Sexualidad
Hadriana Ordóñez: “Grazas por tratarme como persoa’ foi o que máis escoitamos en Dedaleira”

A sexóloga Hadriana Ordóñez formou parte, xunto coa traballadora social Cristina Santos, dun servizo pioneiro a nivel estatal de atención sexolóxica a persoas con discapacidade, posto en marcha por Acadar e Cogami.

Hadriana Ordóñez
A sexóloga Hadriana Ordóñez Raquel C. Pérez
27 jun 2019 13:09

Hadriana Ordóñez traballaba nunha conserveira de Ribeira cando decidiu deixar o seu posto e investir os seus aforros nun despacho. As súas compañeiras non podían comprender a súa decisión, “para que muller, para que marchas?”. “Moita xente díxome que tiña que alugar un espazo serio, profesional”, ri Hadriana sentada nun bar de Compostela. “Por profesional a xente entende o que non se entende, o que é serio, frío e non serve para nada!”, aclara. Ela optou por un espazo aberto, con vistas ao mar, plantas e un frigorífico cheo de comida. Un xeito “revolucionario” de exercer a súa profesión: a sexoloxía.

“Chego á sexoloxía pola miña propia experiencia de vida. Eu vivín, ou sobrevivín, a un montón de agresións na miña infancia e adolescencia, precisaba dunha ferramenta mental para dar sentido a moitas cousas”, di Hadriana. No 2017 decidiu denunciar ao seu agresor. Hadriana conectou co seu pasado especializándose nunha realidade que ela mesma coñece: a da violencia de xénero. “Sei o que é que me rouben o poder sexual, entón dedícome agora a acompañar á xente para que o retome, para que o queira ter”, afirma.

“Cando tratas con persoas tes que estar o máis limpa posible de tabús

Cando Hadriana decidiu especializarse en sexoloxía, logo de licenciarse como psicóloga clínica, non había demasiadas opcións formativas a nivel estatal. “Daquela había dúas opcións: Sexpol e Incisex. Sexpol dedicábase a formar á xente nas universidades durante o Franquismo, eran persoas moi posicionadas a nivel político que facían o que podían por ensinar”. Para Hadriana a formación en sexoloxía, hoxe unha especialidade e unha profesión non recoñecida, ten moito que avanzar. “Todo o que ten que ver coa diversidade, coa discapacidade... era moi frouxo”. Mais atopou aspectos enormemente positivos. “Había un espazo no que traballabamos as nosas actitudes, un proceso de limpeza dos teus sapos e serpes. Cando tratas con persoas tes que estar o máis limpa posible de medos, tabús e prexuízos”.

A semente da Acadar

Unha das grandes fontes de aprendizaxe de Hadriana, a Asociación Galega de Mulleres con Discapacidade de Galicia Acadar, foi tamén un dos seus primeiros postos de traballo. “Cheguei a Acadar como a xogadora de fútbol á que van fichar a un partido”, lembra ela. A asociación, constituída no 2009, procuraba unha psicóloga con coñecementos de sexoloxía. “Comigo sentáronse miles de horas, falándome sobre as mulleres, as súas vidas. Aprendín un montón sobre os eixos básicos dunha persoa”. Acadar é unha entidade “social e política”. “As directivas teñen os seus traballos e as súas vidas como persoas cunha discapacidade, fixeron delas unha loita social. Eu transformeime tamén nunha activista!”.

“Cando traballabamos con grupos interseccionais era todo moito máis rico

En Acadar Hadriana atopouse con Cristina Santos, traballadora social, socióloga e axente de igualdade. Moitas actividades que levaron a cabo xiraban en torno a grupos de empoderamento. “Tiñamos un temario a traballar que incluía autocoidados, violencia de xénero, pero xa as participantes se encargaban de dicir o que querían facer”. “Cando traballabamos con grupos interseccionais era todo moito máis rico, non se podía chorar, unhas animábanse ás outras, “espabilade o conto!”, lembra ela cun sorriso.

