O Salto Galiza
Remata a serie de 8 encontros virtuais Capital VS Vida

A Central Unitaria de Traballadoras organizou durante estas semanas de confinamento unha serie de 8 encontros virtuais baixo o lema Capital VS Vida, coa colaboración do Novas da Galiza, Nós Televisión, Galiza Contrainfo e O Salto Galiza.

Ultimo encontro Capital VS Vida
1 may 2020 10:00

Hoxe, no 1º de maio, ás 18 horas teremos o derradeiro dos 8 encontros virtuais Capital Vs Vida realizado pola Central Unitaria de Traballadoras coa colaboración dunha serie de medios galegos. Onde falaremos sobre como ocupar as rúas para que gañe, finalmente, a vida. Participarán Ricardo Castro (Secretario Xeral da CUT), Bernardo Máiz (historiador), Benet Salellas (avogado do Procés) e Arantxa Vázquez (responsábel de políticas transversais de LAB). Modera Raquel Lema, responsábel de comunicación da CUT. Lembra que podes seguilo na páxina de facebook da CUT.

No primeiro encontro, celebrado o pasado venres 3 de abril, abordouse a situación dos coidados no marco da crise da COVID-19. Participaron Aurora Magán, de Enfermeiras en Loita; Rosario Iglesias Requeijo, traballadora nunha residencia privada; e Eli Dosil do sindicato PROSAGAP. Moderou o debate a nosa compañeira Elena Martín do Salto Galiza.

No segundo encontro, que tivo lugar o mercores 8 de abril, conversamos sobre o papel dos medios de comunicación galegos no marco da crise da COVID-19. Participaron Ana Viqueira, de Nós Televisión; Charo Lopes, do Novas da Galiza; David Lombao, de Praza Pública; Xesús Piñeiro, de Nós Diario e Pablo Santiago, do Salto Galiza. O encontro foi moderado pola xornalista Alexandra Pacheco.

Pola súa banda, no terceiro encontro, celebrado o venres 10 de abril, abordamos a situación das traballadoras culturais na crise do COVID-19. Desta vez falamos con: Mónica Camaño (actríz), Arxemiro Branco (libreiro), Leo Matamá (músico) e moderou a conversa Ana Salgado.

Nun cuarto encontro, realizado o mércores 15 de abril, abordamos a situación do traballo doméstico no marco da crise da COVID-19. Participaron na conversa Maruchi Álvarez (coidadora informal), María José López (Sindicato PIT-CNT Uruguai) e Juana Chumpitaz (traballadora do fogar) e moderou o debate Andrea de Francisco.

O quinto dos encontros virtuais realizouse o venres 17 de abril e levou por título: “Autodefensa legal fronte ao estado de excepción” e contou coa participación de Sandra Garrido (A Sensu Contrario), Natxo Parra (Col·lectiu Ronda), Erlantz Ibarrondo (avogado de Solidaridad Obrera e MMSS) e moderou David Soto, profesor de dereito penal na UDC e membro de Esculca.

Na semana seguinte, o mércores 22 de abril, falamos das situación das traballadoras eventuais do emprego público. Contamos coa participaron de Alicia Castro, Enfermeiras Eventuais en Loita; Andrea Estévez, profesora USDG - CUT e Carmen Pereira, auxiliar técnica educativa. Moderando estivo Pilar Aymara, de Rosalía TV.

O venres 24 abordamos como se afronta esta crise e que alternativas están poñendo sobre a mesa os feminismos, e contamos coa participación de Daniela Ferrández, de Amizando; Lola Ferreiro Díaz, psiquiatra e feminista; Kenia García, traballadora sexual e Sonya Mendes, de SOS Racismo e Afrogalegas. Pola súa banda, a conversa foi moderada por Charo Lopes, do Novas da Galiza.

Finalmente, no seguinte encontro virtual Capital Vs Vida, celebrado o mércores 29 preparámonos para o 1º de maio falando sobre internacionalismo proletario e aprendendo das experiencias do sindicalismo doutros pobos con João Barreiros (CGTP-IN, Portugal), Guido Lutrario (USB, Italia) e Koldo Sáenz (LAB, Euskal Herria). Moderou o encontro Maria Álvares, do Novas da Galiza.

Agardamos ter aportado visións e alternativas nestes tempos de incerteza para construír un futuro con maior xustiza social na nosa terra e no conxunto dos países.

Arquivado en: O Salto Galiza
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.