O Salto Galiza
Cando os pasamontañas estaban extensamente permitidos

Coronavirus en el centro de Madrid
Outra persoa ben equipada para a alarma Álvaro Minguito
1 abr 2020 13:00

Atención ao caso empírico: Non teño mascarilla, pero prepárome para ir ao supermercado. Aducido polo pánico colectivo decido taparme a cara como nunca antes o fixera para saír á rúa. Póñome un pasamontañas negro, un gorro e as gafas de sol (que non falten). Síntome un incógnito. De camiño ao supermercado miro ao meu ao redor e resulta que hai outras persoas de incógnito. Sinto que a xente me mira con gratitude. Deben pensar “mírao, canta consciencia, que bo cidadán, todo tapado”. Quizais non, quizais pensan “mira este fracasado que non ten nin para mercar unha mascarilla”. Quizais non pensan nada e móntome o ‘peliculón’. O confinamento é o que ten. O caso é que chego ao supermercado e toca facer cola na porta. Somos 5 persoas esperando. Situámonos nun punto distinto da beirarrúa, calculando internamente a cantos metros temos ao resto de incógnitos. A xente vai entrando e pronto será a miña quenda, que nervios. Síntome como cando, con 14 o 15 anos, esperaba a que o porteiro da discoteca me dera o ‘OK’ para entrar. E por fin chega ese momento. Entro ao supermercado pensando que o meu disfrace protector será o máis auténtico. Pero “nanai”. Ao dobrar o primeiro corredor atópome de fronte cunha muller que leva un casco integral e toda a roupa precintada con celo industrial. Nivel DEUS. Xiro rapidamente á miña esquerda e ao final do corredor vexo a un home de costas. Xírase e vexo que leva unha máscara desas que usan os antidisturbios cando reparten estopa e tiran gases lacrimóxenos e un gorro moito máis estupendo que o meu. Mírame e sorrí. Será un deles. Decido ir buscar as cousas que me faltan e diríxome á caixa. Alí espera unha persoa que me mira fixamente. Dime que vou moi ben protexido. Nunca me felicitaran por ir cun pasamontañas, isto empeza a gustarme. Vexo que as súas mans tamén están cubertas cunhas luvas así que lle agradezo o seu esforzo diario e diríxome á saída. Unha vez na rúa crúzome con eses incógnitos que están esperando, controlando atentamente a distancia co resto de incógnitos. Cando subo coa compra a casa fico pensando no absurdo deste mundo. Se fai dous meses aparezo no súper cun pasamontañas (polo frío) tomaríanme por atracador e hoxe, sen dúbida, son un cidadán exemplar.

Este relato chegounos desde Barcelona da man de Quico Montañez Carbonell. Xa sabes que podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com co asunto “Un Salto de Contos”, ou como mensaxe privada ao noso facebook!

Arquivado en: O Salto Galiza
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas as entradas
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.