Galiza Ano Cero, La Directa, Nós Televisión, La Marea, Argia, Ahötsa, Pikara, Soberanía Alimentaria, La Poderío... son algunhas das cabeceiras coas que cooperamos actualmente. Fixémolo con moitas outros medios e iniciativas e farémolo con máis no futuro; o xornalismo autoxestionado e de base militante non é un camiño sinxelo. Moitos medios son de carácter territorial e temáticos moi diversos: algúns xeralistas, outros especializados, algúns con diferentes nodos na península e outros máis locais. Con todos eles compartimos unha filosofía de base común e unha visión do xornalismo como ferramenta para dar voz ás propostas transformadoras e para fiscalizar aos poderes políticos e económicos. Como é lóxico, cada quen cos seus matices, unha diversidade que respectamos e nos enriquece.
Nun modelo de negocio no que prima a competitividade ou ver quen obtén máis clics, axudarnos uns a outros reforza a visión dun xornalismo que concibe a información como un ben común e non unha mera mercancía
Con todos os medios de comunicación afíns compartimos aquelas publicacións que poden ser de interese para as nosas lectoras e que nos permiten, con esta fórmula, chegar a territorios e ámbitos temáticos que cos nosos medios e base de colaboradoras, quizais non poderiamos acadar. Tamén, na medida en que as rutinas de traballo o permiten, cooperamos uns con outros compartindo fontes, ideas e informacións, e tamén impulsamos traballos conxuntos que se difunden conxuntamente.
Nun modelo de negocio no que prima a competitividade, chegar antes que o outro, ver quen ten máis visitas e quen obtén máis clics, axudarnos uns a outros a difundir contidos reforza a visión conxunta dun xornalismo que concibe a información como un ben común e non unha mera mercancía; que entende as historias que conta como unha realidade de interese xeral que é importante que chegue a cantas máis lectoras mellor, e non como un produto de propiedade exclusiva.
En momentos difíciles como no que estamos, queremos visibilizar máis que nunca esta rede de medios afíns que nos enriquece e invitarvos a leerlos, seguilos e apoialos. Por moitas máis iniciativas de xornalismo polo apoio mutuo.
Relacionadas
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
Últimas
O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Recomendadas
Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!