Un Salto cara a un xornalismo máis pensado

Nun contexto de sobreinformación, O Salto Galiza quere explorar novas formas de contar historias, máis ricas no narrativo e diversas nos formatos. Un medio independente, crítico e con axenda propia.
13 ene 2022 21:29

As maneiras de facer xornalismo mudan cada vez máis rápido e a crise sanitaria supuxo un desafío que nos encamiñou cara a un proceso de reconstrución interna que garanta a continuidade do proxecto.

Nun contexto de sobrecarga de actualidade informativa, cremos que é o momento de apostar por contidos pausados. Cada unha das nosas pezas terá detrás un traballo de reflexión e debate entre todo o equipo. Somos un medio independente, cuns recursos que permiten un achegamento repousado ás cuestións de interese do noso país. É probable que a edición xeral de El Salto sexa unha das túas publicacións de cabeceira: agora queremos que O Salto Galiza sexa o medio no que podes ler a actualidade noutra chave.

Queremos explorar novas formas de contar historias e explorar formatos que combinen diversas linguaxes. Continuaremos con moitas das seccións que xa existían ata agora e presentaremos algunhas novidades. En resumo, estamos traballando para ofrecervos contidos xornalísticos de calidade, feitos con coidado e que poñan as persoas no foco. Tamén queremos saír da comodidade da redacción para contar as historias desde o lugar onde suceden, falando en persoa coas nosas fontes. Máis aínda en contornas rurais, pouco e mal representadas mediaticamente.

No Salto non publicamos publicidade con aspecto de información. Cada semana recibimos ducias de propostas para insertar contidos de pago a cambio de cartos que non aceptamos. Está pasando en todas partes, mais non aquí. Se temos publicidade institucional entre as nosas páxinas ou na nosa web, nunca será en troques de calar. O departamento de publicidade do Salto nunca intervén nas decisións da mesa de redacción.

O Salto é un medio de todas e para todas, polo que, se queres colaborar ou tes algunha proposta que penses que pode encaixar, escríbenos a osalto.galiza@elsaltodiario.com e poñerémonos en contacto contigo para valorala. Seguide moi atentas ás nosas redes.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...