
O rapaz e o seu vello pasaban algunhas noites coas ovellas no monte, a carón do lume e da cadela.Unha tardiña que ían subindo unha pendente esixente, o rapaz colleu unha pola do chan. Axudoulle a chegar ó alto do outeiro e, unha vez enriba, axudoulle a darlle unha vareada a unha ovella que se lles desencarrilara. Pensándoo ben, dende entón axudoulle a sinalar, apoiarse, empuxar, golpear, picar, facer panca, ameazar e mil historias máis. Era o que se chamaba unha ferramenta “buena, buena” e de tanto dicir que o devandito bastón era practico alcumáronlle “O Práctico”.Pasaron as rapas, as vendimias e os entroidos e o vello morreu, o rapaz casou, tivo unha filla e logo o cabelo cano e o corpo canso. A rapaza e o seu vello pasaban algunhas noites coas ovellas no monte, a carón do lume e do can.Unha noitiña que ía algo de viruxe estaba o vello sentado tentando de estimular a brasas da fogueira co seu pau. Miroulle para a punta, que estaba gastada de apoiarse tanto tempo na Galiza. Púxose de pé e pensou que os anos fixeran que lle quedara algo máis curto. E guindouno ó lume.
*Este conto enviouno Antón Bolboreta. Podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com ou como mensaxe á nosa páxina de Facebook.
Relacionadas

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!