Autogestión
“O Matadoiro ten a capacidade de ensinarlle á cidadanía de Compostela que somos capaces de autoxestionármonos”

Un centenar de persoas concentrouse o domingo 30 de maio para defender o futuro da casa do Matadoiro, autoxestionada por diversos colectivos e usuarias desde 2017. O Concello de Santiago cambiou a pechadura do centro hai máis dun mes e sen previo aviso, co motivo dunhas obras que aínda non teñen data de inicio.
Concentración Casa do Matadoiro Compostela
Concentración en solidariedade coa Asamblea de Autoxestión do Matadoiro. Amara Gándara
1 jun 2021 08:03

A Asemblea de Autoxestión do Matadoiro está formada por diversos colectivos e persoas usuarias que se encargan da organización do centro e da programación de diversas actividades culturais, sociais e deportivas. O espazo, de titularidade pública, foi cedido pola anterior corporación municipal de Compostela Aberta en 2017. Nos últimos catro anos, a casa albergou máis de 400 eventos, ademais da actividade propia dos corenta colectivos residentes. Malia que a programación foi suspendida o ano pasado por mor da pandemia, e que estaban agardando por unha mellor situación sanitaria para reactivala, continuaban empregando a casa para almacenar o seu material. Todo ata o pasado mes de abril, cando o Concello de Santiago, agora en mans do PSOE, decidiu mudar o fecho para “realizar amaños no edificio” e “por cuestións de seguranza”.

Co obxectivo de organizarse contra a desaparición do espazo, nas últimas semanas esta asemblea abriuse a máis xente que non estaba tan activa pero que era usuaria. “Metinme nesta loita contra o peche da casa cando se fixo a primeira xuntanza despois do cambio de pechadura. Uninme á asemblea nun proceso de resistencia”. Son as palabras de Enya, quen chegou á Casa hai uns tres anos para asistir a aulas de autodefensa e de capoeira. A raíz de participar nestas actividades comezou a empregala como espazo de encontro con outras persoas da cidade con intereses comúns.

A concentración diante da Casa, celebrada o pasado domingo 30 de maio, é a primeira convocatoria presencial organizada pola Asemblea para amosar o apoio popular que ten o espazo. Con todo, levan semanas tentando mobilizar a cidadanía a través das redes sociais.


O conflito

O pasado venres 16 abril, David, da coordinadora de Avante LGTB+ Compostela, intentou acceder á Casa do Matadoiro para coller unhas pancartas que precisaba para unha concentración. Non era quen de abrir a porta coas chaves que empregaba habitualmente. Cando levantou a cabeza, viu o cartel do Concello no que anunciaban que cambiaran a fechadura do centro “con motivo do inicio das obras”. “Non recibimos ningún correo, ningunha chamada, ningún aviso. Cheguei alí e atopei a porta pechada e o cartel na cara”. David informou do acontecido ás compañeiras do Matadoiro e, logo dunha fin de semana de conversas, decidiron solicitar unha xuntanza co goberno local para pedir explicacións.

“Non recibimos ningún aviso. Chegamos alí e atopamos a porta pechada e o cartel na cara”

Ese mércores, tres persoas da Asemblea acudiron a unha reunión en Raxoi con varios representantes do gabinete. Segundo nos contan algunhas das asistentes, amparan a súa decisión do cambio de pechadura en tres razóns: un informe técnico que alerta do mal estado do edificio, un proxecto de reforma do espazo e a imposibilidade de controlar a todo o mundo que ten chaves. Desde a Asemblea retrucan que só teñen copia das chaves os colectivos que organizaban actividades periodicamente antes da pandemia: “Para actividades puntuais abriamos e pechabamos desde a coordinación”. E aseguran que o Concello non lles da acceso á información solicitada sobre o informe técnico da casa. Tampouco lles puideron precisar cando comezarán as obras e o tempo que van durar.

Nese primeiro encontro, segundo a Asemblea, o consistorio deulles o prazo de 1 mes ás organizacións para retirar as cousas que teñen gardadas na casa, e ameazou con tiralas se non se recollían nese tempo. Ademais, solicitoulles unha listaxe dos colectivos que participan da casa. “Decidimos entre todes que non llo iamos facilitar. Nós xa lle mandamos un correo aos colectivos para informalos da situación. Quen queira xa se porá en contacto co Concello para retirar as súas pertenzas e para solicitar outro espazo, mais o resto de colectivos e individualidades do Matadoiro imos funcionar como un bloque. Non lle imos facilitar os contactos nin imos sacar as cousas”.

“Os colectivos e individualidades do Matadoiro imos funcionar como un bloque. Non lle imos facilitar os contactos nin imos sacar as cousas”

O obxectivo ao rematárense os traballos na zona é, segundo lles trasladaron, que o Concello se encargue da xestión como acontece noutros centros cívicos da cidade. Isto implica que os colectivos van poder organizar actividades pero non van permitir que sexa un espazo de almacenamento como ata agora. “Para nós esa opción é inviábel, precisamos dun espazo para desenvolver o noso activismo. A batukada ten alí, por exemplo, 130 tambores”, reclama Sela, activista feminista e unha das integrantes da Asemblea.

