Salud
O alumnado médico móvese en prol dos dereitos humanos e a concienciación

Alumnos e alumnas da USC saen á rúa para desestigmatizar, concienciar sobre dereitos humanos e aportar solucións polo Día Mundial da Saúde.

12 abr 2019 13:26

O pasado 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde. É unha data que conmemora a creación da Organización Mundial da Saúde, que este ano propuxo como tema de debate a Cobertura Sanitaria Universal. Os alumnos da facultade de Medicina da USC, organizados baixo a asociación Meiga e coa colaboración da ONG Médicos do Mundo, propuxeron unha serie de actividades para reflexionar sobre 8 ámbitos da saúde, o acceso á Sanidade e os mitos e estigmas que aínda perduran acerca de moitas enfermidades.

Nun percorrido de 15 minutos baixo a carpa colocada na Alameda de Santiago, descubrimos que as ETS están relacionadas co cancro, que os enfermos mentais poden sufrir autoestigmas, analizamos que é exactamente doar médula, aprendemos a facer unha RCP e enterámonos de por que é necesaria una Cobertura Sanitaria Universal. E todo isto cóntannolo uns alumnos e voluntarios que non parecen contar co apoio da USC.

'MEIGA', O ALUMNADO ORGANIZADO

Baixo o teito branco que cubriu a Alameda, falamos con Paula Castro, coordinadora do departamento de Saúde Pública de MEIGA, e como tal unha das causantes de que esta iniciativa saia adiante. MEIGA é unha asociación de estudantes de Medicina e o comité local de IFMSA Spain (Federación Internacional de Asociación de Estudantes de Medicina, polas súas siglas en inglés). Ten como obxectivo levar a medicina á rúa, que a xente aprenda sobre temas tan fundamentais como primeiros auxilios e prevención de ETS, ou que os nenos “perdan o medo a bata branca”. Paula explícao mentres observa orgullosa a sección infantil da que tampouco se esqueceron. Xunto a ela, podemos atopar postos sobre nutrición, tabaquismo, psicoloxía, sexualidade, presión arterial, primeiros auxilios, doazóns, diabetes e glucemia ou dereitos humanos. Paula sabe da importancia de educar dende a infancia: “Dende o departamento de Saúde Pública visitamos colexios e facemos obradoiros onde tratamos de ensinarlles que non se debe de asociar estar enfermo con tomar unha pastilla”.

Día Saúde 1

Sangue, órganos e médula insuficientes 

Un dos postos ensina ao público como axudar de forma activa a salvar vida a través da doazón de sangue, órganos ou médula. Esta última está especialmente estigmatizada debido á crenza popular de que o doante cede parte da súa médula espiñal. Non obstante, “que non cunda o pánico!”, ninguén recibe unha picadela na espiña dorsal cando dona médula. Nesta doazón extráese médula ósea, un tecido esponxoso situado dentro dos ósos planos -pelve, esterno...- no que se fabrican as células nai. Estas transfusións son fundamentais en casos de leucemia, por exemplo. O 70% das persoas que precisan un transplante de médula non teñen familiares compatíbeis, de aí a súa importancia.
A estigmatización do proceso chega até as persoas falecidas, e as negativas familiares a doar órganos de parentes finados na Galiza é dun 36%, case duplicando a media española (21%).

No caso dos órganos pasa algo semellante. Galicia bateu en 2018 o seu récord de doantes de órganos, pero estas achegas non son en absoluto suficientes. Por cada millón de habitantes, atopamos 43 doantes. A estigmatización do proceso chega até as persoas falecidas, e as negativas familiares a doar órganos de parentes finados na Galiza é dun 36%, case duplicando a media española (21%).

contra a estigmaticación das Enfermidades mentais 

No posto de psicoloxía menciónase moito a palabra estigma. “Tendemos afastarnos das persoas que padecen algunha enfermidade mental porque as consideramos un tabú. Está demostrado, non obstante, que o mellor para as persoas que as padecen é falar da saúde mental, aínda que tan só sexa preguntarlles que tal?”, explican estudantes de Psicoloxía. “Aínda que se nos conteste que non apetece falar diso nese momento, estamos aportándolles unha conexión, dicíndolles eu estou aquí”.

Para contribuír a rematar con este tabú debemos cambiar a nosa propia linguaxe. Un rapaz con TDH non é “un hiperactivo”. Non existe “o autista”, senón a persoa con autismo. Doutro xeito, creamos unhas denominacións que non favorecen a estas persoas. “Cando chamamos a un rapaz con autismo “autista”, estamos asumindo que o autismo é parte da súa identidade, estámolo reducindo a iso. Isto que pode causar? Que o propio afectado se vexa a si mesmo desa maneira, identificado coa súa enfermidade e incapacitado para combatela”.

