Seguramente te preguntarás por que acabas de recibir esta edición de El Salto en troques da túa edición galega habitual. Desde o colectivo editor do proxecto decidimos unificar todas as edicións territoriais nunha soa edición en agosto e setembro.
Este cambio responde a dous motivos fundamentais. O primeiro que, como xa saberás, a nosa situación económica pasa por momentos difíciles. O outro motivo é que estamos reformulando o modelo do noso proxecto de comunicación, e queremos que decidas con nós o seu futuro. Nestes tres anos que levamos en funcionamento, superamos, mes a mes, os nosos récords de visitas na web. Porén, os ingresos e o número de subscritores foron diminuíndo.
Cremos que é momento de reflexionar sobre como podemos ser máis útiles, e do que si que estamos bastante seguros é de que isto pasa por destinar máis recursos á web, o que tamén nos axudaría a facer máis contidos en galego, algo que tentamos mellorar cada día e para o que precisamos máis apoios.
Para reducir gastos estamos estudando varios posibles cambios na revista en papel, que a día de hoxe consta de seis edicións territoriais e supón unha gran porción dos gastos. Unha destas posibilidades é unificar nunha soa edición as seis edicións territoriais actuais. Outra sería ampliar a súa periodicidade.
A decisión será das persoas subscritas, e por iso queremos que antes teñas nas túas mans un exemplo do que podería ser, e así poder decidir o futuro da revista impresa.
Ademais, en agosto O Salto Galiza reducirá o volume de publicacións. As persoas do nodo galego precisamos unhas semanas de descanso. Á volta do verán volveremos con máis forza e poñeremos en marcha un referendo ás nosas socias no que poderás decidir que queres que sexa O Salto.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!