Abusos a la infancia
A infancia esquecida

Ninguén fala dos nenos e das nenas, moito menos dos nenos e nenas pobres. Non votan, non teñen amigos influintes, non asumen un papel significativo no proceso político para protexer os seus dereitos e rara vez se teñen en conta as súas opinións.

15 mar 2017 14:53

Hai cinco anos, España adquiriu o compromiso de sacar un millón e medio de persoas da pobreza, pero de se manter a tendencia actual, esta meta non se vai acadar nin en Galiza nin no conxunto do estado, segundo o último informe da EAPN Galicia (Rede Galega contra a Pobreza).

Neste empobrecemento da sociedade galega (702.000 persoas viven en risco de pobreza ou exclusión social, 106.000 persoas máis do que no ano anterior) empeora quen peor o está a pasar, as persoas en pobreza severa, cuns ingresos inferiores a 332€ ao mes: 132.000 mulleres e homes.

A mocidade é o colectivo máis castigado pola pobreza, e compre destacar o considerable aumento da pobreza infantil en Galiza, fronte a diminución en España. No 2016, un de cada tres mozas e mozos galegos vive en risco de pobreza ou exclusión social (indicador AROPE). A taxa de empobrecemento medrou case un 4% entre as persoas de 16 a 29 anos, e máis dun 7% no caso das nenas e nenos entre 0 e 16 anos.

Ninguén fala dos nenos e das nenas, moito menos dos nenos e nenas pobres. Non votan, non teñen amigos influintes, non asumen un papel significativo no proceso político para protexer os seus dereitos e, en xeral, rara vez se teñen en conta as súas opinións (Unicef). Os informes consultados conclúen que administracións e poderes públicos non expoñen con suficiente claridade canto e en que gastan os recursos destinados á protección da infancia.

Segundo análises do GSIA (Grupo de Sociología de la Infancia y la Adolescencia), a imaxe que ofrecen os medios de comunicación dos nenos e nenas é ambivalente: ás veces vítimas, ás veces agresores, ben anxos ou ben demos, o que vén afondar nos estereotipos que os presentan como seres humanos incompletos, dependentes e incapaces, precisos ben de protección, ben de represión, facendo énfase na súa exposición a condutas de risco –comas etílicos, sexualidade prematura, violencia, etc.– como algo alleo ao mundo construído pola man adulta.

A sociedade non ve, valora ou protexe os dereitos das persoas sobre as que non ten coñecemento. A dispoñibilidade de información e a súa análise son o primeiro paso no camiño á visibilización da mocidade en situación de pobreza ou vulnerabilidade.

O limiar da pobreza

O limiar da pobreza é a cifra que divide a poboación entre persoas pobres e persoas non pobres, e calcúlase cada ano en función da distribución de ingresos dos fogares.

A pobreza pódese medir empregando un limiar nacional, común para todas as comunidades autónomas, e un limiar rexional, que determina un conxunto de persoas pobres en función dos ingresos de cada comunidade autónoma. En xeral, a utilización de limiares rexionais reduce as taxas de pobreza nas comunidades máis pobres e auméntaas no resto.

Dos grandes parámetros estatísticos sobre pobreza, privación, desemprego e desigualdade, un deles é o indicador de risco de pobreza e/ou exclusión social da Unión Europea, chamado AROPE. Este indicador resulta da agregación das persoas incluídas nestes tres conceptos: risco de pobreza, privación ou carencia material severa e baixa intensidade laboral no fogar.

O resultado do informe AROPE 2016 confirma que a fenda entre España e a Unión Europea é moito máis evidente na poboación infantil que na adulta. En termos xerais, segundo datos desagregados do Ministerio de Sanidade, en Galiza:
—Medra un 7% o número de nenas e nenos en risco de pobreza ou exclusión social (AROPE), ata o 28,8%.
—Medra un 6,3% o número de nenas e nenos en risco de pobreza relativa ata o 24,5%.
—Medra un 1,7% o número de nenas e nenos que viven en fogares con moi baixa intensidade de traballo, ata o 8,6%.

