Amazonía
Vázquez Pumariño, sobre a soia nas macrogranxas españolas: “Somos nós quen estamos impulsando a queima da Amazonía”

A soia da Amazonía alimenta o gando das macrogranxas en España, cada vez máis numerosas e con máis exportacións cara Asia. O consultor ambiental Vázquez Pumariño ten clara a responsabilidade de Europa e Estados Unidos nos lumes da Amazonía.

Xabier vazquez-pumarino
O consultor ambiental e biólogo Xabier Vázquez Pumariño.
29 ago 2019 08:34

Xabier Vázquez Pumariño é biólogo, ornitólogo e consultor ambiental. Ademais, coñece especialmente o contexto brasileiro, polo que conversamos dos lumes na Amazonía e da taiga siberiana. Critica que as políticas en materia de incendios de Bolsonaro son “case homologables” ás de Evo Morales ou as do Partido dos Trabalhadores e sinala a responsabilidade de Europa nos lumes na Amazonía: “Somos nós quen estamos impulsando a queima da Amazonía de xeito clarísimo”, referíndose aos intereses das macrogranxas europeas.

Por que arde a Amazonía?
A razón pola que se incendia a selva do Amazonas nas últimas décadas é a apertura de terreo agrícola sobre todo para un cultivo masivo de soia, algo que acontece en toda Sudamérica. Esa soia expórtase practicamente na súa totalidade a Estados Unidos e Europa. Outra das razóns para as que se abre terreo é a cría de gando vacún, para exportar carne a prezos moi baixos.

Entendo que detrás dos gandeiros hai empresas que exportan esa soia?
Si, empresas de todo tipo. Son empresas gandeiras, pero alí o concepto é diferente ao de Galicia, onde hai empresarios gandeiros pequenos ou medianos. Alí son señores que acaparan terras enormes e comezan o que chaman ‘desmatamento’ (deforestación): entran por unha pista ata a selva e comezan a cortar vexetación e en ocasións o que cortan non ten valor madeireiro se non que se deixa secar no chan e unha vez seca préndese lume. A partir de aí, no terreo xa se pode poñer ‘alambrada’ e meter o gando ou cultivar a soia. É unha práctica habitual en Brasil e tamén no resto de estados da Amazonía ou na Pampa.

Amazonas fuego
Fuegos en la Amazonía en el año 2019, vistos desde la Estación Espacial Internacional. Foto: ESA/NASA – L. Parmitano
Non é unha cuestión brasileira, entón.
Fálase moito de Bolsonaro pero non de Evo Morales, que está facendo a mesma política que Bolsonaro pero con máis cinismo, porque sempre fala da pachamama, dos dereitos dos pobos indíxenas... pero basicamente os plans económicos para a Amazonía son iguais, como o eran xa con Lula. O que cambia con Bolsonaro é a escala; os outros personaxes teñen un dobre discurso e Bolsonaro non, el directamente invita aos gandeiros e aos propietarios a facer o desmatamento e incluso a matar aos pobos indíxenas. Esa é a chave. Podemos pensar que a selva non ten poboación humana pero si que hai, o que pasa é que son indíxenas aos que Bolsonaro lles quita aos dereitos. É un xenocidio e un ecocidio.

Os pobos orixinarios do Amazonas son un obstáculo para aproveitar os seus recursos?
Si. Unha vez que o goberno está a favor destas políticas activamente, a única barreira que agora mesmo teñen son as persoas dos pobos indíxenas, que pasan a ser persoas de segunda categoría. É un etnocidio.

“A única barreira que agora mesmo teñen son as persoas dos pobos indíxenas.”

Hai un xenocidio e unhas consecuencias dos lumes que o goberno de Bolsonaro non nega. A permisividade é total e ata houbo gandeiros que prenderon lumes en apoio a Bolsonaro. Como chega a opinión pública a ‘comprar’ esta barbaridade?
Está moi polarizado todo. A estrema dereita brasileira entende que a única política a prol do desenvolvemento económico é este tipo de agroindustria, por riba de calquera compromiso ambiental ou dos Acordos de París. Dálles todo igual e van a saco con esta idea. No outro extremo temos a unha esquerda en torno ao Partido dos Trabalhadores, que tampouco pode dar leccións sobre o tema: 2019 é o ano que máis está ardendo, pero só desde 2009. Antes xa había lumes, pero agora o ritmo é maior. Isto é importante: non é cuestión de salvar ou non salvar a Amazonia, non é que uns poidan facelo e outros non, se non do ritmo ao que se está destruíndo.

E os medios de comunicación?
Chama moito a atención o despregue mediático do equipo de Bolsonaro. Queren facer ver que a Europa non lle interesa a queima de Amazonía, porque din que impediría o desenvolvemento económico de Brasil. E non é certo. Canta máis soia dispoñible haxa, máis van baixar os prezos e máis beneficio imos ter os europeos. É incrible ver as discusións e a manipulación da opinión pública.

"Que se poña o foco agora con Bolsonaro é bo pero ben se puido poñer hai dez ou trinta anos coa mesma intensidade que hoxe."

