Transfobia
O legado maldito de J.K. Rowling

É tristemente coñecido que o nome de J.K Rowling está, hoxe por hoxe, asociado a un debate moi polarizado nas redes sociais sobre os dereitos das persoas trans. Tentamos, nesta primeira entrega, cartografar para muggles despistadas un Mapa do Tunante cos nomes implicados.

J. K. Rowling
Foto: Daniel Ogren
27 dic 2020 13:00

A famosa autora inglesa da saga Harry Potter ven de publicar no Reino Unido o seu último libro, “Troubled Blood”, envolta unha vez máis na sospeita de transfobia tras facérense públicas varias reseñas que indicarían que a trama da novela transcorre en torno a un “asasino en serie travestido” —algo que outras reseñas, cómpre dicir, matizan e desvinculan dun discurso transfóbico—.

Foi de calquer xeito o detonante que esgotaba a paciencia de milleiros de fans Potterheads, familiarizadas dun tempo para atrás coa particular cruzada de J.K. Rowling co “activismo trans”: a súa resposta foi unha nova “cancelación” masiva da escritora baixo o hashtag #RIPRowling.

A guerra cultural en torno este tema seguramente non precise maior explicación para quen medramos lendo os libros e vendo as adaptacións ao cine das aventuras do mago adolescente. Ao tempo que seguiamos de preto a expansión do universo mercadotécnico Harry Potter —cun papel sinalado da fidelización online da cliente mediante recursos que van dende a realización do teu test persoal para saber a que casa de Hogwarts pertences, ás espontáneas declaracións de Rowling por Twitter sobre o que dende ese momento entraba a formar parte do canon da saga—, formamos parte dunha xeneración na que as cuestións do feminismo ou do movemento LGBT son centrais na nosa vida política e non tabús —grazas en boa medida á visibilidade e esforzo pedagóxico das realidades trans e feministas tamén nas redes sociais—. Mais para o resto, habería se cadra que resumir antes o contexto no que xurde este conflito, para trazarmos a continuación as coordenadas teóricas de ámbalas posturas: tránsfoba e transincluínte.

Mortífagos na City londinense

Se ben podemos retomar como antecedentes evidentes dun discurso discriminatorio cara ás minorías —co agravante de estaren dirixidos a un público infantil e xuvenil— varios exemplos nos sete libros principais da saga Harry Potter —e que máis adiante, podemos rescatar como mostra do problema de fondo—. O comezo da última polémica de J.K. Rowling podemos situalo no pasado ano 2019, cando fai público o seu apoio a Maya Forstater, unha experta en dereito fiscal que non viu o seu contrato renovado nun lobby financeiro (CGD) da City de Londres, tras unha serie de declaracións públicas en Twitter nas que arremetía en contra de que as mulleres trans foran consideradas mulleres, e alertando do perigo que suporía para as mulleres “reais” o facilitar a libre designación do xénero legal das persoas trans.

Como o caso, e as críticas dende o feminismo, son fácilmente localizables nunha rápida busca en Internet, non nos imos deter nunha recompilación detallada dos centos de tweets —só na primeira semana máis de 150, en palabras da propia Forstater— que pretendían “defender a verdade” de que “o sexo biolóxico existe” independentemente do que dixeran “homes que se sinten mulleres”. Se nos parece oportuno lembrar o feito de que Maya Forstater —igual que veremos logo con Rowling— decidira deterse en escribir un ensaio explicando o seu caso e defendendo a súa postura ideolóxica. E é particularmente interesante porque quen se situou do lado de Forstater non foron unicamente tránsfobos explícitos e trols da ultradereita: a propia Maya Forstater xustificouse dende o comezo nunha apoloxía do feminismo, a liberdade de expresión, e da Ciencia, que ten unha acollida social considerable no chamado Primeiro Mundo.

Quen se situou do lado de Forstater non foron unicamente tránsfobos explícitos e trols da ultradereita

Comeza Forstater en dito ensaio —ou máis ben manifesto— por presentar o seu ata entón posto laboral como un espazo que cría desideoloxizado e de “debate aberto”, no que xunto cos seus colegas economistas, se encargaba de influenciar gobernos e grandes corporacións para lograr “políticas baseadas na evidencia” cara ao “desenvolvemento económico internacional”. O desencanto chegou ao abordar pola súa conta a “problemática” que abría a posibilidade de eliminar o requerimento dun diagnóstico psiquiátrico para cambiar o xénero legal das persoas trans do Reino Unido. Mesmo estando dacordo, afirma, en que “as minorías deben ser defendidas”, tivo claro de sempre que “as mulleres nacen mulleres” e que nada tiña que ver “o vestir, actuar ou pensar coma mulleres”.

