grazie cuba
Panel de agradecemento en Roma pola axuda médica cubana. Fonte: Cubainformación.
29 mar 2020 11:23

Fai moitos, moitos anos, as cubanas contaxiáronse cun virus barbudo cuxo foco se orixinou en Sierra Maestra, estendéndose despois por toda a illa. Un patóxeno humano que se cría controlado e que era moi temido por causa da súa transmisión, xa que non eran posibles distancias de seguridade para algo que saltaba de persoa en persoa só coa mirada empática de recoñecerse na outra. E é que o seu fluído favorito era algo tan abstracto como o brillo dos ollos, ese que provocan as miradas de rabia, de soidade, de medo e de fame, pero tamén de esperanza e loita, e a fin de contas de futuro e de liberdade.

Rapidamente, azucreiras, gandeiras, traballadoras de fábrica, camareiras e incluso artistas se descubriron coa mesma mirada, e, en lugar de illarse nas súas sombras, decidiron camiñar iguais por alamedas e avenidas contaxiando a cantas sabían delas. Este virus, ao igual que outros moitos, tiña un rumbo de clase á hora de expandirse, e por iso non puido infectar a un gran número de ricos propietarios que puxeron auga de por medio, case sen botar a mirada atrás.

A capital non tardou moito en sumirse á epidemia, e con ela todo o país. Non había volta atrás, o mundo tería que convivir cun virus que se pensaba extinto por culpa desta illa do Caribe, que xa comezaba a exportalo a outros lugares. Isto alertou rapidamente ao señor de los cañones, orgulloso dono da guerra que inmunizaba á poboación repartindo vacinas de capital por todo o mundo. Paradoxos da vida que este todopoderoso xigante, que vixiaba mares de tantas cores como o arco da vella, vira proliferar unha cepa xusto ao seu carón, polo que puxo un especial empeño en erradicar o virus cubano, erixíndose como o principal custodio da corentena.

Deste xeito en 1960, un ano despois do brote, o querido tío Sam impuxo un bloqueo na illa mediante o cal só circularían medicinas e alimentos, recoñecendo así a escasa capacidade produtiva dun territorio ao que trataran de converter nunha especie de casino de variedades. Non obstante, o perigo da epidemia esixía accións máis contundentes, e deixándose levar por algo que co que tiñan soñado, intensificaron o bloqueo tan só un ano despois, manténdoo ata a actualidade.

Malia isto, o virus cubano demostrara de sobra ser máis forte que os embargos, as invasións e os intentos de asasinato e boicot, e seguiu medrando ao carón das cristalinas augas do caribe. Del amor, estamos hablando, por amor, estamos haciendo, cantaba a Nueva Troba á sombra do xigante para reafirmarse en aquelo tan bonito que atoparan. E é que o virus resultara ser unha virtude, unha oportunidade para medrar da man da xustiza pero sen deixar de recoñecer os erros, onde servira de señal cada huella de las horas felices, se hablará tanto de las estrellas como de cicatrices.

Foi xusto por iso polo que comezaron a exportalo. Hai quen concibe este paso como un intento do patóxeno por seguir infectando, pero moitas sabemos que a iniciativa partiu das propias cubanas e do seu xeito de comprender o amor. Grazas a exemplos como o de Ernesto, aquel arxentino que arriscara a súa vida en Cuba e a perdera en Bolivia, as cubanas sabían que o amor carecía de todo sentido ao ser sometido a unha fronteira. Ao contrario, para manter a compostura en tempos de illamento forzoso as persoas desta illa optaron por prestar o seu amor a toda aquela que o precisara, xa que é sabido que la medicina más escasa, la más insuficiente, es la de remediar, la mente.

Axudaron en Angola e curaron en Haití ou Venezuela, mantendo sempre unha filosofía baseada na solidariedade, nese irmandamento que todas temos polo simple feito de ter nacido. Aí, e xusto aí, reside o motivo que explica a súa determinación á hora de estender esa axuda a todas aquelas ás que ata agora molestou o seu amor. Mi amor no es amor de mercado, porque un amor sangrado no es amor de lucrar, mi amor es todo cuanto tengo, si lo niego lo vendo, ¿para qué respirar?

Os seus médicos están en Italia e moi posiblemente partan axiña cara aquí, mentres que o seu interferón salva vidas en China. O relevante aquí non é se se consegue ou non abrandar os corazóns dos señores da guerra para que rematen o bloqueo trala crise. O relevante é que continuamos sendo quien merece el amor, quen é capaz, aínda, de mirarse e contaxiarse dese virus cubano capaz de vencer a calquera outro.

*Este relato enviouno Daniela. Por se non vos decatastes lendo as citas, escribiuno mentres escoitaba a Silvio Rodríguez nun momento de felicidade. Podes enviar o teu conto a osaltogaliza@gmail.com ou por mensaxe privada ao noso Facebook.

Arquivado en: O Salto Galiza
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas as entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas as entradas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.