AGANTRO
Os silencios da COVID-19: dunha pandemia a unha sindemia

En menos dun ano, o coronavirus fixo que o mundo se transformase nun gran laboratorio de experimentación social.

Educación 020
Aula vacía nun instituto. Jaime Cinca
Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural
7 dic 2020 10:00

Estamos vivindo un momento de profundo cambio nas prácticas sociais. En menos dun ano, o mundo converteuse nun gran laboratorio para experimentar con cambios na vida cotiá. A investigación que rodea á sindemia da COVID-19 procede eminentemente da biomedicina, na dobre vía de producir unha vacina e de tratar, conter e controlar as infeccións. Fago uso do termo “sindemia” non é un erro seguindo a proposta de Richard Horton, editor xefe da revista científica The Lancet. 

Horton, nun artigo de setembro de 2020, insiste en que os enfoques centrados en deter a pandemia exclusivamente desde un punto de vista biomédico non son suficientes, porque non é unha pandemia, senón unha sindemia.  E basea a súa proposta no modelo “sindémico”, desenvolvido nos anos 90 polo antropólogo Merrill Singer, para sinalar que a COVID-19 ocorre máis en certos grupos sociais, dependendo dos patróns de desigualdade das nosas sociedades. Polo tanto, as medidas adoptadas deben servir necesariamente para equilibrar as condicións de desigualdade; e dirixirse cara a interacción entre factores sociais e biomédicos. Horton insiste en que usar o novo termo sindemia é fundamental, xa que “a consecuencia máis importante de entender a COVID-19 como unha sindemia é prestar atención á súa orixe social”.

Entón, poñer no centro as desigualdades sociais que están detrás da COVID-19 é un paso ineludible dentro das políticas sanitarias, laborais e económicas. Pero, estase dando este paso? Que investigación se está a financiar sobre a COVID-19 dende as ciencias humanas e sociais (CHS)? A nivel internacional, nalgúns países europeos houbo un decidido compromiso coa investigación en CHS desde o inicio das medidas de confinamento, como no Reino Unido, Noruega ou Finlandia.

A COVID-19 ocorre máis en certos grupos sociais, dependendo dos patróns de desigualdade das nosas sociedades. Polo tanto, as medidas adoptadas deben servir necesariamente para equilibrar as condicións de desigualdade

A nivel nacional, o CSIC, por exemplo, fixo unha convocatoria interna de proxectos, e existe unha plataforma que integra investigacións sobre o impacto social, político, económico e ambiental da COVID-19. Porén, isto e unha caída no balde: ata o de agora, a única convocatoria pública do sistema científico nacional para proxectos específicos sobre a sindemia foi a do Instituto Carlos III e, duns 24 millóns de euros destinados a proxectos de investigación, non se destinou nada a entender os efectos sociais da COVID-19.

A principios de outubro, as principais asociacións de ciencias sociais, lideradas pola de Antropoloxía (ASAEE), fixemos unha declaración chamando a atención sobre este tema. Na declaración explicamos que os efectos da COVID-19 non se limitan ao campo clínico ou epidemiolóxico, “desde o primeiro momento a pandemia demostrou a virulencia da súa dimensión social: sobre o emprego e o sistema produtivo, sobre as xeografías formais (renda, mobilidade, densidade) e informais (redes de solidariedade) nas nosas cidades, sobre xestión de dados, xestión de hospitais, estruturas familiares, educación en liña ou os procesos de gobernanza da administración pública. O mundo que a COVID-19 despregou ante os nosos ollos resultou ser, dende o primeiro momento, un mundo social”.