Consciente de como podían soar estas palabras, fai a continuación un percorrido pola súa “traxectoria militante feminista”: unha campaña de conscienciación seis anos atrás no seu traballo chamando ás compañías de xoguetes a non reforzaren estereotipos de xénero, e a súa participación na marcha feminista londinense tras a elección de Donald Trump nos EUA. Tras un tempo máis “formándose” pola súa conta en como “a ideoloxía transxénero” tiña un impacto negativo nos “dereitos das mulleres, lesbianas, mozas vulnerables” e na propia “liberdade de expresión”, decide finalmente “dar un paso valente” e tuitear sobre o tema.

Por ridículo que soe, Forstater narra o desconcerto que sentiu cando os seus primeiros tweets non tiveron tan sequera un like/RT ou un comentario chamándoa “TERF”. A súa conclusión parécenos bo resumo de como interioriza o asunto: dicir que “a seguridade de mulleres e nenas” se vería “ameazada” por “transxéneros que conservan na súa maioría os seus xenitais de nacemento” se se lles permitía “acceder a probadores, dormitorios ou vestiarios”, era “conceptual/intelectual de máis” para Twitter, así que seguiu tentándoo noutro ton ata entrar nunha espiral ininterrompida de transmisoxinia que comeza en setembro do 2018, e que dous anos despois, continúa a diario na súa conta na rede social.

Forstater pecha finalmente o seu narcisista ensaio chamando a defender a súa causa —recuperar o posto de traballo na empresa— como unha defensa xeral da “liberdade de pensamento e expresión” contra a tiranía “absolutista” do políticamente correcto “dirixida contra as mulleres”, e animando á lectora a contribuir económicamente para cubrir os custos do xuízo contra CGD co fin de que a contratasen de novo: “Todas decidimos as nosas batallas, pero ás veces elíxennos elas a nós”. A vía xudicial, para sorpresa de ninguén, non lle deu a razón e aínda valorou os seus tweets como discurso de odio. No seu maxín, unha nova vitoria “dos transxénero” contra “as mulleres” e a “liberdade de expresión”.

O exército LGBT de Dumbledore

Tras coñecerse publicamente o resultado do xuízo, J.K. Rowling ve na “batalla” de Maya unha causa xusta sobre a que se pronuncia inmediatamente no seu Twitter: “Viste como queiras. Pon o nome que queiras. Déitate con calquer adulto de forma consentida. Vive a vida o mellor posible en paz e a salvo. Pero obrigar ás mulleres a deixar o seu traballo por afirmar que o sexo é real? #EuEstouConMaya”. Non era, nin moito menos, a primeira vez que Rowling empregaba o seu autofalante de millóns de seguidoras cara ao colectivo trans —e podemos lembrar aquí oportunamente a polémica no 2014 arredor da personaxe trans Pippa Midgley na súa novela “The Silkworm”, ou os likes que deu en varias ocasións en Twitter a comentarios que falaban das mulleres trans como “homes con vestidos” ou que enlazaban artigos que puñan como un perigo real permitir o uso de baños ou vestiarios de mulleres a “extraños/as con pene” —mais si foi un punto de non retorno para moitas Potterheads—.

Lonxe de desdicirse ou matizar as súas palabras, J.K. Rowling aproveitaba o pasado xuño —casualmente ou non, mes do Orgullo— un titular xornalístico que falaba de “persoas menstruantes” para centrar de novo o foco mediático na súa cruzada cultural: “Estou segura de que había unha palabra para esas persoas. Que alguén me axude. Moieres? Muñeres? Molleres?”. E por se non quedaban claras as intencións da retranca (a equivalencia de “persoa menstruante” é “muller”, e que polo tanto, homes trans ou persoas non binarias que tamén menstrúan, serían mulleres frustradas/trastornadas), a propia Rowling precisaba: “Se o sexo non é real, non existe a atracción cara ao mesmo sexo. Se o sexo non é real, a realidade das mulleres que viven en todo o mundo fica borrada. Coñezo e quero ben a persoas trans, pero borrar o concepto de sexo elimina de maneira significativa a facultade de moitas para discutiren as súas vidas. Dicir a verdade non é odio. Respecto o dereito de toda persoa trans a vivir da maneira coa que se sinta auténtica e cómoda. Manifestaríame convosco se vos discriminasen por serdes trans. Ao mesmo tempo, a miña vida foi moldeada por ser muller. Non creo que dicir iso sexa detestable”.

