Antropología
Sharon Roseman: “A emigración foi unha solución social para o desemprego”

A antropóloga canadense é autora de numerosas publicacións en torno á figura da muller na Galiza, o patrimonio galego, a crise demográfica ou a problemática do paro no país. En abril participa no XIV Congreso de Antropoloxía en Santiago de Compostela.


Sharon Roseman en Compostela 1
A antropóloga Sharon Roseman durante a súa estancia en Compostela no 2019. Pablo Santiago

Sharon Roseman chegou ao concello de Zas no 1989. Durante tres anos fixo recollidas de campo para profundizar no seu obxecto de estudo: o papel das mulleres e as relacións de poder. Dende entón ten escrito publicacións en torno á figura da muller traballadora, á emigración na Galiza, a crise demográfica ou os sistemas de transporte públicos. Conversou con O Salto Galiza aproveitando a súa participación no XIV Congreso de Antropoloxía de Santiago de Compostela.

Se ben no imaxinario galego a idea do matriarcado foi atopando cada vez máis detractores, até ser practicamente desbotada, o arquetipo da muller galega traballadora e sacrificada segue vixente. Como afecta esta imaxe ás mulleres galegas novas e á construción das súas identidades?
Non quero xeneralizar, pero estou convencida de que temos que ser conscientes dos posibles efectos destas imaxes. Efectos que poden ser bos e malos. As mulleres galegas máis novas teñen que vivir no contexto do seu tempo e as xeracións maiores teñen que entender isto e escoitalas. O traballar moito, o levar moito, pode ser positivo. Ter este patrimonio de saber levar as cousas.

Pode esta imaxe contribuír á minimización das problemáticas actuais da xuventude, contrapoñéndoas ás problemáticas máis graves e “reais” que sufriron as xeracións maiores?
A xente, antes, tamén tiña problemas graves e reais. Creo que podemos dicir, en todas as sociedades, que hai un risco de que as imaxes que temos dos homes, das mulleres, das nais...minimicen os problemas que teñen as persoas. Porén, se somos conscientes das imaxes e falamos entre nós, se a xente maior escoita e aprende do contexto ao que se enfronta unha muller nova, pódese acadar unha solución. Comprobeino cando facía traballo de campo. En moitas casas atopaba, cando se compartían os problemas das persoas, posibilidades de flexibilidade para abordalos. Non é novo ser flexíbeis en como nos axudamos.

É importante, pois, a comunicación interxeneracional.
Claro, claro! Eu vía moita flexibilidade en moitas casas, máis aló desta imaxe ríxida. Tamén, ás veces, nas tarefas domésticas. Por exemplo, as mulleres maiores non facían moitas veces o xantar, senón as máis as novas.

“Cando non hai comunicación os estereotipos dominan as relacións


A comunidade tamén favorecía esta flexibilidade.
Creo que hai un patrimonio de flexibilidade. Esta imaxe de traballar para a casa, este valor de contribución, tamén inclúe a idea de flexibilidade e cambio ao longo dos anos. Creo que se hai comunicación hai formas de organizarse. Eu non estou dicindo que haxa que minimizar as problemáticas das mulleres novas, senón que unha conversa aberta pode contribuír a abordarlas. Esa minimización sucede cando non hai comunicación, entón os estereotipos dominan as relacións.

Os teus estudos parten da antropoloxía feminista e crítica. Como analizas as actuais loitas feministas na Galiza, especialmente as que se dan nos ámbitos rurais?
Hai un tempo escribín un artigo sobre a revista feminista "A Festa da palabra silenciada". O feminismo galego sempre me influíu, pero hai anos que non fago traballo de campo aquí, tería que ter participado nas manifestacións, nas marchas, para entender mellor o que acontece. A través dos xornais vese que hai máis participantes nesta loita, nos debates, disto estou segura.


Sharon Roseman en Compostela 2
A antropóloga canadense Sharon Roseman en Galiza no 2019. Pablo Santiago

O pobo galego é históricamente un pobo migrante. Cal foi a evolución da figura do emigrante?

