Temporeros
Os temporeiros da Terra Chá (I): Surexport explota tamén en Galiza

Os empregados denuncian longas xornadas laborais, ameazas e sancións para que produzan máis rápido, vivendas moi precarias e racismo.
Surexport Baamonde
Xornaleiros de Surexport en Baamonde nun momento de descanso. Fotografía cedida.

A empresa onubense Surexport Compañía Agraria desembarca en Galiza no 2013 da man de Galicianberries —fundada o ano anterior en Guitiriz— para explotar o predio da Magdalena: 53 hectáreas de terreo alugadas á comunidade de montes en Pacios (Baamonde) por 11 anos, prorrogables a 30. O obxectivo: cultivar froitos do bosque, tamén comercializados como berries (bagas e amorodos). No 2017, Surexport realiza a primeira colleita en Galiza e ao ano seguinte adquire 30 novas hectáreas de superficie no Arneiro (Cospeito).

Os “mares de plástico” dos invernadoiros rachan co modelo tradicionalmente minifundista do agro galego, pero a instalación de Surexport na Terra Chá obedece a causas lóxicas: o solo é acedo, a framboesa e o arando ofrecen boa resistencia ao frío e conséguese ampliar a época de produción para atender a crecente demanda en Europa. Ademais, hai voces que afirman que a escaseza de recursos hídricos potables en Huelva supón un encarecemento da produción con respecto ao campo lugués.

Porén, nin o froito nin o modelo latifundista son a única novidade en Galiza. Surexport tamén chega para introducir o seu modelo laboral. Unha publicación en Facebook fixo saltar as voces de alarma este verán. O relato de Laura reflectía un ambiente de “ameazas constantes” para que recollesen “cantidades desorbitadas” de arando en longas xornadas e con condicións sanitarias “deplorables”. Segundo a denuncia da lucense, que faenou alí durante dúas semanas xunto a outros 400 empregados, a multinacional fretaría autobuses para trasladar braceiros estranxeiros desde Huelva. O Salto Galiza puido comprobar que Surexport desenvolve ademais programas con ONGs lucenses especializadas en migración a través das que conseguiría man de obra estranxeira para realizar un traballo supostamente digno, aínda que se nos asegura que, neste caso, a empresa “cumpriu” a nivel económico.

O pasado 18 de agosto o Sindicato Labrego Galego, a Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras, a Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras e ata sete colectivos máis, realizaron un acto conxunto fronte á nave da empresa de 2.000 metros cadrados en Castro de Rei e depositaron unha denuncia na Subdelegación do Goberno. O SLG solicitou que se practicasen inspeccións de traballo e desde os sindicatos obreiros preparan accións legais. O Goberno e a Xunta informaron da apertura dunha investigación ao respecto.

Condicións de traballo “lamentables”

“Desde logo, foi a experiencia laboral máis terrible da miña vida”, conta Laura, cociñeira de formación que botou cinco anos traballando como xornaleira en Francia e España. “As instalacións eran lamentables. Teñen billas por toda a plantación, pero a meirande parte están estragadas. Tiñamos dificultades para poder beber”.

Sobre o soldo, Laura comenta que “a min si que me pagaron todo, pero a Abel (nome ficticio) pagáronlle arredor de 500 euros por dúas semanas”. Cando compararon as nóminas entre varios que vivían xuntos viron que unha rapaza que faltou dous días e fixo menos horas extra —cando el fixera todas as horas todos os días— cobrou máis ca el. Foron falar co encargado e, comparando con máis traballadores, viron que “non estaban cobrando ben”.

Abel precisa para O Salto Galiza que as xornadas que realizou oscilaban entre as 11 e as 14 horas e sen ningún día da semana libre. Non é o primeiro ano que traballa para Surexport, pero relata que as condicións do ano pasado foron distintas: “O ano pasado de salario foi ben. Este ano foi cando comezaron as complicacións coas nóminas. Non había claridade sobre o salario base, o plus por transporte non o introducían se non o reclamabas, non figuraban horas traballadas que si que estaban realizadas e había horas extra que pagaban como as normais”.

Desde a empresa confirman que o horario non é fixo, porque depende das condicións climatolóxicas. “O convenio establece 6 horas e media e a partir desas horas moita xente para de traballar e vaise para a casa”, explica Óscar, encargado da parcela da Magdalena. “Aínda que si que hai días que se fan 8 ou 9 horas porque se recuperan as doutros días que non se poden traballar”.

Mahfouz chegou a España hai dous anos desde os campamentos de refuxiados saharauis en Tinduf. Actualmente recolle froitos silvestres en Baamonde e está aloxado nun dos locais arrendados por Surexport. “Non hai obriga de facer horas extra”, corrobora, “pero non dispoñemos de bus ao remate da xornada ordinaria e se deixamos de traballar temos que esperar a que todos acaben para que nos leve”.

