatoria de paro en todo el territorio. Reclaman mejoras en el servicio público.
Análisis
Análisis Inmigración, trenes e ilusiones de soberanía
El mayor beneficiario de la situación política en Catalunya sigue siendo el PSC, que ve cómo la definitiva irrupción demoscópica de Aliança Catalana reduce el campo de los principales partidos del independentismo.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.