Esta figura é propia da cultura galega porque practicamente toda a xente ten familiares que emigraron. Ademais existe sempre a posibilidade para quen reside aquí de ter que emigrar. Nas culturas nas que hai moita emigración existe a presión de ser un emigrante con éxito, de volver con historias que contar. Cóntase algunhas cousas e quizais non outras desta experiencia. A xente fala constantemente dos emigrantes: “que fai? ou “que fixo?”. Hai que ser conscientes deste discurso da emigración. E hai que loitar con esa imaxe do emigrante galego. Os galegos que marcharon e os que quedaron deben comunicarse. Hai que entender que unha grande proporción de galegos tivo que emigrar para gañar a vida e os efectos desta emigración. Comprender o que pasaron os emigrantes que hoxe, por exemplo, loitan por ter unhas pensións dignas.

Que impacto teñen as telecomunicacións nas relacións entre a comunidade emigrada e os seus lugares de orixe? Que apoio ou coidados aportan a quen vive no estranxeiro?
Son interesantes hoxe as posibilidades de comunicarse por teléfono, por Facebook. Isto permite falar moito máis que antes e entender a vida dos e das emigradas. Os colegas poden dar apoio aos que están fóra, e estes aos que quedaron. Hoxe quen está fora pode participar dos movementos sociais, do feminismo, dunha maneira distinta e máis inmediata. Sempre houbo libros e revistas aos que se podía acceder, sobre todo cando se tiñan que publicar no estranxeiro porque aquí estaba prohibidos pola ditadura, pero hoxe hai máis opcións de comunicarse, de manter as raíces, a lingua. Hai críticas a estas tecnoloxías, mais teñen aspectos bos e aspectos malos.

“Hoxe quen está fora pode participar dos movementos sociais, do feminismo


Existe un discurso que reivindica a migración da xente nova como vía para acadar unha mellor formación ou posto de traballo. Até que punto non contribúe a invisibilizar un marco de precariedade estrutural na Galiza?
Escribín un artigo hai uns anos no que falaba do desemprego da xuventude galega. A xente que marchaba nos anos sesenta e setenta tamén era nova. Non quero minimizar o que sucede agora, pero daquela a emigración foi unha solución social para o desemprego. É posible que, outra vez, se invisibilicen os problemas graves que hai tras esta nova emigración. É o risco, e é importante falalo.

Nos 70 tamén se promovía ese discurso?
Son discursos sociais que teñen distintas raíces, creo que agora é distinto. Noutros tempos falábase de traballo non de oportunidades para formarse e para estudar E se hai un risco de invisibilización hai que falalo, e chamar as cousas polo seu nome. Outro risco que corremos é invisibilizar as diferencias, xeralizar falando dun mesmo grupo de persoas que proveñen de contextos distintos. Temos que facer unha análise dende o punto de vista da variedade: falar de clase social e tamén das diferencias entre xeracións.

Na publicación “Galicia, un pobo con futuro?” contribuiches co artigo “A solidariedade frente as cifras”.

Falei de que hai que ter solidariedade coas novas xeracións. Hai un risco de criticar ás mulleres por non ter fillos, sen ter en conta no contexto de desemprego no que viven. Sinalei tamén a necesidade de mellorar o transporte público, as condicións da vida desa xeración. Tamén escribín sobre a importancia de ter en conta as variedades de contexto dentro da xuventude: non debemos estereotipar a esta xeración. Galiza é cada vez máis vella, pero recibe tamén emigrantes. Hai distintas formas de que unha poboación medre, non temos que falar tan só da taxa de nacemento. Eu veño dun país de emigrantes e falamos de que hai que permitir a entrada de máis emigrantes.

Nos teus escritos sinalas que a tradición é “cambiante”, non unha foto fixa. Ata que punto o turismo, na Galiza unha importante fonte de ingresos, pode contribuir a que a imaxe da tradición que se ofreza sexa unha postal?

É un risco que se da cando hai moito turismo, pero eu son optimista. É como outra industria, tes unha industria e hai que planificala, pensar nas relacións de traballo e nas relacións sociais. Creo que hai que falar de como ofrecer aos turistas e á propia poboación o punto de vista de que non hai unha tradición fixa. É importante non ter estereotipos reducidos dunha sociedade ou da súa historia. Temos unha obriga de dar a coñecer a complexidade da historia, hai que falar do presente e do futuro, non soamente da tradición. Os turistas son capaces de asumir máis complexidade do que cremos e non ter só o discurso da postal, pero moitas veces viven en burbullas. Hai outros problemas ligados co turismo claro: o impacto ecolóxico, o impacto na vivenda...estas cuestións tamén son serias, e hai que debatelas.

