Tribuna
O Goberno, o Tribunal Constitucional e o labirinto da cidadanía obreira

As traballadoras coñecemos máis que ninguén a dureza e o drama do coronavirus. Como protesta naceu a proposta da caravana de vehículos o 1 de maio. O Goberno desautorizouna e o Constitucional avalou a prohibición.

É AVOGADO DA CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORAS (CUT).
6 may 2020 16:07

Cando a Central Unitaria de Traballadoras (CUT) decidiu levar ás últimas consecuencias xurídicas o debate social sobre a prohibición da nosa manifestación do 1º de maio non tentou tan só cuestionar as enferruxadas estruturas do edificio democrático español. Na actual fase tardía do neoliberalismo na que a clase traballadora perdeu, por causas diversas, a súa posición de forza, está en xogo incluso o propio status de cidadanía das traballadoras.

Co estalido da crise sanitaria da covid-19 recrutáronnos involuntariamente para a formación de vangarda do que o Goberno insistiu en denominar “o seu exército”. E non, non nos enrolamos voluntariamente. Fomos precipitadas de maneira salvaxe a soster en masa a súa produción, alí onde a loita semellaba innecesaria. Desde esta fase primaria, eslucida e aínda sen nome, as traballadoras estivemos no conflito corpo a corpo contra a pandemia e as súas consecuencias. E entrementes, do noso redor, esborrallábase o castelo de naipes de institucións que, como a Inspección de Traballo, prometeran velar pola nosa integridade física e psicolóxica.

As traballadoras coñecemos máis do que ninguén a dureza e o drama do coronavirus. Cada mañá desprazámonos ao traballo sen que ninguén nos diga como protexernos. Sen guións sostivemos os coidados compatibilizando a fraude do teletraballo coa saúde dos e das nosas. Aguantamos como puidemos un dioivo de ERTE que dicían “non eran paro”. E fomos nós, coas nosa mans, quen (non sen tragar cuspe e con moito medo) paramos a actividade alí onde a patronal decidira soster o seu lucro á conta das nosas vidas.

Nesta situación non era improbábel que nos comezase a irritar o circuíto de balcón que nos reservaba a CEOE: a ximnasia de media mañá, o pícnic solidario da unha, o aplauso enfático das oito, o botellón flamenco das nove ou a cacerolada antimonárquica das dez. E despois disto cada mañá, outra volta, cansas e atemorizadas, eramos devoltas a pé de choio.

Se este auto se confirma, deberemos solicitar no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ese acougo analítico que non parece ter un lugar predilecto no Reino de España cando se trata de depurar as súas propias violacións do Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

Froito da unión medrou o desafío. Mentres a CEOE arremetía e o goberno se encartaba unánime, mentres nos devolvían á plena produción nos servizos non esenciais, parecía unha broma macabra a posibilidade de que alguén se propuxese sequera negarnos a palabra. Así nacía a proposta da caravana de vehículos como medio de loita na efeméride dos Mártires de Chicago. Un modo de mobilización nin máis seguro nin máis inseguro en termos preventivos que os nosos desprazamentos diarios ao traballo. Individualmente, en vehículos fechados, con luvas e nasabucos... é dicir, nas mesmas condicións nas que sostemos o seu patrimonio neto e as súas viaxes en iate ía celebrarse desta volta a marcha do Día Internacional da Clase Obreira.

Pero o sistema, devorador de dignidades, reaccionou. O Ministerio do Interior denegou en bloque as nosas comunicacións, prohibiu as nosas protestas e declarou o veto oficial á palabra obreira nunha inxerencia sen precedentes no dereito de reunión e manifestación que o artigo 21 da Constitución está chamado a preservar. Recibimos unha mensaxe contundente das autoridades: os vosos corpos fatigados e medoñentos non vos pertencen. Só a economía pode, neste contexto de pandemia, invocar o seu dereito de propiedade sobre as cousas e as súas xentes. O goberno de PSOE- UP infelizmente, en virtude de supostos criterios de saúde pública, accedía a desposuír á clase traballadora dos seus dereitos fundamentais e liberdades públicas. A clase obreira débese, entenden, soamente ao traballo.