Estase poñendo o foco mediático en Bolsonaro. Pode ser unha oportunidade para denunciar o problema estrutural da destrución da selva tropical?
Hai unha persoa importante no ecoloxismo brasileiro, que foi Chico Mendes. El dicía que non pode haber ecoloxismo sen unha loita social detrás. Foi asasinado en 1988 e foi un punto de inflexión porque chegaron ao punto máximo do que podían facer, que é matar a unha persoa. Esa barreira xa foi superada coa política de Bolsonaro, que é unha política activa de armar aos terratenientes contra os indíxenas.

Outra persoa importante é Marina Silva, que foi deputada do PT e ministra con Lula. Que pasou? O PT desfíxose dela porque ela ía en contra os intereses económicos desta industria. En certo modo, o que entendemos como esquerda en Sudamérica cando ten que decidir o modelo económico a seguir nos seus países optan por un modelo case homologable ao de Bolsonaro, e iso é unha traxedia. Hai unha polarización moi artificial porque hoxe Marina Silva está fóra da vida política. É terriblemente tráxico. Que se poña o foco agora con Bolsonaro é bo pero ben se puido poñer hai dez ou trinta anos coa mesma intensidade que hoxe. O problema é que agora xa temos moita menos superficie de selva, e diso somos responsables en Europa e Estados Unidos, claramente.

macrogranja industrial
La ley permite que los cerdos vivan en 0,65 metros cuadrados. Noah Ortega / FILMING FOR LIBERATION
En que medida son culpables?
Basicamente a soia que se exporta desde Arxentina e Brasil, neste caso o Amazonas, sirve para alimentar o noso gando aquí, particularmente nas granxas industriais. En España estanse facendo moitas granxas para porcos. Hai que dicir que vimos dunha mortandade masiva de porcos en Asia e o prezo do porco alí é altísimo. Xustamente quen está vendendo carne de porco a Asia son España e Alemania. Somos nós quen estamos impulsando a queima da Amazonía de xeito clarísimo. Francia parece que foi máis belixerante con Bolsonaro, pero España non, non vaia ser que non nos vendan pensos e soia moi barata para manter as nosas explotacións e exportar esas carnes fóra. É un problema global terrible onde temos unha responsabilidade.
Sobre a non-belixerancia de España: “Non vaia ser que non nos vendan pensos e soia moi barata para manter as nosas explotacións e exportar esas carnes fóra.”

Tamén levamos dous meses de lumes en Siberia.
Do de Siberia non se fala moito porque todo o que acontece en Rusia semella ser un fenómeno local, pero as consecuencias son terribles. Os dous grandes biomas terrestres que almacenan CO2 evitando así a súa liberación á atmosfera son a selva tropical e a taiga siberiana. Os lumes da taiga son consecuencia do cambio climático e de usos do territorio non axeitados, pois tamén se facían lumes para abrir espazos. Neste verán todo está máis seco e con temperaturas moito máis altas do normal, polo que en canto se declara un lume é imparable. Hai dous meses que está ardendo de xeito masivo. Así como hai outros ecosistemas como as sabanas africanas que teñen un réxime de lumes de xeito natural pola súa evolución, a taiga e a selva non poden arder. Tardan décadas e décadas en recuperarse.

Cales son as consecuencias globais de que ardan eses dous biomas?
Todo ese CO2 estase liberando á atmosfera. Non é só que non combatamos o cambio climático reducindo as emisións, senón que alí onde hai CO2 almacenando, o estamos liberando. Isto supón un crecemento exponencial dos riscos asociados ao cambio climático. Isto vai provocar sequías, inundacións, fenómenos meteorolóxicos extremos, etc.

“Os lumes en Siberia e Sudamérica supoñen un crecemento exponencial dos riscos asociados ao cambio climático.”

Esta serie de incendios, por sí mesmos, poden ter algunha consecuencia global?
Si, claramente. En xeral os medios de comunicación están contando cousas que non son moi certas: dise que a selva do Amazonas é un pulmón pero a maior parte do osíxeno prodúcese no mar. O problema é a liberación de toneladas do CO2 expulsado pola queima destes lugares. Nin que decir ten que a perda de biodiversidade é tremenda. No caso dos incendios de Siberia e doutras zonas coma o Ártico canadense é a liberación de cinzas que se pousan en zonas de neve perpetua, que acaban derretíndose máis rápido. Estamos multiplicando exponencialmente os riscos nos últimos meses.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
El Salto Radio
El Salto Radio Viaje hacia la destrucción
La ONU denuncia que las lluvias e inundaciones sin precedentes de Octubre pasado en España, se unen a una serie de catástrofes por inundaciones que han afectado a comunidades de todo el mundo.
Incendios
Crisis climática Los incendios de California se expanden: “Esto lo han hecho las petroleras”
La catástrofe se ha cobrado ya diez vidas, ha calcinado 14.000 hectáreas y ha provocado la evacuación de 180.000 personas. “Los incendios de Los Ángeles no son sólo una tragedia, son un crimen”, denuncia Jamie Henn, director de Fossil Free Media.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.