Agricultura
Lourdes Enes: “O noso obxectivo como productoras e socias é poder vivir disto”

Lourdes Enes, labrega.

Lourdes Enes, labrega
Lourdes Enes, labrega Sara Guerrero Alfaro
7 feb 2020 08:00

Lourdes Enes (1977, Covelo) forma parte dunha cooperativa de mulleres adicadas á agricultura ecolóxica. Cinco anos atrás esta cooperativa inaugurou Pontebio, unha tenda situada en Ponteareas na que venden os produtos que colleitan nas súas hortas. Nese tempo lograron difundir e conscienciar a comunidade da vila sobre a calidade dos produtos ecolóxicos, tamén sobre o impacto beneficioso que os seu consumo pode chegar a ter tanto no medio ambiente como na saúde.

Como xurdiu a idea de inaugurar unha tenda ecolóxica?
As miñas compañeiras e máis eu somos produtoras de horta ecolóxica desde hai xa bastante tempo e temos as nosas hortas reguladas polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica. Hai anos ainda era máis difícil vender produto ecolóxico. Comezamos a vender a domicilio e nas feiras, mais tiñamos que traballar de máis para poder xerar algunha ganancia. O que fixemos foi xuntar as nosas forzas e facer unha tenda para vender en conxunto a nosa verdura.

Que dificultades tivéchedes para vender estes produtos, especialmente nunha vila con bastante porcentaxe de vida rural?
O máis difícil foi conscienciar ás persoas sobre o que significa que un produto sexa económico e san. Ao comezo dicíannos: “O meu produto é igual porque eu o colleito”. Mais moitas veces engádenlle produtos químicos e na agricultura ecolóxica iso non está permitido, ademáis de que hai que agardar un tempo determinado para que todo medre ben.

Mudou a relación das persoas veciñas cos productos?
Si, ao comezo dicían: “Ui, que caro está todo”. Entón explicabámoslle á xente que era un produto fresco, recén recollido da horta porque todos os días renovamos a verdura. A xente vaino comparando e vaise dando conta. Ao final dinnos: “Esta leituga aguántame unha semana na casa” ou “isto séntame mellor”.

“Queremos ter un soldo digno a fin de mes e sentirnos orgullosas do que facemos”

Que obxectivos tedes?
O noso obxectivo como produtoras e socias na nosa cooperativa é podermos vivir disto. O que queremos é ter un soldo digno a fin de mes e sentírmonos orgullosas do que facemos. Eu xa o fago: na miña horta síntome ben, é como unha terapia. E saber que a xente que está a mercar confía nos nosos produtos e ao mesmo tempo se está a coidar, é importante. O noso traballo está moi relacionado coa saúde. Por iso introducimos tamén un desconto para as familias que teñen crianzas pequenas, para que se deran conta de que, cando se lle comezan a dar as primeiras froitas, é importante que non teñan produtos químicos.

Como funciona a cooperativa e por que optáchedes por ese tipo de organización?
Unha cooperativa é moi diferente a unha empresa. Aqui todas somos xefas, ademais de que somos tres mulleres con familia e responsabilidades detrás. Por iso escollemos a cooperativa, porque a prioridade son as persoas. Ou sexa, se eu teño que levar ás miñas nenas ao médico ou a calquera actividade, as miñas socias entenden que iso é importante e que elas van a recuperalo tamén no seu tempo. Non temos o medo de pedir permisos a un xefe.

É viábel este estilo de vida?
É viábel, mais quen pense que vivindo da agricultura se vai facer rico está moi equivocado. Sair a vender ás feiras e explicar á xente como traballamos foi un momento clave: fomos facendo difusión do valor dos produtos ecolóxicos e contribuímos a que se comezara a falar do tema. En Vigo cando comecei no 2011, había só unha tenda de produtos ecolóxicos. Agora son varias e a moitas somos nós as que lles distribuimos a verdura das nosas hortas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Migración
Migracións A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.