Pensemos agora no impacto disto para unha xeneración enteira, e sobretodo en infancias LGBT, dende un referente cultural global que nos falaba entre feitizos e partidos de Quidditch de asuntos como a discriminación ou o bullying, ou de valores como tomar partido polo subalterno cando outros apartan a mirada. Se cadra entón, se comprenda mellor o desencanto a nivel emocional coa autora á vista do seu cinismo. Ninguén obrigou a Rowling no seu día a exercer a súa profesión como escritora de literatura infantil e xuvenil moralizante, e ninguén se pode escandalizar de que lle viñeran de volta as leccións de moral ao exercer como influencer millonaria contra un colectivo violentado, polo mero feito de existir, a tódolos niveis posibles.

Rowling batía agora de fronte cun movemento contestatario serio dende as filas feministas transincluíntes de medio planeta

De maneira premeditada ou non, Rowling batía agora de fronte cun movemento contestatario serio dende as filas feministas transincluíntes de medio planeta. Non podía xa distraer as sospeitas de transfobia como atrás pretendera cos aspectos máis conservadores do Mundo Máxico —ao xeito do pinkwashing capitalista, a expansión literaria en Twitter ou Pottermore do canónico na franquicia—, deu en aclararnos detalles como que a licantropía era unha metáfora da SIDA, había alomenos un alumno xudeu en Hogwarts, ou que Dumbledore era gay, para “compensar” dalgún xeito un orientalismo rancio con personaxes como Cho Chang —as irmás Patil ou máis recentemente Nagini, ou a suspicacia que suscita a súa representación dos trasnos de Gringotts ou duns elfos domésticos encantados coa súa escravitude—, e viuse na obriga de xustificarse ante o seu público habida conta dos lanzamentos planificados para a saga cinematográfica Animais Fantásticos.

Sangues impuros, xéneros impuros

A fórmula escollida foi, como adiantabamos con Forstater, a dun ensaio de considerable extensión publicado na súa web persoal no que a autora escribía sobre “as súas razóns para pronunciarse sobre as cuestións do sexo e xénero” —como así o titulou—. Abondaría sobre isto simplemente recomendar a lectura da análise crítica que a feminista Katy Montgomerie fixo aos poucos días da publicación de Rowling, e na que queda dito o que cabía comentar desta. Pola nosa parte, limitarémonos a expor humildemente as principais teses do texto orixinal e os problemas que atopamos nestas, relacionándoos co marco xeral da nosa crítica mais tamén para facilitar o acceso á discusión a quen teña dificultades co idioma orixinal.

Comeza Rowling por sinalar os seus antecedentes no tema como unha persecución infundada do “activismo trans” a partir dun like accidental dun comentario —referíndose ao tweet que falaba de “homes con vestidos” que mentamos antes— que en realidade quería gardar como captura de pantalla, e o feito de que decidira seguir na mesma rede social a Magdalene Berns, unha “inmensamente valerosa moza feminista e lesbiana, que estaba morrendo dun agresivo cancro cerebral” e que era á vez “unha enorme crente na importancia do sexo biolóxico” que “non cría que as lesbianas mereceran que se lles chamase intolerantes por non saíren con mulleres trans con penes”.

Como podemos deducir das citas, Rowling fai coas súas críticas dende o transfeminismo o que precisamente lles reprocha: convírteas nun home de palla absurdo —o que ela considera un acoso continuo da comunidade trans tras un ridículo erro co dedo no móbil— e sitúase como vítima conveniente, apelando aos nosos sentimentos de compaixón no tocante a Berns —ao traer a colación a desgraza da súa enfermidade, sen pertinencia ningunha para o tema discutido, para usala como argumento rastreiro da “crueldade transactivista”—. A resposta máis inmediata sería aquí que, independentemente de que non considere que promova a transfobia nas súas “malinterpretadas” declaracións públicas, a controversia ven (como vimos) de lonxe, e ten puntos problemáticos abondo como para reducilos a eses dous casos. Que Rowling “esqueza” responder, sen ir máis lonxe, as acusacións de transfobia que apuntan á súa bibliografía —ligadas á vez coas críticas dende o antirracismo ou o feminismo que se remontan ata practicamente o ano no que se publica o primeiro libro da saga Harry Potter— semella boa mostra de que nin pretende un diálogo construtivo, nin facer unha contracrítica fundamentada e honesta.