Foto batuque feminista no Matadoiro
Batuque Feminista Tamborililás. Foto: Asamblea Autoxestión do Matadoiro

Após da primeira reunión, os contactos do grupo co goberno local continuaron vía correo electrónico. No fío de mensaxes das últimas semanas, Raxoi retractouse e explicou que o destino do material que non sexa retirado polas asociacións será unha estancia municipal mentres duren as obras, non o lixo. Tamén insisten coa entrega do listado de colectivos que forman parte do Matadoiro. Segundo comenta Sela, non volveron insistir na urxencia de marcharen.

As reivindicacións da Asemblea

A Asemblea do Matadoiro esixe que lle deixen seguir usando o espazo ata que empecen as obras: “Os traballos aínda non teñen data de comezo e tampouco nos facilitaron o informe técnico que avalaría que o local non se pode empregar por motivos de seguranza”. Insisten en que a casa funciona como un equipo e, durante o tempo que duren os arranxos, queren instalarse nun edificio semellante. “Igual non hai outro espazo tan grande coma o Matadoiro en Compostela e non podemos organizar o mesmo número de actividades ca antes, mais adaptarémonos. Queremos manter activa a casa e que cada colectivo teña espazo para gardar o seu material”.

“Hai moitos movementos sociais ligados á casa. O concello quítanos o espazo para desactivarnos”

As integrantes da asemblea consideran que o Concello non lles ofrece un traslado conxunto porque queren dividir os colectivos. “Nesta casa había moita movida cultural e moi diversa, desde 0 a 99, desde as maternidades feministas ata as señoras que bailaban o domingo pola tarde. Hai moitos colectivos ligados a temas sociais e se nos quitan o espazo é para desactivarnos. Termos un espazo para poder exercer o noso activismo é básico”, reflexiona Sela. Unha vez rematen as obras, o seu obxectivo é seguir autoxestionando a casa.

A cesión

Compostela Aberta estivo gobernando a cidade de 2015 a 2019. Logo de desenvolver un proxecto experimental de mediación cultural no Matadoiro que durou poucos meses, en 2017 a corporación municipal cedeu a casa a unha Asemblea de Autoxestión composta por diversos colectivos e persoas usuarias que xa empregaban o espazo. “A cesión fíxose mediante un acordo verbal e había un contacto periódico con Jorge Duarte, concelleiro de Espazos Cidadás naquela altura”, recorda Sela. Ela pertence a diversos colectivos vencellados co feminismo e chegou ao Matadoiro un ano despois: “En 2018, cando desfixeron Escarnio, marchamos para Matadoiro e empezamos a colaborar a nivel colectivo e a nivel individual. Eu estou no grupo de xestión das propostas, encárgome de recoller as novas solicitudes de actividades e repartir os espazos”.

Ademais do grupo de propostas, que confecciona o calendario das actividades, todo o que pasa dentro da casa decídese desde a Asemblea de Coordinación, que se reúne cada mes. Esta asemblea tamén se encargaba das comunicacións co consistorio. Ademais, hai outro grupo ‘de mantemento’ que ten como función detectar as necesidades loxísticas e remitir as avarías. “De pagar as facturas da auga, da electricidade, do internet e do mantemento estrutural encargábase o Concello, pero o mobiliario e o equipamento pertence á Asemblea, grazas ás cousas que a xente foi cedendo”.

Espazo interior da Casa do Matadouro
Imaxe dun dos cuartos interiores da Casa do Matadoiro. Foto: Asamblea de Autoxestión do Matadoiro

Relevo no Concello

Nas eleccións municipais de 2019, Compostela Aberta perdeu a alcaldía de Santiago, que recuncou no socialista Xosé Sánchez Bugallo. “Co cambio de goberno, Duarte trasladounos que o PSOE estaba polo labor de manter o espazo e que eles, desde a oposición, ían tentar por todos os medios que así fose”, lembran desde a Asemblea. Ao chegar ao poder, o novo gabinete municipal mantivo unha xuntanza con elas para solicitar acceso ao espazo. “Démoslles unhas chaves e trasladáronnos, xa daquela, que o tema da autoxestión non os convencía demasiado pero que non nos preocupásemos, que a Casa ía seguir aberta e que poderiamos seguir empregándoa”.

Logo desta reunión, o grupo de mantemento fixo unha revisión do local e mandoulle un mail coa listaxe de cousas que habería que amañar. “Nunca soubemos nada. Só viñeron arranxar os calefactores e a caldeira para que o Mercado da Estrela tivera calefacción en 2019.” Un ano despois, en marzo de 2020, coa chegada da pandemia, a Asemblea do Matadoiro e o Concello acordaron suspender as actividades. Desde entón non volveron contactar ata o conflito actual polo cambio de pechadura.