Presión constante

Os capataces levan un control das caixas que recolle cada traballador. Os braceiros cos que contactou O Salto Galiza coinciden en que comparan o ritmo duns cos outros. “As ameazas eran constantes”, continúa Abel. “Conforme colleitabamos, estaban completamente enriba metendo unha presión incrible para que recollésemos máis, dicindo cousas como ‘se non recolles, hoxe non choias e vas para o comedor’ ”. Con todo, concorda con Laura en que “sobre todo incidían na parte migrante, nos que tiñan nos hostais, a quen ameazaban con castigos como botar dous días sen traballar e gañar diñeiro”. A versión que sostén o encargado do predio da Magdalena é distinta. Afirma que non se chama a atención a quen traballa de acordo coa súa capacidade nin existe ningún sistema de sancións: “Eu dígolles que se están cansados non hai problema en parar porque é un traballo por horas”.

Vasile (nome ficticio), procedente de Romanía, vive no mesmo hostal ca Mahfouz, pero traballa na parcela do Arneiro que, segundo o seu relato, Florin B. rexe con man de ferro. Describe un clima de medo: “Cada manixeira ten unha tablet onde anota todo o traballo que fai cadaquén, e aí comezan os problemas, porque nos comparan e chega o xefe e sinálanos: ‘Ti, ti e ti debedes traballar mellor ou bótovos do traballo’. Iso non se facía en Huelva. Se Florin sabe que nun momento falas cun compañeiro envíate ao comedor o resto do día sen traballar e sen gañar. A min fixéronmo varias veces. A todos”.

“Se o encargado sabe que nun momento falas cun compañeiro envíate ao comedor o resto do día sen traballar e sen gañar. A min fixéronmo varias veces”

Outros dous traballadores do Arneiro contactados polo Salto Galiza negáronse a falar sobre o asunto, se ben un deles nos confirmou aexistencia deste sistema de sancións. Ambos expresaron que aceptarían de bo grao unha entrevista pero non podían concedela, incluso de forma anónima, porque tiñan medo a ser descubertos. Vasile relata tamén ameazas de expulsión do país e que hai capataces con parella entre os traballadores aos que apuntarían caixas de froito que recolleron outros. “Se o manixeiro quere foderte vaino facer. A miña impresión é que son parvos, non saben como se fai o traballo. Bérranche, vacílante... Pero o peor é o encargado”.

Un cuarto empregado no Arneiro, Mihai (nome ficticio), leva 14 anos vivindo en Lugo: “Traballei de electricista, lousa, tellados, construcións, como cociñeiro, traballei tamén en Romanía... E na miña vida vin tanta escrativude. Cheguei ao momento no que non podo máis”. Para el, os abusos parten da política de empresa máis ca do encargado. Ratifica as ameazas constantes e a existencia dun sistema de sancións: “A min enviáronme 3 días para a casa por fumar. A outro que se atopaba mal pola mañá e non podía traballar fixéronlle o mesmo: porque só nos permiten faltar se avisamos o día antes. Tampouco cobramos os días que faltamos aínda que teñamos xustificante médico”.

“Se vas ao baño, que está a uns 5 minutos, vas perder en total case 15. Se fas iso vai chegar a manixeira a berrarche porque non estiveches levando caixas”

A maioría de fontes consultadas polo Salto Galiza coinciden en que na parcela da Magdalena os traballadores dispoñen de auga e posibilidade de ir ao baño en caso de necesidade. Porén, Vasile denuncia que en Cospeito habitualmente non se lles proporciona auga e, preguntado se poñían impedimentos para ir ao baño, sinala: “Non o pon a empresa, polo ti só pola presión que tes no traballo. Se vas ao baño, que está a uns 5 minutos, vas perder en total case 15. Se fas iso vai chegar a manixeira e berrarche porque non estiveches levando caixas. Non lles importa se vas ao baño ou non, pero ti tes que estar levando caixas”. Mihai ratifica que non se lles permite. De todas as maneiras, en ocasións é inevitable ir. “Son de plástico, e ás veces están moi sucios. Non teñen ningunha hixiene”. Sobre isto último tamén hai queixas dos traballadores de Baamonde. Florin non accedeu á petición do Salto Galiza de contrastar con el estas denuncias.

Retrete Surexport
Retrete dunha plantación de Surexport. Fotografía cedida.

“Hai traballadores que polas súas circunstancias aguantan todo, ata que os pisen, e eles sábeno”, reflexiona Karim (nome ficticio), saharaui residente en Lugo con nacionalidade española de nacemento. “En España para facer calquera traballo pídese un nivel de estudos ou polo menos cultural, pero aquí buscan como capataces a persoas do leste de Europa sen escrúpulos nin valores para someter á xente a cambio das ganancias que teñan”.

