31 mar 2020 20:25

Ela é, cómo che digo? É unha das persoas máis auténticas que coñezo, e coñezo xente que mola bastante, pero ela ten algo. Sabes esa xente que de primeiras non di moito, pero que si voltas a mirala dis “hei, nesa cabeza cócese algo”? Sabes? Pois eso. E vaia se se coce.

É unha persoa sinxela, pequena e cunha humildade que non colle no normal nin na grandeza. Eso é o que é a hostia, é como se saise da norma pola porta traseira, como se lle dese tan igual ser xenial que o é.

Logo ten outra cousa, sabe que flipas, de moitas cousas, pero si lle preguntas, di que so sabe do pouco que veu e do pouco que leu, agora, así que a deixas e a escoitas, a tipa vai e sabe de todo. Sabe os mellores retrinques, os mellores contos e as historias divertidas. E cando da en rir... que marabilla cando ri, ri que se escaralla e limpa as bagoas e para un anaquiño o mundo.

Nisto do saber, ten outra cousa, se falas un anaco con ela, rematas sabendo máis do que sabías cando comezaches, pero sen ela dicir moito. Ten esa capacidade de falar mentres escoita, non sabes?

Non é un titular, é ese anaco que subliñas da nova, eso que non é o tema, pero o que queres lembrar, o que porás nos teus contos, o que che aclara ese pensamento que non sabías explicar. É unha traducción! Entendes?

O que é, é forte que te cagas e valente e boa, moi boa, tanto que ás veces non parece, porque ás veces, o ser boa leva erros, e certa mala hostia, porque cando a vida ás veces é unha merda, ou levas moitos carallos, algo de mala hostia tamén lle hai que meter, ou malicia, ou 'esprito' de loita, ou o que sexa.

Ás veces penso que tivo mala sorte e se tivese nado noutro lugar e/ou noutro tempo, habería libros a falar dela. Outras penso [e dos meus pensares ten ela moita culpa] que nese sitio e nese tempo igual acababan con ela, ou a asimilaban, ou vai ti saber... E tamén penso que ás veces os libros, e os contos, igual se tiña que facer desa xente que, como miña nai, é tan normal, que non é normal.

Miña nai, miña naiciña

como miña nai, ningunha.

Que me quentou a cariña

co caloriño da súa


*Este bonito conto envióunolo Sara. Podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com ou como mensaxe privada ao noso Facebook.

Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Sobre o blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver listado completo
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...