Que Rowling “esqueza” responder, sen ir máis lonxe, as acusacións de transfobia que apuntan á súa bibliografía semella boa mostra de que nin pretende un diálogo construtivo, nin facer unha contracrítica fundamentada e honesta

A cuestión da “crenza no sexo biolóxico” é de calquer xeito un lema baleiro que, no mellor dos casos, só evidencia ignorancia en cuestións moi elementais da produción teórica feminista (a mesma Simone de Beauvoir, que ironicamente Rowling cita en varias ocasións no seu ensaio, adicouse a desmontar con O Segundo Sexo precisamente as teorías bioloxicistas-esencialistas en torno á categoría de “muller”). Persoas trans, intersexuais, feministas ou especialistas en bioloxía, non din (nin moito menos) que o sexo non exista; mais ben ao contrario, din que é unha categoría complexa á luz da Bioloxía contemporánea, e que polo tanto, opor realidades trans a “verdade científica” é un falso dilema. A crítica a Magdalene Berns e a quen a promoveu en Twitter, nada tiña a ver cunha abstracta “crenza filosófica” no sexo. Berns adicábase a escribir sobre as mulleres trans inxurias tal como a de que “sodes coma actores blancos facendo de negros. Non sodes mulleres. Sodes homes que vos pon quentes que vos traten coma mulleres. Que vos dean a vós e as vosas sucias perversións. A nosa opresión non é un fetichismo, putos enfermos”, e afirmar mesmo que o “movemento transxénero” estaba “financiado por George Soros”.

Compréndese logo, que nun ensaio pensado para lavar a súa imaxe persoal de calquer vinculación transfóbica, Rowling manipule á lectora que descoñece a totalidade dos feitos ao idear unha narrativa maniquea —algo que ninguén lle pode quitar que fai con notable excelencia— na que se demoniza ao “movemento transxénero” como acosador desapiadado dunha feminista cun cancro terminal, e fronte ao que agora se sitúa ela como heroica defensora da liberdade de expresión. Actitude que repite ao referirse unha vez máis ao caso de Maya Forstater, no que o que o xuíz instrutor dictaminaría fora, segundo Rowling, que “a crenza filosófica de que o sexo está determinado pola ideoloxía” non estaba “protexida pola lei no Reino Unido”; e de novo, cando se detén no uso do termo “TERF” (acrónimo de Feminista Radical Trans-excluínte, polas suas siglas en inglés): “As acusacións de TERF foron suficientes para intimidar a moitas persoas, institucións e organizacións que unha vez admirei, agora amedrentadas ante tácticas de patio de escola. Chamarannos transfóbicas! Dirán que odiamos ás persoas trans! Que será o seguinte? Diranlles que teñen pulgas?”.

Vai continuar...

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Sonará tu nombre cuando nazca el mío
No fue hasta que empecé a habitar mi propio cuerpo que entendí que podía contar mi historia. Una carta de amor travesti en el Día de la Visibilidad Trans.
Córdoba
Red transfeminista La RATA cordobesa se consolida con un evento en forma de “perolada”
La Red de Autodefensa Transfeminista (RATA) ha organizado el pasado 15 de marzo una jornada de actividades como espacio alternativo ocio, existencia y resistencia en el centro social autogestionado Rey Heredia de Córdoba.
Asturias
Asturias Cinco muertos en la mina de Zarréu: demasiadas preguntas sin respuesta
El accidente más grave en la minería asturiana en casi tres décadas vuelve a poner en cuestión el sistema de permisos, controles y ayudas públicas para minas en proceso de reconversión.
Estados Unidos
Estados Unidos Estudiantes de Columbia luchan contra las amenazas de deportación
Los estudiantes de Columbia se unen mientras el ICE y el Departamento de Policía de Nueva York (NYPD) atacan el activismo palestino. “[Columbia] está dispuesta a concederle al gobierno de Trump todo lo que quiera”, declara un estudiante a Mondoweiss.
Aviación
Travel Smart Las multinacionales españolas, a la cola de la reducción de emisiones por vuelos de negocios
Un estudio publicado este martes por organizaciones ecologistas señala que las emisiones por vuelos de negocios a nivel global se han reducido un tercio, pero las empresas españolas van a la zaga y suspenden en transparencia u objetivos concretos.

