A Coruña
Na Coruña a vivenda segue en prezos prohibitivos mentres a Alcaldía bota balóns fóra

Balance dos catro anos en minoría do goberno socialista de Inés Rey, onde o máis destacado é o aumento dos pisos turísticos e a complicidade coas grandes promotoras inmobiliarias, mentres os prezos da vivenda non paran de aumentar.
Coruña Vivenda
Imaxe da cidade da Coruña dende San Pedro de Visma, onde as promotoras inmobiliarias queren construír coa complicidade da alcadía e a oposición veciñal. Sandra García Rey
25 may 2023 14:30

Pasaron xa catro anos dende que o alcalde Xulio Ferreiro deixou a primeira liña política entre bágoas, para recuperar a súa vida docente na Universidade da Coruña (UDC). Neses comicios municipais de 2019 chegou á Alcaldía a súa antiga alumna na Facultade de Dereito, Inés Rey, polo partido socialista; que logo dun case empate en votos co PP, conseguiu os apoios na investidura para gobernar en minoría, tal e como fixera a Marea Atlántica nos anos anteriores.

O tipo de oposición que realizaron estes partidos durante os últimos dous mandatos, con todo, deixa grandes diferenzas. Mentres o PSOE apenas apoiou medidas do goberno da Marea Atlántica e fixo continúa pinza co PP entre 2015 e 2019 – o que levou ao propio Ferreiro a presentar unha moción de confianza para poder sacar os orzamentos adiante e visibilizar a estratexia do bipartidismo na cidade para non deixarlle cumprir o seu programa – a Marea Atlántica, no pasado mandato, aprobou a maioría das medidas levadas ao pleno polo goberno socialista. Ningunha delas ten que ver cun dos principais problemas da Coruña hoxe en día: o acceso á vivenda. Na cidade cada vez son máis os colectivos e as asociacións veciñais que denuncian o aumento dos prezos dos alugueiros e a proliferación de vivendas turísticas: 850 xa rexistradas, o dobre que no ano 2020, segundo datos da Federación Galega de Empresas Inmobiliarias.

A suba nos prezos de aluguer neste mandato foi dun 25% na cidade, fronte a só un 14,5% no conxunto do país

Por outra banda, a suba nos prezos de aluguer neste mandato foi dun 25% na cidade, fronte a só un 14,5% no conxunto do país, segundo datos do Observatorio da Vivenda da Xunta. É dicir, o custo medio de case 600 euros na Coruña sitúa á cidade como a máis cara de Galiza para alugar, fronte aos 477 euros de Vigo. Dende a oposición, tanto Marea Atlántica coma BNG, cualifican a situación de extrema gravidade e falan de catros anos perdidos neste asunto por parte de actual alcaldesa.

Por non falar dos futuros desenvolvementos urbanísticos previstos polo Concello, como en San Pedro de Visma onde contemplan a construción de 4.000 novas vivendas ou o da finca das Percebeiras con máis de 500 prazas de aparcadoiro privado e un viario soterrado por parte da promotora Metrovacesa, en plena fachada marítima da cidade na zona de San Roque, e que conta con moi boa prensa dende Sabón, e que xa ten unha avaliación de impacto medioambiental positiva por parte da Xunta, outra administración ao servizo do ladrillo. Tanto as asociacións veciñais como os grupos da oposición reclaman un espazo verde para a zona e abandonar este proxecto propio dun urbanismo depredador de tempos pasados.

Outras cuestións de moita importancia para a cidade e que apenas conseguiron avanzar neste mandato son: a reformulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), precisamente para limitar os desenvolvementos urbanísticos coma os xa comentados, as políticas de mobilidade – no vindeiro ano toca renovar a concesión de Tranvías Coruña e algunhas forzas da oposición xa están pedindo crear unha empresa municipal de transporte – e o reforzo de Bici-Coruña. Tampouco se avanzou coa creación da área metropolitana, nin co futuro dos peiraos, aínda que nisto si que parece que a pegada do goberno de Xulio Ferreiro deixase notar e ningún partido defende a día de hoxe os convenios de 2004 – asinados polo ex-socialista Paco Vázquez – que obrigaban á compra de terreos portuarios por parte do Concello, pois os terreos xa foron cedidos no seu momento pola cidade. Neste senso, destaca como a pesar do prometido pola alcaldesa en campaña, e máis tarde no goberno, cando aproveitou o tirón de Pedro Sanchez e prometeu desbloquear este asunto como así o fixo o goberno central en Valencia, onde permitíu a condonación da débeda portuaria para liberar os peiraos e permitir usos públicos nos mesmos, pouco se avanzou neste asunto.

Quen teña memoria na Coruña poderá lembrar o que se dicía dende os medios e os partidos maioritarios sobre moitos dos asuntos que continúan bloqueados

Dase a mesma situación que co edificio da Cárcere da Torre, onde os colectivos da cidade levan anos reclamando que se lles permita rehabilitar e empregar o espazo para usos comunitarios sen ánimo de lucro e conseguir parar o deterioro da infraestrutura, que empeorou moito nestes catro anos, pois nada se fixo. Pola sua banda, a nova Estación Intermodal e o Centro de Saúde de Sta Lucía seguen paralizados por diversas causas, entre elas as poucas ganas da Xunta de que eses proxectos saían adiante sen eles no goberno local. Quen teña memoria na Coruña poderá lembrar o que se dicía dende os medios e os partidos maioritarios sobre estes asuntos, onde sempre acusaban de falta de diálogo ou de poucos coñecementos na xestión ao goberno da Marea Atlántica. A realidade 4 anos despois semella contradicir estes relatos interesados.

En definitiva, moitas fotos da alcaldesa nos medios pero poucos avances en temas prioritarios para á cidadanía e que estaban no acordo do pacto orzamentario do 2022 coa oposición, como a regulación para evitar a proliferación de casas de apostas nos barrios, a bolsa para alugueiro social que continúa igual que no goberno da Marea Atlántica, o programa mover os baixos para tentar dinamizar os case 2.300 locais comerciais vacíos só no centro da cidade, segundo datos de Ascega, a construción de 50 vivendas públicas no polígono de Xuxán, a bonificación na taxa de lixo por facer compostaxe caseira e o desconto no bus urbano para menores de 25 anos e maiores de 65 entre outras medidas sen concretar por parte do PSOE coruñés.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.