Os nove detidos na protesta en apoio a Palestina de Compostela esixen a retirada de tódolos seus cargos

O grupo de activistas, que participou nunha acción de boicot a un Burger King, chama a unha concentración o 19 de febreiro fronte aos xulgados da cidade onde farán a súa primeira declaración nun proceso xudicial que é probable que dure anos.
Militantes propalestinos Santiago de Compostela
Rolda de prensa dos 9 militantes propalestinos represaliados en Santiago de Compostela.
13 feb 2025 13:21

O colectivo “9 detencións, 0 explicacións” celebrou unha rolda de prensa no Centro Social A Gentalha do Pichel para esixir a absolución das nove persoas detidas o pasado 6 de outubro nunha protesta en apoio ao pobo palestino. Arredor de corenta persoas reuníronse para apoiar a causa e denunciar a represión sufrida. Ademais, o grupo convocou unha concentración de apoio o mércores 19 de febreiro, data na que as cinco persoas detidas na mañá do 6 de outubro deberán comparecer ante a xuíza instrutora. A protesta terá lugar ás 11:00 horas fronte aos xulgados de Compostela, en Fontiñas, co obxectivo de esixir a absolución de todas as persoas encausadas.

Durante a rolda de prensa, presentouse un comunicado no que se detallaron os feitos ocorridos tras a multitudinaria manifestación en defensa de Palestina. Ao rematar a marcha, realizouse un acto de boicot fronte a un establecemento de Burger King na rúa da Senra, convocado por BDS Galiza e a Rede Galega pola Palestina. Esta acción non violenta foi reprimida polas forzas de seguridade do Estado, que interviñeron, segundo explicaron, “con violencia e detiveron a cinco manifestantes”, aínda que tamén se puido observar nos rexistros gráficos da protesta.

Posteriormente, ao trasladar ás persoas detidas á comisaría da Policía Nacional, organizouse unha concentración de urxencia para esixir a súa liberación. Neste novo acto de protesta, a intervención policial repetiuse co mesmo nivel de violencia, resultando na detención doutras catro persoas. A xornada concluíu con “nove detencións, pero ningunha explicación”.

O colectivo denunciou no seu comunicado os mecanismos represivos do Estado contra os movementos populares organizados e reafirmou a súa defensa da loita internacionalista solidaria, a autodeterminación e a autoorganización dos pobos fronte a calquera axente autoritario.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...