Pouca conciencia sobre ETS

Tras recibir a charla de sexualidade no instituto, todos nos lanzaríamos a afirmar que a concienciación é maior agora en temas sexuais que hai anos. Os datos non o din así. Proba diso é que cada vez hai máis casos de sífilis ou gonorrea, tal e como informa o posto sobre sexualidade. O sexo lésbico non está exento de contraer ETS; practicar sexo oral tampouco as evita. E as ETS, ademais, poden estar directamente relacionadas co cancro. Este é o caso do virus do papiloma humano, que se transmite ás mulleres e pode desencadear cancro de útero. Queda moito camiño por andar no eido da concienciación. O amor libre non se acadará ata que non se acade o amor seguro.

... E DEREITOS HUMANOS

Entre o balbordo e o movemento observamos un posto diferente. Tras el aténdennos os chalecos azuis, no canto de batas brancas. Trátase do stand de Médicos do Mundo, unha ONG que busca a Cobertura Sanitaria Universal (CSU). A CSU equivale ao dereito a unha sanidade pública de calidade garantida en calquera parte do mundo que atenda a todos, independentemente da nacionalidade, nivel socioeconómico, relixión, etc.

A ONG actúa en dous eidos: axuda as persoas en situación vulnerábel a acceder á CSU e denuncia estes casos en busca de concienciación. Actualmente en España, e dende a modificación da Constitución en 2011, o sistema de saúde público deixa fóra aos inmigrantes en situación irregular agás menores, mulleres embarazadas ou persoas ao borde da morte. Pero dende a ONG aseguran que estas excepcións tampouco se respectan e que as facturas chegan ás súas casas tras unha intervención.

Máis da metade da poboación mundial carece de acceso á Sanidade, e isto afecta en especial as clases máis baixas.

A nivel mundial, a Cobertura Sanitaria Universal parece non ter moitos apoios políticos pese as súas vantaxes. A CSU implicaría non só o tratamento de enfermidades senón tamén a súa prevención. Actualmente, non existen servizos de control dos lugares de reprodución de especies coma os mosquitos, usuais transmisores de enfermidades en moitos países do mundo. Cunha CSU non só se tratarían a todas as persoas senón que se reduciría o número de enfermos porque se levarían a cabo labores de prevención.

Actualmente, máis da metade da poboación carece de acceso á Sanidade, e isto afecta en especial as clases máis baixas. Non todos os países do mundo poden permitirse unha sanidade pública de calidade, por iso deben tecerse redes de cooperación e colaboración internacional. Nós non somos o mellor exemplo diso: España doou 5 millóns de euros no último ano á Axuda Oficial de Desenvolvemento (AOD), lonxe dos 12 millóns que destinara en 2009, o que supón tan só 1,77€ por habitante. 

Outro mundo máis xusto é posible e é viable. Son moitos os estudosos que ven posible o financiamento dunha Cobertura Sanitaria Universal, como mostra o informe A saúde na cooperación ao desenvolvemento e a acción humanitaria, llevado a cabo pola propia ONG.

o ALUMNADO VOLUNTARIO: que fago eu aquí?

No Estado español, IFMSA promove actividades como está por multitudes de cidades. Paula Montero fálanos dende a súa experiencia: “Para min vir aquí por primeira vez foi incrible. Cando estás en prácticas, é o médico o que interaciona co paciente, ti só atendes -e moitas veces pasan de ti-; pero aquí atópaste ti soa con xente que che fai preguntas e para as que es unha figura importante, e por iso eu penso que se aprende moitísimo”. Paula, aínda que non poida facer diagnósticos dende a carpa, si aprendeu a comportarse un pouco máis como unha profesional.

Atendendo os postos de nutrición e tabaquismo atopamos a Lucía, unha rapaza que comezou a carreira de Medicina hai 8 meses. Ás oito da tarde, ela e a súa compañeira de stand xa están cansas, pero en ningún caso defraudadas. C. Rodríguez cóntanos que comezou o seu voluntariado cando viu a un mozo estranxeiro apoiado sobre a súa nai, esgotado e visiblemente enfermo, ao que negaban a asistencia médica por ser un irregular. Neste espazo, hai oco para todos os estudantes dispostos a aprender e colaborar nunha boa causa. Atopamos alumnos tanto de Medicina como de Psicoloxía e proximamente, abrirase o acceso a os de Enfermaría.