A ONG Save the Children denuncia no seu informe Más solas que nunca que as familias conformadas por nais soas con fillas e fillos a cargo teñen a taxa máis alta de pobreza infantil. En Galiza hai máis de 112.000 fogares cun só proxenitor, dos que un 82% están encabezados por mulleres, case 93.000 fogares (INE).

A exclusión social afecta moito máis os nenos e nenas que viven en familias monomarentais. Case a metade están en exclusión social, e un de cada catro en pobreza severa. Fóra do espazo da integración.

Vivir en familia é un dereito fundamental da infancia recoñecido na Convención dos Dereitos dos Nenos, e a vía máis eficaz para garantir o seu desenvolvemento e a satisfacción das súas necesidades. En Galiza hai entidades sen ánimo de lucro como a Fundación Meniños encargadas de axudar a estes nenos e nenas traballando coas familias para que conserven ou recuperen as súas condicións protectoras, confiando no potencial de cambio das persoas.

Cando isto non é posíbel, a administración asume a súa tutela e comeza a busca de entornos familiares alternativos: na familia extensa en primeiro lugar, e despois en familias acolledoras e adoptivas. Mais cada ano, centos de nenas, nenos e adolescentes sen familia ingresan nun centro de protección, e cando chegan aos 18 anos, atópanse nunha situación de vulnerablidade moi diferente á que vive a meirande parte das mozas e mozos da súa idade.

Boa parte da mocidade ex tutelada afronta a súa emancipación antes de ter acadado o nivel de autonomía necesario. Teñen que aprender a ser persoas adultas, atopar un traballo, buscar onde vivir e asumir todas as responsabilidades da vida independente, e todo isto sen un apoio familiar ao que voltar se as cousas non saen ben. Á parte, estas mozas e mozos que viven en centros de protección porque a súa contorna non lles foi favorábel, loitan cos prexuizos dunha sociedade que desconfía deles por descoñecemento.

Igaxes3 é outra entidade sen ánimo de lucro galega que protexe a rapazas e rapaces na súa saída do sistema de protección, procurando que non volvan a situacións de risco ou vulnerabilidade. Desenvolven programas para a inserción sociolaboral de mozas e mozos maiores de 16 anos, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, se é preciso, ata os 25 (programa Mentor), así como iniciativas para a promoción do éxito escolar se perden a motivación, pois o abandono escolar multiplica o risco de exclusión da xuventude ex tutelada.

O proceso de cambio

Aínda así, os recursos destinados a políticas sociais, e especialmente á infancia, veñen sufrindo un decrecemento que afecta directamente a protección dos dereitos de nenas e nenos. España é un dos países da Unión Europea que menos recursos adica a políticas sociais destinadas á mocidade.

Ademais, faise evidente que as actuais políticas de asistencia social, como as axudas ás familias, as axudas por vivenda ou as axudas á supervivencia, teñen unha capacidade redutora da pobreza infantil moi pequena.

Segundo advirte UNICEF, as nenas e os nenos importan, o seu valor social vai alén do eido doméstico, non son asunto exclusivo de súas familias, senón de todas as persoas. O custe de desatendelos é enorme, e a aposta política e social pola infancia é posible e necesaria.

É precisamente agora cando debe ser prioridade. Invertir en infancia supón apostar por unha sociedade máis xusta, e todas as administracións, axentes sociais e medios de comunicación somos responsables deste proceso.

Para transformar progresivamente a sociedade e garantir un marco óptimo para o desen­volvemento das nenas e nenos, todas as persoas temos un papel que xogar, e entre nós, os propios nenos e nenas de xeito destacado.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Abusos a la infancia
Pau Lluc “La casa no es un lugar seguro para muchos niños y niñas”
Pau Lluc (Alboraia, 1974) sufrió violencia sexual cuando era pequeña por parte de su padre. Asegura que necesitamos relatos para que la sociedad tome conciencia de que ella no es la excepción.
Opinión
Opinión Una entre tantas: los abusos sexuales contra la infancia
Claro y alto os lo digo: yo fui víctima de abusos sexuales cuando era niña y no soy un caso raro, soy una entre tantas, una entre cinco. ¿Se entiende? Y si se entiende, ¿qué pensamos hacer al respecto?
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.