Precariedad laboral
“A sentenza é un elemento máis para seguir loitando polos nosos dereitos”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á USC a indemnizar aos investigadores predoutorais pola extinción do seu contrato.

Concentración de persoal investigador da USC
Persoal investigador da USC protesta fronte á reitoría da universidade en febreiro de 2019.
26 abr 2019 17:38

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sentenciou, o 11 de abril de 2019, á Universidade de Santiago de Compostela (USC) a aboar ao persoal investigador predoutoral a indemnización pola extinción de contrato. Esta resolución dá resposta a unha denuncia interposta polo Sindicato Nacional de Comisiones Obreras no 2017. A Asemblea de Investigadoras de Compostela, colectivo que agrupa ao persoal investigador da USC, vén de celebrar esta sentenza. Aldara Cidrás é membra da AIC e responsábel da Mesa de traballo de Xénero.

Levades meses reclamando melloras para rematar coa precarización do colectivo investigador. Que representa esta sentenza para vós?
Esta sentenza é, por suposto, un logro sindical. Nós recollémola como unha celebración porque se corresponde coas nosas demandas, polas que levamos loitando tanto tempo. Esperamos que poda sentar un precedente e que a USC deixe de gastar máis en avogados, en laudos e en sentenzas que en pagar xustamente os dereitos das súas traballadoras.

Unha das reclamacións da AIC é que se recoñeza ao persoal cun contrato formativo como parte do plantel de traballadoras. A sentenza do TSXG tamén serve de apoio a esta reivindicación.
Aínda que a denominación oficial segundo o noso convenio é de “investigadores en formación” os nosos contratos non son de formación, senón por obra e servizo. Isto tamén aparece explicitamente recollido na sentenza. É un elemento máis para seguir loitando polos nosos dereitos, que veñen tamén recollidos nos orzamentos da Xunta.

O 1 de marzo o Consello de Ministros aprobou o Estatuto do Persoal Investigador Predoutoral en Formación, que criticastes en conxunto coa Federación de Jóvenes Investigadores Precarios e Dignidad Investigadora.
Diferentes colectivos das universidades españolas levaban tempo tratando de conseguir un estatuto que recollera as demandas polas que nós tamén loitamos. Por exemplo, o recoñecemento como persoal traballador ou a pagamento por finalización de contrato, que até o 2016 si que se realizaba. Celebramos que por fin se creara, pero algúns dos dereitos polos que loitabamos non aparecen recollidos, como por exemplo o da indemnización. Este tipo de sentenzas demostran que si que ten que figurar no estatuto. Houbo outras críticas que fixemos de forma conxunta, como a exclusión do convenio do persoal sen contrato. A situación deste colectivo é desas situacións que só se dan no contexto do doutoramento. Persoas que realizan un traballo para a universidade, sen contrato e sen salario, e que non están recoñecidas teoricamente como traballadoras. Cando en moitos aspectos a labor que realizamos é semellante.

“Xerencia segue sen recoñecernos como interlocutores válidos

Vedes cumprida con esta sentenza reclamacións que tamén fixestes dende a AIC, mais quedan outras, como a equiparación salarial. Como avanzan as negociacións cos organismos xestores?
Reunímonos coa USC en marzo e Xerencia segue sen recoñecernos como interlocutores válidos, trátanos con desprezo. Seguimos en contacto grazas ao apoio dos sindicatos. Queremos diálogo, somos o colectivo de investigadores máis grande da universidade. A USC ten capacidade de negociar e de cambiar esta realidade desigual e discriminatoria que nos afecta. Hai outras demandas, como a da equiparación salarial, pero tamén deixar de ter un salario por debaixo do salario mínimo.

Esta semana celebrastes o noveno #martesnegro. Que valoración facedes desta iniciativa? Barallades outras vías para canalizar as vosas reivindicacións?
Seguimos loitando por unha USC digna, imos seguir coa iniciativa. Creemos que está sendo positiva, é unha ferramenta de visibilización. É emocionante recibir unha foto con oito investigadores levando a camisola. Co boca a boca cada vez máis xente coñece a Asemblea. E non só persoal investigador, senón tamén persoal de limpeza, persoal técnico. Isto axuda a tecer unha rede de solidariedade e de apoio. Estamos intentando plantexar outras iniciativas nas que se podan visibilizar as nosas demandas. Queremos recalcar que aínda que pareza que agora o que máis pulo está tendo son as demandas do persoal con contratos predoutorais, a AIC está formada por máis xente: post-docs, pre-docs, persoal técnico...Queremos recoller e dar pulo tamén as súas demandas máis específicas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Comunidad de Madrid
Nueva ley Un borrador de Ayuso contempla multas de hasta 100.000 euros por manifestarse en universidades
La Ley de Enseñanzas Superiores, Universidades y Ciencia lleva meses en negociación. Además de las manifestaciones, el texto considera como infracción grave acampadas como las de los últimos meses en apoyo a Palestina.
Opinión
Opinión La universidad pública vasca en la cuerda floja: ¿defensa real o competencias como excusa?
La reciente ofensiva del Gobierno Vasco y del Rectorado contra el decreto estatal que busca poner coto a la creación indiscriminada de universidades privadas es más que una disputa territorial.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.