Actualidad LGTBIQ+
O PSOE na Coruña leva catro anos sen pendurar a bandeira LGTBIQA+ na fachada do Concello

Colectivos autónomos e asociacións LGTBIQA+ da cidade din que é un problema de vontade política. Ademais, denuncian que dende o Concello están a privatizar e patrimonializar a reivindicación do Orgullo na Coruña dende hai anos.
Concello Coruña sen bandeira
Fachada do Pazo de Maria Pita, edificio do Concello da Coruña, un ano máis sen bandeira LGTBIQA+ | Foto: ALAS Coruña
29 jun 2023 09:00

Por cuarto ano consecutivo, o Concello da Coruña non pendura a bandeira LGTBIQA+ na fachada do edificio situado na Praza de María Pita, algo que convertérase en costume durante os anos que estivo na corporación municipal a Marea Atlántica (2015-2019). A explicación que dan dende o Concello é que a fachada está nun estado ruinoso e que pode danarse. Mais isto contrasta co sucedido noutras ocasións durante estes anos e que denunciou o 28 de xuño, Día do Orgullo, ALAS Coruña nas súas redes sociais. Este colectivo lembra que durante os últimos anos téñense colocado tanto luces de Nadal como altofalantes para as festas.

Pola sua banda, o activista cuir feminista Pablo Maribolherx comenta que “PHoto España, por exemplo, fixo unha exposición no ano 2020 con dous carteis enormes pendurados da fachada. Calquera estudante de Arquitectura pode dar unha idea de como pendurar algo sen danar a fachada. Hai moitos medios: podes proxectar todas as noites unha bandeira sobre o edificio. Solucións hai moitas, vontade política ningunha. Son  catro anos invisibilizando a nosa bandeira, non sei que sentido ten.”

O PSOE en Coruña, co tema LGTBIQA+, sempre destacou por un intento de apropiación, sinala Pablo Maribolherx

Este histórico activista da cidade polos dereitos LGTBIQA+ engade que o asunto da bandeira é unha mostra máis “das políticas de desidia do PSOE na Coruña co tema LGTBIQA+. Sempre destacou por un intento de apropiación, para conseguir o voto rosa ou como queiras chamalo, sen deixarnos aos colectivos celebrar o Orgullo á nosa maneira, ser autónomos, iso nunca lles interesou”. Denuncia, ademais, que a actitude do Goberno socialista sempre foi “quen estea comigo fai parte do Orgullo da Coruña, quen estea comigo terá cartos, terá convenios co Observatorio de Igualdade do Concello”. Continúa dicindo que “as políticas de diversidade nos últimos anos nesta cidade son nefastas, teñen o Espazo Diverso totalmente parado, sen actividades. No seu momento tiñan un orzamento de 40.000 euros e non se gastaban nin 10.000. Seino porque dirixín o espazo un tempo”.

Foto con Bandera LGTBIQA+ Coruña
Imaxe da fachada do edificio do Concello da Coruña no ano 2016, cando gobernaba a Marea Atlántica.

O Espazo Diverso é un servizo municipal creado durante a alcaldía da Marea Atlántica (2015-2019) para atender, visibilizar e organizar actividades cos colectivos LGTBIQA+ na cidade durante todo ano. De feito, dende varios destes colectivos coruñeses sinalan que “dende o Concello apóstase e publicítase unicamente o festival Atlantic Pride, non o propio Orgullo en si. Este festival está vinculado unicamente a barras, alcohol e festa, que pode ser necesario pero non é o único que se debe reivindicar nesta época. Trátase dunha entidade –a asociación ORCO (Orgullo Coruña)– que leva unha morea de cartos públicos por organizar un festival durante unha semana ao ano. Pero logo as entidades que traballamos o resto do ano non recibimos esa visibilidade dende o Concello”. Por iso, dende ALAS Coruña sinalan que “este ano decidimos non participar nas actividades do Orgullo organizadas polo Concello, porque xa levamos tempo denunciando esta falta de interese. Por exemplo, ata o mesmo día de hoxe (28 de xuño) o Concello non publicara ningunha actividade.” Neste mesmo senso, Pablo Maribolherx coincide en que o Concello “só publica as cousas no último día, ou no mellor dos casos na última semana. Non lles interesan as datas reivindicativas. Non mostra interés en traballar ben estas cuestións. Repito, é falta de vontade e desidia, aínda non sei moi ben o motivo. Ademais o festival non deixa de ser unha actividade con fins lucrativos, organizada por unha asociación con intereses na hostalería.”

Lembremos que o festival Atlantic Pride, de carácter gratuíto, é unha actividade que contará este ano 2023 coa actuación de 35 artistas, locais e internacionais, repartidos en tres escenarios da cidade: Praza de Pontevedra, Fundación Luís Seoane e Xardíns de Méndez Núñez. A vindeira edición, programada para principios de xullo, foi presentada pola propia alcaldesa Inés Rey nun acto público onde destacou o éxito de pasadas edicións. Pola súa banda, ALAS Coruña, xunto cos distintos grupos da oposición, asinou o pasado mes de maio 9 compromisos para, entre outras cousas, “abandonar o actual modelo mercantilista do Orgullo LGTBIQA+ na cidade”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Las calles gallegas exigen un freno inmediato al negocio de rentistas y fondos de inversión con la vivienda
Los sindicatos de inquilinas de las grandes ciudades y la mayor parte de los colectivos de la sociedad civil en Galicia consiguen convocar unas movilizaciones abundantes en las grandes urbes.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.