Racismo

Un amigo de Karim procedente de Marrocos e máis el acudiron a traballar o 24 de xuño ás 7 da mañá interesados pola oferta de emprego. Remataron o mesmo día. Non aturaron alí nin dúas horas. “O primeiro día, chamáronnos unha hora antes das que computan como traballo para ensinarnos o que iamos facer. Cando chegamos a Baamonde non demos ben coa finca e chegamos con un ou dous minutos de retraso con respecto a esa hora anterior. Os capataces non nos dixeron nin ‘bos días’ e espetáronnos un ‘xa empezamos mal’. Explicámoslles que no desprazamento sempre poden darse circunstancias polas que haxa un atraso e contestaron que non había que discutir alí”.

“A continuación mandáronnos quitar a maleza, que tiña pinchos, e non nos proporcionaron luvas. Pedímoslles que nos deixasen ir por elas ao coche, que estaba á vista. Negáronnolo e responderon que do campo non iamos saír ata o descanso das 11h. Eu saquei a camisa para protexer as mans. Puxéronse dúas persoas por detrás facendo presión para que traballásemos máis rápido, reprochándonos se nos quedaba algo sen recoller e ameazando con comunicarllo ao encargado, que foi pouco despois berrarnos”. Para Karim, a situación chegara ao límite. Contestoulle que non se ía deixar someter e que a dignidade estaba por riba do traballo. O compañeiro de Karim corrobora punto por punto a súa versión.

“Cando saímos, solicitei aos capataces o contacto do xefe. Déronme o número e cando chamei, nada máis collerme, faloume coma se fose un animal. Dicía ser o xefe de Surexport en Galiza. O primeiro que me preguntou foi de que país era. Contesteille que o importante era o que ocorrera ese día porque podía haber irregularidades, sen dicirlle o país, pero polo meu nome e acento deduciu a procedencia e díxome que era un ‘moro mamón, me cago en tus muertos’ ”. Karim ten rexistrados insultos e ameazas ao solicitar o NIF da empresa: “Vai tomar polo cu, se estás en Baamonde está tranquilo que te vexo agora, que che vou dar o NIF e algo máis, fillo de puta”. “Despois comuniquei o uso de termos racistas á central de Huelva e non recibín resposta”, continúa Karim, que nos amosa o correo electrónico, datado o 26 de xuño, que leva por asunto: “Alertar sobre malos modais”.

O Salto Galiza comprobou que o titular do número de teléfono ao que chamou Karim se correspondería con José Ángel R. V., xerente de Surexport en Galiza que figura como administrador de Galicianberries. O mesmo día dos feitos, Karim comunicou a situación por correo electrónico á Consellaría de Emprego e Igualdade e actualmente está en vías de formalizar a correspondente denuncia, que tamén puxo en coñecemento da CIG.

Racismo denuncia mail
Correo electrónico enviado por Karim á Consellaría de Emprego e Igualdade.

José Ángel, preguntado por esta denuncia, di non lembrar o caso, pero que houbo unha persoa que teñen documentado que se puxo a arrincar plantas de arando no canto da maleza e foi despedida inmediatamente. O encargado ensínanos fotografías de plantas arrincadas. Karim e o seu compañeiro negan esta versión e coinciden co encargado en que abandonaron o traballo de forma voluntaria.

Tanto Laura como Abel, galegos de nacemento, concordan en que “aos estranxeiros os trataban moito peor. A berros”. “Comentarios racistas houbo á esgalla. Incluso falando con nós”, conta Abel. Segundo Laura, un dos xefes “rifou con eles porque lles puxo un piso nos que estarán uns 70 e lles dixo que llelo ía quitar porque non se sabían comportar, que na súa vida viran un piso así, occidental, porque eran uns monos”.

Tras falecer un braceiro de 27 anos, lembra Mihai, os seus compatriotas trataron de renderlle homenaxe acendendo unhas candeas. O xerente faríalles un corte de manga e ameazaríaos co despedimento

O 20 de agosto faleceu un braceiro de 27 anos por causas naturais nun dos hostais da empresa tras a xornada laboral. Cando os seus compatriotas, lembra Mihai, trataron de renderlle homenaxe acendendo unhas candeas, José Ángel fíxolles un corte de manga ante os axentes da Garda Civil e comunicoulles que ao día seguinte estarían despedidos, aínda que non cumpriu as ameazas. Mihai interpreta que o fixo porque “é moi racista”.