Arquivado en: O Salto Galiza Salud
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Activismo
Movementos sociais A Comunidade de Montes de Tameiga vence ao Celta de Vigo e frea a construción dun centro comercial e un estadio
Os comuneiros e comuneiras desta parroquia de Mos (Pontevedra) conseguen torcerlle o brazo á empresa de Marián Mouriño que accede a renunciar ao 99% do terreo que tentaba ocupar cunha cidade deportiva que o pobo rexeitou con grandes mobilizacións.
Laboral
Laboral Investigada unha rede empresarial que explotaba a 82 migrantes nunha granxa de Lugo
Polo de agora, tres persoas responsables da granxa de Begonte centran as investigacións da Garda Civil. As 82 persoas explotadas vivían nun hotel de Ordes (A Coruña) que non tiña sequera licencia de hostalaría.
Galicia
Galicia ¿Quién es quién en Greenalia? La empresa que quiere otra celulosa en Galicia y arrasa olivares en Andalucía
Los tentáculos del entramado empresarial tras esta corporación tocan a gran parte de la oligarquía gallega. Desde medios de comunicación como 'La Voz de Galicia' hasta equipos de fútbol como el Deportivo o entidades financieras como Abanca.
Salario mínimo
Pacto bipartito Trabajo y sindicatos acuerdan la subida del salario mínimo en 50 euros sin el apoyo de la patronal
Díaz anuncia un acuerdo con los sindicatos que llevará al Congreso de Ministros de forma “inminente” la propuesta del Ministerio de Trabajo. Los sindicatos proponían una subida de 66 euros y la patronal, de 34 euros.
Hidrógeno
Descarbonización Los planes de expansión del hidrógeno en Europa chocan con la falta de energía verde para producirlo
La escasez de hidrógeno producido con renovables y el exiguo desarrollo del aluvión de proyectos anunciados ponen en entredicho la estrategia de descarbonización en Europa, según un informe de Global Energy Monitor.
Madrid
Justicia El fiscal general del Estado, en el alambre, declara como investigado ante el Supremo
Álvaro García Ortiz acude al alto tribunal a explicar su versión de las filtraciones denunciadas por el entorno de la pareja de Isabel Díaz Ayuso. Es la primera vez que un fiscal de su categoría declara como investigado.

Últimas

Energías renovables
Energías renovables en Madrid El Centro Cultural Palomeras quiere ser autosuficiente, los préstamos de sus vecinos pueden conseguirlo
Una universidad pública y una cooperativa de energías renovables lideran el proyecto de préstamos que quiere convertir en autosuficiente al histórico centro educativo vallecano, y que busca reunir 150.000 en financiación ciudadana a un interés ético.
Israel
Sionismo Maccabi - Baskonia: no colaboremos con la banalización del mal
El partido de basket en Gasteiz es una oportunidad de oro para mostrar nuestra determinación a no contribuir al blanqueamiento del Estado genocida de Israel, oponiéndonos decididamente
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Sin materiales, sin protección adecuada y sin financiación: los bomberos de Madrid denuncian “abandono”
La contaminación de los equipos de protección de cinco bomberos en un incendio en una nave de reciclaje hace levantar de nuevo la voz de los sindicatos, que ya tienen denunciada ante el TSJ de Madrid, la falta de financiación.
Más noticias
Cine
El Salto recomienda Diez películas y series en Filmin para acercarse a la diversidad de Andalucía
Una selección realizada por la periodista de El Salto Aurora Báez Boza sobre las mejores películas y series para descubrir las diversidades que habitan dentro de Andalucía
Dana
Tres meses de la dana “Aquí no llovió casi nada”
VV.AA.
Un vecino de Benetússer explica cómo la riada arrasó y cambió para siempre las vidas de miles de personas.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Cultura y resistencia desde América del sur
Cuatro historias sonoras de experiencias creativas y comunitarias en algunas ciudades de Perú, Argentina y Paraguay
Opinión
Opinión Monetizadores de la estupidez
Ser un chalado anticiencia puede llevar a pasearte por radios, televisiones y streamings porque eres rentable para gente sin un mínimo de ética periodística.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resucita el decreto ómnibus con más ayudas a los propietarios
El Gobierno anuncia un acuerdo con Junts para reflotar el decreto que permite revalorizar las pensiones con nuevos avales estatales para caseros. El presidente se compromete a convocar una moción de confianza.

Recomendadas

Medio rural
Reportaxe As mulleres rurais soñan con deixar de ser heroínas
A falta de servizos básicos no rural é a primeira pedra no camiño de quen quere vivir e desenvolver os seus proxectos fóra da cidade. Aínda así, o rural galego atópase á cabeza en canto a titularidade feminina respecto á media do Estado español.
Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Jaén
Andalucía Lopera no quiere que Greenalia especule con sus olivos
Decenas de pequeños olivareros de la Campiña Norte de Jaén podrían perder sus terrenos en beneficio de una empresa que quiere talar los árboles para instalar siete parques fotovoltaicos.