Sexualidad
Unha dose de realismo sexual

Os cambios tecnolóxicos e a reformulación dos valores morais contribúen a unha apertura de ideas sobre a sexualidade que non sempre se traduce en hábitos innovadores e na normalización da súa presenza no ensino.

Black Mirror
Una imagen de un capítulo de la serie 'Black Mirror'.
22 ago 2018 09:53

As relacións e prácticas sexuais entre diferentes persoas ocupan un lugar esencial entre os desexos e as motivacións de cada individuo. Delas depende nada menos que a perpetuidade da especie. Pudor, tabús ou hipocrisía moral entorpecen a loita irregular por normalizar o intercambio de experiencias e a transmisión de coñecementos en todos os ámbitos malia o ritmo ao cal se espallan as novidades tecnolóxicas.

Unha sociedade mudable, no seo dun mundo convulso, percibe a potencia cada vez máis intensa que cobran as reivindicacións feministas e do colectivo LGTBI co obxectivo de gañar terreo en cuestións básicas relacionadas con valores como tolerancia, independencia, convivencia, respecto e igualdade. Os canais polos que debe transcorrer a evolución cultural ou educativa son obxecto de eterna disputa, pero existen aspectos de maior ou menor delicadeza que apenas se reformulan ou gozan dun aplauso xeral en vez de fomentar un debate aberto.

O coruñés Álex Maroño, graduado en Relacións Internacionais e colaborador da revista dixital El Orden Mundial en el Siglo XXI, explicou nun artigo publicado a mediados de 2017 baixo o título “O sexo que vén” a discordia que se dá entre a exposición a ideas de carácter sexual e a frecuencia desta actividade entre dúas ou máis persoas.

Maroño sinala o “paradoxo” de que “as sociedades occidentais, marcadas pola perda de influenza da relixión e dos valores morais tradicionais, sexan o perfecto caldo de cultivo para xoves asexuados”, pero apoia esta afirmación en “diversos estudos” entre os que destaca un informe sobre os hábitos sexuais de diferentes xeracións publicado en 2015 no Archives of Sexual Behavior.

“O sexo, utilizado como arma arreboladiza contra a moralidade política e social nos anos 60 e 70, tivo unha grande importancia nos movementos revolucionarios da época”, indica. A rebeldía é paixón e fomenta o morbo e a promiscuidade. Na actualidade, segundo Maroño, o aumento de prácticas de tipo virtual e de relacións a distancia contribúen tamén á falta de contacto físico.

O EFECTO PORNO

A variedade e abundancia de contido producido pola industria pornográfica e difundido especialmente a través de Internet permite detectar unha serie de patróns que se converten nunha especie de folclore asimilado polos cineastas do sexo explícito.

Vanessa Rodríguez Pousada, psicopedagoga, profesora universitaria e directiva da Sociedade Galega de Sexoloxía (Sogasex), destaca a importancia da proximidade de “adultos que promovan o pensamento crítico cara á pornografía para identificar os estereotipos que amosa”.

O porno forma parte da educación sexual dos adolescentes sen pretendelo. Pousada matiza que “non se trata de facer unha alegación contra este material”, pero si de poñer en contexto o modelo que emana destas producións, “un tanto negativo para rapaces e para rapazas”.

O rol da muller, en opinión da psicopedagoga, incide na “sumisión, a disposición constante a mercé do desexo do home”. E o home, pola súa banda, asume o arquetipo de personaxe “eficaz e eficiente, cun alto rendemento sexual dentro dun enfoque coitocentrista, o que xera a frustración de moitos adolescentes que non teñen que exhibir facultades ximnásticas senón que deben afrontar un universo sexual, emocional e relacional que se irá construíndo e desenvolvendo ao longo da vida”.

SEXO NA ESCOLA

A presenza dos temas vencellados á sexualidade carecen a miúdo dun recoñecemento á súa relevancia en ambientes sociais de confianza ou en institucións dedicadas ao ensino. Pousada sostén que “a educación sexual debe estar presente en todas as etapas, a clave consiste en adaptalos a cada fase evolutiva, valorando aquilo que o infante está capacitado para asumir e integrar”.