Para rematar esta entrevista, e volvendo ao tema inicial, queríamos preguntarche se consideras que a actual cultura da imaxe pode axudar a seguir perpetuando unha visión estereotipada da nosa tradición.

A imaxe está aí para facer algo con ela. Hai posibilidades no cinema de explicar esta imaxe e o que pensamos dela. É un recurso, hai que xogar con el. Hai moitas posibilidades na vida creativa galega. É un recurso para facer pensar, nos medios de comunicación, no vídeo, na fotografía e nas distintas narrativas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
La Poderío Celia de Molina: “Todo lo que se considera universal no tiene nada que ver con nosotras”
Celia de Molina, nacida en Linares y con el corazón en Málaga, es guionista y directora con mucho poderío. Su cine busca transformar el mundo, como demuestra su corto 'Cuarentena', nominado a los Goya. En su último proyecto, 'No soy universal', desafía el concepto de “universal” desde una visión feminista y personal.
Feminismos
Feminismo “Gatazka eta abusua ez dira gauza bera”, feminismoko eztabaidei heltzeko
Laura Macayaren liburua ekarri du euskarara Katakrakek. Amaia Astobizak itzuli du, feminismoaren baitako eztabaidak ireki eta beste begirada batzuetatik ekiteko helburuarekin.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.
Barcelona
Barcelona Activistas de los derechos humanos piden la retención de un barco dispuesto para armar a Israel
La naviera Maersk está transportando estos días componentes para los cazas F-35. El Estatuto de Roma sobre genocidio contempla acciones legales contra las empresas que favorecen las masacres.
Partidos políticos
CIS de abril La ultraderecha recorta votos al PP arrastrada por el efecto Trump
El barómetro de abril vuelve a situar al PSOE como fuerza más votada. La izquierda española sigue su contienda por todo lo bajo.

Últimas

El Salto n.78
El Salto 78 Nueva revista, viejas injusticias: hablemos de Violencia Institucional
En el último número de la revista de El Salto dedicamos la portada y nuestro “Panorama” a una de las violencias que sufren las mujeres solo por el hecho de serlo, la que aún a día de hoy emana de un sistema irracional y patriarcal.
Ayuntamiento de Madrid
Huelga de basuras Huelga indefinida de basuras en Madrid desde el 21 de abril tras romperse las negociaciones
Los representantes sindicales fuerzan el paro para obligar a las empresas subcontratadas por el Ayuntamiento a escuchar sus propuestas. El Ayuntamiento fija servicios mínimos del 50 %.
Más noticias
València
València CGT denuncia graves incumplimientos del plan de inundaciones en la dana de València
Un informe incorporado a la causa judicial señala la falta de seguimiento de los propios protocolos autonómicos en el día de la tragedia y la víspera.
Palestina
Palestina La UE apoya a Palestina con 1.600 millones de euros más pero sin entrar en la situación de Gaza
Los ministros de Exteriores europeos, que se han reunido en la mañana del 14 de abril con la Autoridad Nacional Palestina en Luxemburgo, no aumentan las sanciones contra Israel.
Fronteras
Fronteras El Gobierno de Mauritania alerta de que ya son más de cien cadáveres hallados en sus costas en 2025
Desde 2023 Mauritania es el principal punto de salida de embarcaciones hacia las Islas Canarias. El Gobierno reconoce el hallazgo de cuerpos. Mali reclama un trato humanitario a las personas que permanecen varadas en el país vecino.
Andalucía
Memoria histórica La inanición de la memoria andaluza
Las políticas públicas de memoria en Andalucía se encuentran en un estado de paralización que pone en duda la voluntad de la Junta por la reparación efectiva.

Recomendadas

Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.
Galicia
Galicia La TVG se gasta 839.772 euros en un programa de Miguel Lago y lo saca de parrilla tras hundirse en audiencia
El programa ‘O novo rei da comedia’ apenas llegó a los 36.000 espectadores de media en su estreno y cayó en picado en su hasta ahora última emisión al 3,4% de cuota de pantalla en una cadena que tuvo de cuota media en marzo un 8,1%.
Globalización
Crisis del multilateralismo El terremoto Trump sacude las instituciones del orden mundial y la “globalización feliz”
Muchas de las instituciones que marcaron la vida internacional desde la caída del Muro han entrado en crisis. ¿Todas? No, especialmente aquellas que intentan regular los derechos humanos, de los pueblos y de la naturaleza.