ASalta
Fotogalería: 11 mulleres, 11 historias

Mulleres diferentes contan en primeira persoa por que o feminismo é importante todos os días do ano.

Non todas as mulleres viven do mesmo xeito o feminismo nin sofren as mesmas opresións. Algunhas delas contan a súa experiencia e a súa visión deste movemento que segue mudando ano tras ano.

Arabia Díaz Carreiras, xuíza
Unha xustiza feminista sería, por un lado, unha xustiza libre de todos os prexuízos e os estereotipos que xiran en torno á propia cultura patriarcal. Así, o feito de tardar en denunciar nunca sería un motivo para dubidar da credibilidade de alguén, e o maltrato psicolóxico entraría no procedemento penal. Ademais, unha xustiza feminista sería restaurativa: centraríase en que a vítima sexa escoitada e acollida e en que o agresor entenda o que fixo.

8m arabia

Isabel Domínguez Domínguez, dona do ultramarinos Súper S21

Estiven migrada en Suíza desde os 22 ata os 38. Funme para Suíza eu soa, solteira. Traballei aló na hostalería durante 16 anos e aló coñecín ao meu home. Ao volver, en vista de que aquí non tiña moitas oportunidades, púxenme a estudar. Rematei a ESO e despois fixen un ciclo de auxiliar administrativa, pero non me saíu nada. Por iso decidín abrir esta tenda. Atendo aos clientes, pido mercancía controlo as facturas, controlo os pedidos, coloco todo na tenda, controlo os prezos, fago a limpeza pola noite... Ás veces axuda o meu marido, pero polo xeral ocúpome eu de todo.

8m isabel

Vicky Campoamor, escritora de ciencia ficción e activista afrofeminista

Parece que todas as mulleres temos os mesmos eixos de discriminación e opresión e non é así. No meu caso, como muller negra, sufro unha interseccionalidade entre o racismo e o machismo, que crea unha forma propia de opresión. Moitas veces a xente pensa que isto é unha moda que ven de EEUU, pero non é así. Na Unión Europea, o estado español foi o que máis tarde aboliu a escravitude. De feito, eu nacín en Cuba e a miña bisavoa foi a primeira desa rama da familia en nacer libre. É historia recente e é algo que se arrastra dentro de nós. E cando estás a militar nun movemento como o feminismo no que te sentes segura, e ves que hai opresións raciais e discriminacións, moitas veces doe máis que noutros contextos.
8m vicky

Kenia García, migrante e traballadora sexual

Cando as mulleres están en situación administrativa irregular, están expostas a todo tipo de abusos. A loita do feminismo, que agora mesmo ten tan polarizado este debate en prostitución si, prostitución non, abolir ou regular, ten que deterse un pouco e empezar a pensar nas causas reais detrás. O feminismo ten que falar de vivenda, de fronteiras, da lei de estranxeiría, de prostitución, de precaridade e de fenda salarial. Non nos podemos quedar só en dous eixos da cuarta onda. Temos que deixar de lado as polarizacións e unirnos desde a nosa diferencias e a nosa diversidade. Non podemos seguir no feminismo ilustrado cando temos ás mulleres negras, ciganas, sudacas... todas coa súas propias experiencias.

8m kenia

Charo Lopes, fotógrafa, escritora e activista feminista

O feminismo é como practicar un deporte. Implica un esforzo e esixe constancia —obriga a adestrar o músculo— pero despois ten moitas recompensas. A sororidade para min é tamén un dos conceptos clave e é e case terapéutico: entender que todos os avances e todos os logros das outras tamén repercuten positivamente en min. Isto rompe a dinámica da concorrencia, que está moi fomentada no capitalismo e aínda máis no patriarcado, para centrarse no apoio ás demais, na simbiose.

8m charo

Leticia Andueza, obreira cultural

O patriarcado levoume a unha vida laboral que non era a que eu desexaba, senón que foi máis ben o oco que atopei dentro do meu ámbito. A min, por exemplo, encántame crear música e traballar na televisión —o primeiro traballo que eu tiven foi de reporteira de cara á cámara—pero, como iso me levou a intentos de violación e a que me viran só como un obxecto e non como unha persoa, pois din un paso cara a atrás e rematei facendo labores administrativas. Pero o que eu quixen sempre foi crear.

8m leticia

Ruth León Gabarri, mediadora intercultural

Antes de que a sororidade chegase ao discurso feminista, o pobo xitano xa tiña unha palabra para referirse ao apoio mutuo entre mulleres: “phenjalipen”. Con todo, as xitanas están estigmatizadas e invisibilizadas dos discursos a prol da igualdade, tamén dentro do movemento feminista, que non dá voz ás mulleres racializadas. O antixitanismo séntese a diario, con igual ou maior crueza que o machismo en todos os ámbitos, e atenta contra a dignidade humana desde as propias institucións. O activismo das feministas xitanas dá prioridade necesariamente a loita contra o antixitanismo.

ruth león 8m nova

Karina Mouriño, mestra de educación infantil nunha escola unitaria do rural

Con apenas tres anos de idade, as meniñas e os meniños chegan á escola infantil cos roles de xénero ben marcados na vestimenta e no comportamento. Nesta etapa educativa é moi importante que a cativada se sinta validada e segura para expresar as súas emocións e explorar o mundo sen medo, mais tamén cuns valores sociais de igualdade e respecto que exixen aplicar unha conciencia feminista en toda a práctica educativa.

8m karina

Romina Walser, empregada nunha tenda

A min paréceme que un dos principais compromisos cara ao feminismo, como nai dun varón neste momento, é como criar ao meu fillo para romper co patriarcado do que vimos. Penso que aí teño unha labor moi importante, máis incluso da que pode ter unha nai que ten unha filla —que tamén—. Por iso, o que lle transmito a el no aspecto do feminismo téñoo sempre presente e é algo no que me sinto moi responsable.

8m romina

Daniela Ferrández, investigadora en historia

Érgome todos os días con medo por como está o mundo. Parece que as ensinanzas da era democrática despois da II Guerra Mundial, de antifascismo e de antibelicismo, estanse perdendo. Penso que o que deberíamos facer agora mesmo, principalmente desde o feminismo, é procurar a unidade e estar xuntas na tarefa de construír ese mundo mellor que querían construír as nosas devanceiras. Porque parece que esa visión se está perdendo en debates, en loitas de poder, en divisións e en polarizacións. E eu, a verdade, é que estou farta de divisións.

8M daniela

Érika Otero, traballadora de Autoescola e membro da Secretaría de Mulleres da CUT

O 8M é importante porque nos axuda a facer visible unha problemática, pero a loita ten que ser diaria. O feminismo coido que é unha ferramenta moi importante para as obreiras, pero ten que ser un feminismo de clase, que non esqueza o traballo dos coidados, e que non marxine, sobre todo, ás que xa están nas marxes. Se nos centramos nun feminismo máis burgués, en torno ás máis privilexiadas, non imos conseguir acadar dereitos para todas.

8M erika otero
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.