Neste contexto o sindicato invocou a comparecencia do Tribunal Constitucional nun recurso de amparo. Con mala técnica xurídica e con peor resultado, o Supremo Compoñedor de dereitos dislocados e liberdades decaídas cedeu, non sen previa e intensa división, ao politicamente oportuno no seu auto do 30 de abril de 2020. A CUT, que non cuestionou a estrutura xurídica do estado de alarma ao que a doutrina constitucional impide suspender dereitos como o de reunión (21 CE) ou liberdade sindical (28 CE), si mostrou firmeza fronte á arbitrariedade na súa aplicación práctica, e fronte ao feito de que o Ministerio do Interior puxera en funcionamento un auténtico estado de excepción de facto, entre violencias policiais impunes e prohibicións discrecionais.

O Tribunal Constitucional validou tal prohibición e mesmo, pese á obvia relevancia do asunto, inadmitiu o recurso a trámite, negándose unha vez máis a nomear a pantasma da arbitrariedade. Pero este auto deixaba ademais algunha que outra sorpresa inesperada: o poder xudicial debe estar presto a dispensar á autoridade administrativa de xustificar os seus actos. Por moito que recoñeceu que a prohibición do Ministerio “é abertamente ambigua e nin sequera deixa clara a prohibición” serviuse da operación quirúrxica coa que o TSX de Galiza rescatara esa resolución da súa doenza terminal, poñendo en risco o propio principio de separación de poderes.

Por moito que, polo dagora, a motivación rigorosa dos actos administrativos que sacrifican dereitos é a única salvagarda que permite que a cidadanía sexamos consciente das razóns de tal ofrenda alén de sernos útil para organizar a nosa defensa, o Constitucional optou por revisar sen competencia para iso ditas razóns e ademais, parafraseando a Marx (o outro), por se aqueles motivos non eran de noso agrado accedeu a dar outros.

No que se refire ao concreto exercicio do dereito de reunión e manifestación a doutrina constitucional vén esixindo, con carácter previo a declarar o seu exercicio prohibido, unha procura activa de alternativas útiles e proporcionadas para a súa garantía, baixo o principio de que “para moitos grupos sociais este dereito é na práctica, un dos poucos medios dos que dispoñen para poder expresar publicamente as súas ideas e reivindicacións" ( STC 66/1995, do 8 de maio). Omitindo tal principio, os maxistrados e maxistradas do Tribunal Constitucional decidían sumarse, elas e eles voluntariamente, ao pelotón de sacrificio de dereitos do exército de salvación nacional que di loitar contra a pandemia.

Antonte a CUT presentou un recurso de súplica fronte a esa resolución. Estamos ante a última oportunidade que o Constitucional ten de reconsiderar un debate que se liquidou con moita présa e en falso. Se se foxe de respostas precipitadas e se lle mete o dente ao debate co acougo que require a protección dun dereito necesariamente molesto como o de reunión e manifestación, deixaremos de camiñar cara a atrás na historia. Porque no libre exercicio de dereitos por parte das obreiras xorde a cidadanía e na súa prohibición discrecional comezan os camiños angostos do labirinto da desposesión. Se este auto se confirma, deberemos solicitar no Tribunal Europeo de Dereitos Humanos ese acougo analítico que non parece ter un lugar predilecto no Reino de España cando se trata de depurar as súas propias violacións do Convenio Europeo de Dereitos Humanos.

No momento en que se discute algo tan serio os aliñamentos políticos e partidarios nas esferas xudiciais son sintomáticos. Para mostra o botón das posicións conformistas e lexitimadoras deste saqueo por parte do portavoz de Xuíces e Xuízas para a Democracia. Se a socialdemocracia española sigue a manter tal sentimento de propiedade sobre os dereitos fundamentais, as liberdades públicas e o seu exercicio, e se non deixa de os sacrificar en función do criterio de oportunidade política de saldo; o terreo seguirá fértil, moi fértil, para construír unha sociedade de traballadoras amortalladas na que estamos todas condenadas a observar, con frustración, como o virus da ultradereita se expande sen contención.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Dimite a directora de Patrimonio que asinou o informe onde se cualificaba de “icónica” a cheminea de Altri
Tras máis dunha década á fronte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua abandona o seu cargo, que asumira a comezos de febreiro de 2013.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.

Últimas

Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.
València
Lawfare La Audiencia de València dicta que la causa contra Mónica Oltra llegue a juicio
Aunque la Fiscalía y el juez instructor descartaron que existiera indicios de delito contra la ex consellera y el resto de acusados, la Audiencia ratifica la celebración del juicio.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.