Últimas

Represión
Policía infiltrado La Directa destapa un nuevo caso de policía infiltrado, esta vez, en el activismo de Lleida
Bajo la identidad falsa de Joan Llobet García, un agente de la trigesimosegunda promoción de la Academia de Ávila, pasó dos años infiltrado en espacios independentistas, estudiantiles y ecologistas.
Maltrato animal
Maltrato animal Lidl denuncia a los animalistas que detectaron afecciones en la carne de pollo de la cadena
El Observatorio de Bienestar Animal asegura que el departamento legal de la cadena les pidió que eliminaran todas las publicaciones sobre ellos y creen que es una estrategia legal para silenciarles.
Derecho a la vivienda
Manifestación estatal Mapa | Más de 40 ciudades se movilizan este 5 de abril por el derecho a la vivienda
Decenas de miles de personas en más de 40 localidades de todo el Estado español saldrán a la calle el próximo 5 de abril para reclamar medidas para hacer frente a la crisis de vivienda.
Más noticias
Israel
Guerra en Gaza Israel ordena evacuar Rafah ante la previsión de un ataque terrestre
En la mañana del 31 de marzo, las fuerzas militares de Israel han ordenado a la población evacuar gran parte de Rafah, en el sur de la Franja de Gaza.
Opinión
Opinión ¿Cómo acabar con el negocio de la vivienda?
Las reivindicaciones del 5A: bajada de alquileres, paralización de desahucios, desmantelamiento de las empresas de desokupación, ayudarían a acabar con la crisis de vivienda. Pero estas medidas son impensables en este sistema económico.
Francia
Francia Marine Le Pen es condenada por malversación y no podrá concurrir a las elecciones de 2027
Un caso de corrupción con los asistentes del Parlamento europeo golpea a la ultraderecha francesa. Le Pen y su partido, Agrupación Nacional, son condenados por el Tribunal Penal de París.
Precariedad laboral
Precariedad laboral Europa presiona de nuevo a España para que modifique la indemnización por despido improcedente
El Consejo de Europa concluye que el sistema español viola la Carta Social Europea al considerar que la compensación española no repara el daño a los trabajadores ni disuade de hacerlo.
Myanmar
Terremoto Myanmar: un país bajo los escombros
Con el cronómetro en contra, los equipos de rescate de Myanmar continúan buscando bajo los escombros a los supervivientes del que ya se considera el peor terremoto sufrido en las últimas siete décadas en el país.

Recomendadas

Redes sociales
El asesino de los CEO El fenómeno fan Luigi Mangione, ¿por qué tanta gente apoya a un asesino?
El caso del chico de clase alta que disparó sobre un CEO de una aseguradora médica ha desatado una ola cultural y de apoyo como no se había visto antes.
Militarismo
Alejandro Pozo “El oportunismo de la industria militar española aprovechando lo que pasa en Gaza es grave”
Este investigador sobre paz, conflictos armados, desarme y acción humanitaria denuncia que el rearme ya está teniendo lugar y que el Ejecutivo escamotea información sobre las relaciones comerciales de la industria con Israel.
Literatura
Silvia Nanclares “Moratalaz nace como barrio franquista, solo que no contaban con la presión vecinal”
Con ‘Nunca voló tan alto tu televisor’ la escritora madrileña regresa a su barrio y examina lo que quedaba debajo de la cáscara de progreso que supuso la construcción del edificio de Torrespaña, aun hoy uno de los más reconocibles de la ciudad.
Galicia
Galicia Bimba y Lola se aleja de las fibras textiles de Altri con la salida del presidente de Greenalia de su consejo
El presidente de Greenalia y antiguo consejero delegado de Inditex, José María Castellano, abandona su puesto en la empresa cerrando una puerta más a la salida de la celulosa supuestamente creada para fibras textiles.