“Ten o mesmo valor un contrato escrito que un contrato verbal: trátase dun contrato de cesión sen data de finalización”

María, activista de Stop Desafiuzamentos e usuaria da casa, asegura que a expulsión dos colectivos do Matadoiro non ten amparo legal. “Ten o mesmo valor un contrato escrito que un contrato verbal e neste caso trátase dun contrato de cesión de uso que non ten data de finalización”. Polo tanto, defende que o dono do local ten as mesmas condicións para reclamar o espazo que se se tratase dun local polo que se pagase alugueiro. “Hai uns prazos para informar. Trátase dun local de titularidade pública. Están obrigados a iso”.


O poderío do Matadoiro

En 1984 o Concello ordena a demolición do antigo matadoiro municipal e constrúese no seu lugar o edificio que hoxe coñecemos como Casa do Matadoiro, un espazo de 1.600 metros cadrados situado na entrada do casco histórico de Compostela, á beira da porta do Camiño. Para María, a localización e o tamaño do local son algunhas das razóns que explican a relevancia da casa para a cidadanía, mais non as únicas: “O poderío do edificio reside na capacidade que se acadou de xestionar un espazo cun montón de colectivos súper diversos e sen problemas de fondo”. Sela reivindica que non houbo, nos últimos catro anos, ningún espazo da cidade nin centro sociocultural que organizase tantas actividades gratuítas como o Matadoiro e coincide coa reflexión da súa compañeira: “As grandes capacidades do Matadoiro son ensinarlle á cidadanía de Compostela que somos capaces de autoxestionármonos e de demostrarlle ao capital que non o precisamos para ter actividade cultural e asociativa”. A experiencia de Enya como usuaria da casa permitiulle achegarse máis aos movementos sociais: “o meu activismo no feminismo de rúa e autónomo comezou grazas a Matadoiro. Esta casa é un exemplo de que hai outras formas de ser e de estar no mundo”. Para David, este local comezou coma unha plataforma “para achegar o traballo de Avante LGTB+ a outres compañeires”, e agora xa se refire as súas integrantes como “unha familia”.

A Asemblea está establecendo contactos cos partidos políticos da oposición e con grupos de espazos municipais autoxestionados doutras cidades do Estado. Polo momento, fican pendentes da resposta do Concello aos últimos correos electrónicos e das reaccións á concentración, e non descartan continuar e intensificar as mobilizacións nas vindeiras semanas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
LGTBIAQ+
Asexualidad Cinco vivencias asexuales para entender la orientación más invisible de la sociedad
Un grupo de personas asexuales hemos decidido redactar este escrito, donde contamos nuestras vivencias, nuestros anhelos o nuestros sentimientos, en el Día de la Visibilidad Asexual.
Extremadura
25-m, Día de Extremadura El 25 de marzo como ‘Día de Extremadura’ se celebrará este año en Los Santos de Maimona
La jornada se celebrará el próximo sábado 22 de marzo en el espacio de ‘La Fábrika detodalavida’, comenzando a las 10 de la mañana con charlas y debates y continuando por la tarde con conciertos.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Reducción de jornada
Laboral El ‘obstáculo’ catalán a la jornada de 37,5 horas semanales
Frente al ‘no’ de Junts, los sindicatos desmontan los argumentos de la oposición y la patronal a lo que consideran “un avance” en los derechos de los y las trabajadoras.
Yemen
Yemen Los hutíes de Yemen, única milicia en Oriente Medio que sigue bombardeando Israel “en solidaridad” con Gaza
El grupo armado ha lanzado decenas de misiles contra territorio israelí desde que el Gobierno de Netanyahu retomó el bloqueo total de ayuda humanitaria en el enclave a inicios de marzo.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Palestina
Ocupación israelí Miles de personas se manifiestan en Madrid contra el genocidio en Palestina
La organización cifra en 50.000 las personas asistentes a la convocatoria unitaria de todas las organizaciones que forman la Rescop, a la que se han sumado cientos de colectivos ciudadanos con una voz común: Muévete por Palestina.
La vida y ya
La vida y ya Algo más que leer
“Cuéntale hasta cuándo estuviste trabajando”, le dicen a otra. “Yo trabajé hasta los setenta y pico”, comenta sin orgullo pero sin resignación.

Últimas

Opinión
Opinión Cinco ideas decrecentistas frente al apagón
El autor de ‘La espiral de la energía’ (Libros en Acción, 2014) reflexiona sobre las lecciones que se pueden extraer del corte de suministro eléctrico del pasado 28 de abril.
Más noticias
Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.
Historia
Historia El largo viaje de Pepe Díaz
Se cumplen 130 años del nacimiento en Sevilla de una figura carismática y trágica del movimiento obrero español.