Amoreados nos hostais de Surexport

José Luis López, secretario de industria de CCOO en Lugo, relata para O Salto Galiza as dificultades que atoparon para contactar cos traballadores, nun contexto de eleccións sindicais e tras denunciarse algunhas das prácticas expostas ao longo desta reportaxe. “Non nos permitiron acceder ás instalacións. Ao chegar aparcamos o coche nunha explanada que criamos que era pública porque é a única maneira de xirar. Por acceder a ela ameazáronnos con chamar á Garda Civil.

López afirma que percibiu o medo das persoas traballadoras. O último día estivemos esperando aos traballadores nun dos pisos ás 22:30h, que é cando chegan de traballar desde as 7 da mañá en dous autobuses grandes a tope, calculo unhas 100 persoas. Ás 23h xa se diluíron ao ver que chegaba un encargado a botarnos unha reprimenda, o que quere dicir que teñen informantes entre os traballadores, xa que segundo nos dixeron nunca ía alí”, conclúe.

Trataríase de José Ángel R. V., encargado do hostal situado en Castro Ribeiras de Lea, que o arrendador estima que ten unhas 13 habitacións en cada unha das dúas plantas, algo que corroboran tanto desde CCOO como os residentes. José Ángel admite que viven 4 persoas por habitación, nalgunhas habitacións menos, e que había nese momento —18 de agosto— 27 casos confinados por COVID-19 entre os xornaleiros, pero alega que “está autorizado para 102 persoas e non as hai”. O ano pasado a empresa xa saltou á palestra por un gromo polo que deberon permanecer confinados 50 traballadores e se barallou o peche da vila. Segundo Vasile, as habitacións son moi reducidas.

“Comparten cociña máis de 40 persoas, de maneira que poden tardar moito en usala. Teñen un día libre á semana para comprar, pero é opcional, e moitos non o collen para poder cobralo”

Tres traballadores residentes no edificio concederon entrevista para O Salto Diario. Todos coinciden en que durante as semanas de maior actividade teñen serias dificultades para poder comprar alimentos, dadas as longas xornadas de traballo que establece Surexport, e que comparten cociña máis de 40 persoas, de maneira que poden tardar moito en usala. Teñen un día libre á semana para comprar, pero é opcional, e moitos non o collen para poder cobralo. En ocasións a empresa retrasa o inicio da xornada ou axiliza o remate para que os traballadores poidan comprar, pero aseguran que non é suficiente. Os residentes consultados coinciden en que se lles cobran arredor de 50 € mensuais en concepto de luz e auga, e que deben encargarse da limpeza das súas habitacións e das zonas comúns cando llelo ordena Surexport.

Jesús Calvo foi Inspector de Traballo e Seguridade Social en Huelva entre 1994 e agosto de 2018. Desde ese mesmo mes, exerce como director dos departamentos de Recursos Humanos e Desenvolvemento Estratéxico en Surexport. Para el, “proporcionar unha vivenda digna fideliza o traballo dos temporeiros”. A Consellaría de Fomento e Vivenda concedeu subvencións á compañía onubense para este propósito específico. Con todo, valora Mahfouz, “aquí a vivenda é mellor que en Huelva, pero en canto a programa de traballo, tempo de descanso, salario e compra de comida estamos peor. Alí o traballo non ten interrupcións polas condicións climatolóxicas, como aquí, así que aínda que alí traballemos máis, dispoñemos de máis tempo”.

No hostal tamén están aloxados os capataces que se encargan de inspeccionar o ritmo de traballo dos empregados e informar aos superiores polo que, segundo Vasile, se senten controlados. “Non podemos saír ou entrar sempre que queiramos”. Isto último négano o resto de traballadores contactados. De acordo con Vasile, as condicións máis estritas aplícanas cando quedan menos empregados vivindo no edificio.

*Esta é a primeira parte dunha reportaxe que consta de dúas. A próxima publicación versará sobre falta de liberdade sindical, represalias e modelo empresarial.

Temporeros
Investigación Os temporeiros da Terra Chá (II)
A CIG e CCOO atopan impedimentos para exercer como sindicatos. Para o SLG, a compañía onubense segue un modelo depredador.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Huelva
Huelva Jornaleras de Huelva en Lucha interpone la primera denuncia por el despido de una temporera marroquí
La sección sindical, recién constituida, asegura que “abren la veda” para denunciar otros atropellos laborales similares en contratos fijo-discontinuos de trabajadoras contratadas en origen.
El Salto Radio
El Salto Radio Temporeros en la calle
Un año más las personas que se desplazan a la provincia de Huelva para trabajar en la campaña de la fresa se encuentran con la ausencia de dispositivos de acogida.
Almería
Almería Un desalojo en Níjar deja sin alternativa habitacional a setenta trabajadores del campo
El próximo martes en la localidad almeriense, epicentro de la producción agrícola, se ejecutará el desalojo del Cortijo El Uno, en San Isidro donde habitan sesenta trabajadores del sector y familiares, sin otra alternativa habitacional
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.