A realidade das persoas con discapacidade a nivel estatal continúa a ser unha constante loita contra a infantilización e o capacitismo. Na Galiza, di Hadriana, “a mentalidade é moi conservadora, moi violenta”. Ofrece varios exemplos: “Cando falas de violencia sexual de mulleres con discapacidade falas de que non saben nomear as partes do seu corpo, ou de que unha muller dun centro ocupacional non vai á piscina porque ten a regra e ninguén a acompaña a poñer un tampón ou unha copa, porque iso non se toca”. A violencia pode acadar cotas moito maiores. Durante os obradoiros ou actividades de Acadar, as súas profesionais detectaron que un 80% das participantes viviran situacións de violencia ou acoso sexual ou estaban a vivilas.

Do traballo realizado por Cristina Santos e pola propia Hadriana naceu Dedaleira, un servizo para a atención sexolóxica posto en marcha xunto a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) no 2017. As sementes plantadas durante anos de traballo deron froito en forma dun proxecto pioneiro a nivel estatal. “’Grazas por tratarme como persoa’ foi o que máis escoitamos en Dedaleira. A xente viña a propósito porque che atendían dun xeito especializado”, explica Hadriana.

A sexualidade en tempos do Tinder

Dende que deixou a conserveira, e durante moitos anos, Hadriana mantivo case sempre tres traballos diferentes. O despacho foi un dos que nunca variou, impartiu e deixou de impartir aulas no Instituto Europeo Campus Stellae, exerceu como profesional en Acadar e, a maiores, é concelleira polo Bloque Nacionalista Galego na súa vila natal, Rianxo. Actualmente mantén dous: continúa na concellería de Cultura e segue recibindo no seu despacho con vistas ao mar. A maiores, imparte obradoiro, dirixe os grupos de traballo para familias “Corpiños para coidar e protexer” xunto a Natalia Guedella e ofrece numerosas charlas.

O ritmo continúa a ser alto, mais foino rebaixando. “Eu son moi fan do agora, antes non o era . Fixen moitas cousas marabillosas, pero era un estrés! A forma na que traballo é dende o amor, dende a calma. Tiven que chegar aí, a min o movemento permitíame non mirarme. Cando me mirei asusteime!”, explica.

“Hoxe vende, o non pararse, o desapego, a separación máxima

Este ritmo, sistémico na actualidade, imprímese tamén nas relacións sexuais e afectivas. “Hoxe vende, o non pararse, o desapego, a separación máxima”, di Hadriana. “Somos como robots con sangue, deixamos de ser persoas que invisten tempo en flirtear. Agora asegúromo por internet, non vaia ser que teña que manexar a miña capacidade de frustración. A relación dixital non fai máis que separarche do tenro”.

Ese desapego, esa falta de responsabilidade afectiva, atopouna Hadriana nos obradoiros que impartiu para adolescentes. “Cando os traes á terra parece que os ispes, que non teñen ferramentas”, comenta. Mais isto non é senlleiro da adolescencia, senón que se estende a toda a poboación. “Chégase a un trato cruel, no que o que se fai non ten consecuencias, non se lle da valor ao outro”. Para afrontar isto Hadriana parte da tranquilidade e dun feminismo interseccional, reivindicando “o amor como coidado, como responsabilidade”. “Así o define Chis Oliveira no seu libro Ám@me, unha das lecturas que máis me enriqueceu como persoa”, comparte. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.
O Teleclube
O Teleclube 'Sorda' o debut persoal de Eva Libertad chega a 'O Teleclube'
A directora murciana estrea a súa ópera prima ao carón da súa irmá e protagonista, Mariam Garlo.
África
Alima Ngoutme “La solidaridad femenina es importante para que en África logremos la inclusión de los niños con discapacidad”
A través de su asociación, Alima Ngoutme, y a partir de una experiencia personal, ha concentrado sus esfuerzos por conseguir la plena inclusión social de los niños y niñas con discapacidad en su país natal, Camerún.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.