Un par de días despois de lanzar esta declaración, o 6 de outubro de 2020, a Organización Mundial da Saúde instou a vencellarás ciencias humanas e sociais para traballar con “comunidades”, acompañándoas para evitar os efectos da fatiga social. Na declaración oficial do director rexional da OMS en Europa, Hans Henri Kluger, insistiuse en tres liñas de acción: a primeira, estar en contacto regular coas comunidades e utilizar os dados xerados; a segunda, facer  o diseño das intervencións xunto coas comunidades; e a terceira, finalmente, dar resposta, de forma innovadora, ás necesidades da cidadanía. Para atopar solucións novas, recalca a OMS, é esencial ter o coñecemento e seguir as metodoloxías das ciencias humanas e sociais. Alén do uso problemático –desde a Antropoloxía- da palabra “comunidades”, neste comunicado, así como nas directrices xerais da OMS sobre o tema da fatiga social, reitérase a importancia do co-deseño das medidas a adoptar.

“Desde o primeiro momento a pandemia demostrou a virulencia da súa dimensión social"

Implementar recomendacións para cambiar as rutinas diarias, se veñen de arriba abaixo, ten un nome: enxeñaría social. Desde hai varias décadas, a análise da historia das políticas científicas indicou que a incorporación das ciencias sociais aos programas de gobernanza fracasou cando se fixo a través da enxeñaría social. Por exemplo, en 1998, James Scott, no seu libro Seeing like a State: How Certain Schemes to Improve the Human Condition Have Failed, sinala precisamente un erro moi común -e con efectos desastrosos- que está a cometer a xestión da sindemia actual: téntanse mellorar as condicións de vida dun grupo de persoas, pero sen contar con elas. É necesario un co-deseño das medidas a adoptar, que implique a diferentes actores, non como destinatarios silenciados das medidas, senón como parte fundamental da súa creación. Só a través deste co-deseño, a través da escoita activa, pódese evitar o proceso de estigmatización grupal, como, por exemplo, a preocupante tendencia a culpar á mocidade de parte dos contaxios.

Os medios de comunicación algúns medios de comunicación están a ser portavoces das ideas que acabo de presentar, incidindo nas fracturas sociais creadas pola COVID-19 e explicando que os grupos máis vulnerables sofren e sofrerán a medio e longo prazo consecuencias que só comezamos a intuír. Porén, esta conciencia da importancia dos aspectos sociais non ven acompañada de esforzos para promover liñas de investigación desde as ciencias humanas e sociais. Outro silencio máis na xestión da COVID-19.

NOTA DA AUTORA:
Dende a Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro) colaboramos mensualmente con O Salto con artigos que, con diferentes perspectivas antropolóxicas, contribúen a analizar e comprender a realidade. En Antropoloxía non buscamos dar explicacións a priori sobre a sociedade, nin partimos de modelos interpretativos para ver se son replicables noutros contextos, senón que intentamos pasar de “explicar” a “comprender”, mediante unha escoita atenta -á que chamamos traballo de campo etnográfico-, para entender, desde dentro, as normas non escritas dos procesos sociais. Dende este punto de vista interésanos moito, por suposto, o que se di, pero tamén o que non se di, os silencios, e as contradicións entre o que se di facer, o que se pensa e o que se fai. Todos estes procesos conforman prácticas sociais. *Quero agradecer a David Barreiro pola súa axuda na corrección do meu galego; a Alberto Corsín por iniciar a declaración das asociacións, por insistir en que se tomen medidas para visibilizar a necesidade da investigación sobre a sindemia dende as CHS e por compartir comigo algunhas referencias que incorporei neste artigo. Agradezo tamén o traballo da Comisión de Área Global Sociedade e da Plataforma “Salud Global” do CSIC.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Corrupción El novio de Ayuso, a un paso del banquillo por fraude fiscal y falsificación de documentos
La jueza que instruye la causa propone el procesamiento de Alberto González Amador, de uno de sus testaferros y de los tres presuntos colaboradores en el caso del fraude a Hacienda.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Suspendidas las declaraciones de los cabecillas de los protocolos de la ‘vergüenza’
Reclaman que no han sido llamados en tiempo y forma. Los familiares de los 7219 residentes fallecidos denuncian denegación de servicios por motivos discriminatorios a tres altos cargos de Isabel Díaz Ayuso.
Chernóbil
Cuba y Chernóbil Cuba, Chernóbil y COVID-19
Los médicos cubanos ya acudieron al rescate de los niños de Chernóbil.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Últimas

Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.