A psicopedagoga admite a “escaseza destes contidos”, así como a limitación habitual a “unha visión un tanto negativa onde os aspectos fundamentais radican nas enfermidades de transmisión xenital e a prevención de embarazos”, pero asegura que “cada vez existen máis profesionais preocupados por esta temática que procuran formarse e impartir leccións de calidade”.

Unha materia específica nos plans de estudos cubriría un espazo “necesario”, en opinión de Pousada, como método de “garantir a aparición da educación sexual”, aínda que a directiva de Sogasex defende que “o ideal sería que existise de forma transversal nos currículums”.

MITOLOXÍA ROMÁNTICA

O amor romántico común apróbase con naturalidade en calquera sector social mesmo nos casos en que se utiliza para expresar eloxios mediante mensaxes de autonegación ou declarar nun ton positivo a sensación subxectiva de dependencia extrema.

A xornalista e guionista barrense Diana López Varela describe nun capítulo do seu libro No es país para coños os mitos desta interpretación. “Buscar a media laranxa, esa que encaixa á perfección coa outra media, implica, de entrada, que nacemos incompletos e precisamos de alguén para converternos nunha persoa consumada. Tentar achar á parte que completa ese baleiro converte a procura do amor nun imposible de expectativas desbordantes”, explica a autora na propia obra, na cal recalca o papel histórico da Igrexa na implantación dun ideal concreto de parella que insiste na entrega absoluta e eterna e na abnegación da muller.

Vanessa R. Pousada aclara que “a dependencia en si non é mala, xa que, como seres humanos, dependemos doutras persoas dende o nacemento e creamos a nosa identidade en relación coa devolución dos outros. O problema vén cando se nos di que é necesaria unha parella para o pleno desenvolvemento”.

AMOR EN LIBERDADE

A orixe da monogamia motiva a defensa de teorías antropolóxicas moi diversas que non acadan un consenso preponderante entre especialistas. Algunhas explicacións fan referencia a sistemas de organización que optimizan a protección e a seguridade precisas en épocas prehistóricas. O fomento dun esquema familiar ríxido dende a cúpula do poder estableceu máis adiante as pautas imperantes na sociedade.

“A categoría de parella neste país aínda está moi marcada polo catolicismo, onde as relacións deben encadrarse dentro do matrimonio de dúas persoas heterosexuais”, apunta Pousada, quen engade que “isto vai mudando coa perda de potencial da mensaxe relixiosa e a aparición de novos modelos de parella”.

A lealdade, a honestidade e a confianza entre dúas persoas que manteñen un contacto íntimo son compatibles coa renuncia á fidelidade e á exclusividade sexual. Neste senso, cabe cuestionarse en que casos a monogamia é unha elección propia e consciente, unha opción deliberada a certo nivel e non unha construción cultural radicalmente aceptada.

Pousada indica que “cada individuo parte de diferentes opcións e debe realizar un traballo de coñecemento de si mesmo para saber que tipo de relación é a máis axeitada en función da súa moral e das súas ambicións”. A psicopedagoga subliña, en todo caso, que unha relación “implica esforzo e traballo conxunto para lograr a súa evolución e crecemento”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cine
Lucía Delgado y Tábata Cerezo “Las escenas de intimidad van mucho más allá del sexo”
Lucía y Tábata son coordnadoras de intimidad, es decir, se ponen al servicio de una historia audiovisual para acordar, delimitar, construir escenas que pueden suponer situaciones de especial vulnerabilidad a los actores y actrices.
Feminismos
Andrea Proenza “Debemos aproximarnos a nuevos horizontes feministas en nuestra forma de amar”
‘Cartografías del deseo amoroso’ es el título de un ensayo intimista sobre chicas que quieren ser Bravo y buscan no solo el amor, sino un buen relato.
Opinión
Opinión Poliamor de derechas, poliamor de izquierdas
La no-monogamia no puede ser simplemente una etiqueta identitaria o una preferencia personal, sino una práctica material que cuestiona la propiedad privada, la privatización de los cuidados y la reproducción de los roles de género
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.